Skip to Content


 

Secretaría, horarios, calendarios

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

PROCESO DE RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

A Dirección do Centro comunica que o vindeiro MÉRCORES 28 de novembro procederase a apertura do proceso de votación para a renovación dos membros do Consello Escolar no Sector de Pais/Nais/Titores-as.

A urna atoparase instalada na Secretaría do Centro en horario de 09:00 a 14:00 horas.

FONDO DE LIBROS E AXUDAS MATERIAL

AVISO

Xoves 26 de xullo último día de recollida de cheques de Axudas Material de Educación Primaria.

A partires do Martes 4 de setembro poderanse recoller os de Educación Primaria xa xenerados.

A partires do Mércores 12 de setembro os de Educación Secundaria, unha vez finalizada a Avaliación Extraordinaria

Fondo Libros

Con data 20 de xullo atópanse no taboleiro de anuncios do Centro as Listaxes Definitivas de Adxudicación de Fondo de Libros  do alumnado de Educación Primaria para o vindeiro curso 2018/2019.

Lembrámoslle a conveniencia de revisar ditas listaxes polas posibles variacións na cantidade de libros asignados.

Fondo Solidario e Axudas Material

        Lembrámoslle que, en relación co Fondo Solidario de Libros de Texto, o Prazo de Reclamación das Listaxes Provisionais de Adxudicación de Libros de Educación Primaria e Educación Secundaria, unha vez publicadas hoxe día 11 de xullo no taboleiro de anuncios do Centro, será os días 12 e 13 de Xullo.

Fondo de Libros de Texto - Axudas Material

Dende o vindeiro Luns 9 de xullo, atópanse na Secretaría do Centro os Cheques de Axuda para Adquisición de Material do alumnado de Educación Primaria e do alumnado de Educación Secundaria que superaron a Avaliación Ordinaria de xuño 2017/2018.

As Listaxes e Adxudicación de Fondo de Libros de Texto atoparanse expostas no Taboleiro de Anuncios do Centro.

Fondo Solidario-Axudas Texto e Material Escolar

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E

AXUDAS ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

ALUMNADO PRIMARIA E ESO

1-     Solicitudes:

Recoller impreso na Secretaría do Centro ou descargalo no seguinte enlace:

Convocatoria

Anexos Solicitude

 

2-     Prazos:

            . Presentación solicitudes no Centro……………….Do 22/05/2018 ata 22/06/2018.

            . Devolución dos libros do curso 2017/2018……….Atao 20/06/2018.

            . Entrega de Cheques:……………………………….Do 21 ao 30 de xullo de 2018

3-     Documentación:

            . Anexo I - Anexo II

            . Fotocopia Libro de Familia.

            .Outra documentación, se fose o caso: Discapacidade, Separación, Violencia de Xénero, Garda Legal….

4-     Datos económicos:              Exercicio Fiscal 2016

 

IMPORTANTE: OS ANEXOS I - ANEXO II DEBERÁN SER CUBERTOS EN TODOS OS SEUS APARTADOS, SEN FALLOS NIN ENMENDAS, CON TODOS OS DATOS PERFECTAMENTE LEXIBLES E SEN ESQUECER NINGÚN, SOBRE TODO DNI`S COMPLETOS CON LETRA INCLUÍDA XA QUE ESTES ERROS PODEN   OCASIONAR LA PARALIZACIÓN DA AXUDA.

COLABORACIÓNS NO COMEDOR

Ábrese un novo prazo para solicitar ser admitido/a como colaborador/a de comedor.

As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude que se atopa na secretaría do Centro.

A función dos pais/nais que colaboran é a de atender o comedor, asegurarse de que o alumnado come e velar polo bo comportamento do alumnado durante o tempo de comedor e o lecer posterior.

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA

Está aberto o prazo de reserva de praza para o CPI José García, en Infantil, Primaria e Secundaria

Para facer a Matrícula descarga os seguintes formularios e entrégalos ben cubertos e asinados na secretaría do Centro.

Lembra que si estás na zona de influencia das nosas rutas de transporte tes dereito a TRANSPORTE E COMEDOR.

(No caso de non ter dereito a transporte, por estar fóra da zona de influencia,  o comedor custa 3,05€ diarios)

Documentación

FORMULARIOS MATRÍCULA              RUTAS TRANSPORTE           FORMULARIO ANPA

Distribuir contido


by Dr. Radut