Skip to Content


 

Primaria

PRESENTACIÓN PROXECTO "ME GUSTA MI RÍO"

O pasado xoves 1 de febreiro, un equipo de Babadiva Ambiental baixo o lema "En busca de la Sostenibilidad" presentaron ao alumnado de 5º e 6º de Primaria o Proxecto no que van a traballar este curso "Me gusta mi río",

Este é un proxecto de Educación ambiental impulsado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, para ensinar aos mozos a valora e cuidar os nosos ríos.

Este proxecto constará de obradoiros no centro e as súas respectivas prácticas no río, co seguinte cronograma:

Me gusta mi río de Entre estrellas que iluminan

MEDALLA DE BRONCE PARA VALERIA LÓPEZ FERNÁNDEZ EN TAEKWONDO

Medalla bronce-Valeria de Entre estrellas que iluminan

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º DE e. PRIMARIA

O mércores 29 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria realizou un obradoiro de Primeiros Auxilios a cargo dun grupo de enfermeiras do Centro de Saúde Valle-Inclán, dentro do Proxecto da Consellería de Sanidade "Pupas, sustos e outros disgustos", e co obxectivo de empoderar ao nenos e nenas no autocoidado e capacitalos para que saiban como actuar ante unha emerxencia e situacións do día a día: feridas, febre... Ademais de conciencialos da importancia do bo uso dos servizos sanitarios.

A continuación un resumo:

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS 3º E 4º E. PRIMARIA de Entre estrellas que iluminan

CHARLA E CONCIENCIACIÓN SOBRE A DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado luns, 19 de novembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de 

E. Primaria recibiron a visita, nas respectivas aulas, do autor do libro "A nena do vestido de flores", Manuel Fontemoura, que a través das súas vivencias e xogos, tentou achegar e concienciar, un pouco máis, ao alumnado á Diversidade Funcional de cada persoa.

 

PROGRAMA VIXÍA: CHARLA SOBRE HABILIDADES SOCIAIS

Dentro do Programa Vixía, coma cada curso, Félix Estévez, da Concellería de Saúde do Concello de Ourense, o pasado xoves día 23 de novembro, estivo co alumnado de 6º de E. Primaria impartindo unha charla sobre Habilidades Sociais.

 

CONVOCATORIA REUNIÓN FAMILIAS

HOY ENTREVISTAMOS A...

Un membro do alumnado de 4º de E. Primaria, co seu profe de Audición e Linguaxe, realizou entrevistas a diferentes membros da comunidade educativa coa fin de facilitar a socialización e traballo de  comprensión, expresión e recollida de información. PARABÉNS!!


SAÍDA AO AUDITORIO-OBRA DE TEATRO EN INGLÉS "WHAT MONSTER"

O pasado mércores, día 8 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, acompañados polas titoras, especialista de L. Inglesa e a nosa auxiliar de conversa Vee Escobar, acudiron a pé dende o centro ata o Auditorio para ver a obra de teatro en inglés "What Monster" ofertada por Afundación Obra Social, dentro da súa programación de Artes Escénicas para escolares.

A nosa auxiliar Vee Escobar realizou este resumo da obra e unha montaxe en vídeo:

What Monster Summary

"What Monster" is an interactive theater play about the "You Can Do It" Summer Camp - a camp that encourages kids in believing in one's abilities, and finding a better version of themselves. The play focuses on the camp instructors, Roy and Ace, and the campers named Charly, Bruce, and the 3rd kid.

In the beginning, the campers faced a dilemma of their own from Charly's inability to speak, Bruce's physical strength yet cowardice, and 3rd kid's desire for people's attention and approval. The characters also faced

different kinds of obstacles in the summer camp including the presence of the Cherokee-cursed monster, the arrival of the merciless camp mascot Marshmallow, and even Ace's ambitious evil plans of dominating the camp.

As the story unfolds, everyone learned more about themselves as the campers overcame their individual difficulties while the two camp instructors learned about true leadership. Thus, achieveing the  "You Can Do It" Summer Camp's goals.

I can do it!

You can do it!

 

We can do it!

What Monster? de Vee Escobar

GAÑADORA DO CONCURSO "JÓVENES Y MAYORES"

Un grupo do alumnado de 6º de E. Primaria, xunto coa súa titora, Mª Isabel Novoa Pérez, participaron no V Edición concurso "Jóvenes y mayores" a través dun Certame de Debuxo e Redacción  convocado pola Fundación Dorzán e o xornal La Región, na categoría de 2º ciclo E. Primaria e E. Especial.

Sendo publicados a fin de semana pasada a lista de premiados, e hoxe no Xornal Escolar sairon publicadas as redaccións e debuxos premiados.

Resultando premiada a nosa alumna: ARANCHA GONZÁLEZ PACÍN, coa súa redacción realizada a través do comunicador GRID 3 a que lle engadiu as fotos dos seus avós, coa colaboración das mestras especialistas Sonia Gómez Lorenzo e Salomé Santos Santos. 

O sábado, 17 de decembro ás 12:00 horas recolleu o seu premio, no Centro Cultural Marcos Valcarcel, xunto co seu irmán, Daniel González Pacín.

 

 

  

 

 

 Toda a Comunidade Educativa do centro está moi leda por un premio máis nestes días.

PARABÉNS, ARANCHA!!

Polo teu traballo e esforzo

Grazas a todos por colaborar en mellorar e avanzar día a día

SAÍDA ESCOLAR DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E. PRIMARIA

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria participou nunha actividade ofertada polo Concello de Ourense, sobre Prevención de incendios, dentro dos seus Programas Educativos e levada a cabo na Praza Maior da cidade .

A continuación coma sempre un resumo desta actividade:

ACTIVIDADE DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE OURENSE DENTRO DO APARTADO EDUCACIÓN VIARIA, PREVENCIÓN E SEGURIDADE de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut