Skip to Content


 

Primaria

GRADUACIÓNS INFANTIL E PRIMARIA 2022

 

LEMBRANZAS E HOMENAXE PARA A PROMOCIÓN 2013-2022 DO NOSO ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA

A continuación dúas montaxes cun resumo de lembranzas para os seus profes e outra en homenaxe ao grupo de 6º de E. Primaria, que este ano remata outra etapa dentro do ensino obrigatorio deste centro.

Foi moi emocionante e satisfactorio estar ao seu carón, formando parte da súa andaina e axudando a guiar os seus pasos para que acaden ser grandes persoas. 

Agora toca disfrutar da celebración da súa graduación e tamén dunhas moi merecidas vacacións para en setembro iniciar con moitas forzas e ilusión unha nova etapa.

PARABÉNS, RAPAZADA!!

LEMBRANZAS PARA A PROMOCIÓN 2013-2022 de Entre estrellas que iluminan

HOMENAXE PROMOCIÓN 2013-2022 de Entre estrellas que iluminan

ADDENDAS ÁS PROGRAMACIÓNS DE ED. PRIMARIA 2021-22

Publícanse as addendas ás programacións de tódolos cursos e materias de Educación Primaria para adecuarse á orde do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa de avaliación. Premendo no adxunto poden acceder ao documento.

CONCIENCIACIÓN POLO AUTISMO E A DIVERSIDADE

Hoxe día 2 de abril, celébrase a concienciación polo Autismo, e dende o Centro, en concreto na materia de Arts, quíxose facer unha pequena aportación.

Premendo na imaxe pódese acceder a máis información.

ACTIVIDADES CONCILIA SEMANA SANTA

O Concello abre mañá a oferta actividades do “Concilia Semana Santa”, dirixido a alumnado de Educación Infantil e Primaria. 30 de marzo de 2022 - 12:16

Concellería de Educación abre mañá a oferta de actividades de conciliación para os días non lectivos da Semana Santa. Trátase de actividades orientadas cara á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente.

Na Aula da Natureza ofértanse 20 prazas para os días 11, 12, 13 e 18, de 9:00 a 13.30 horas, e na Sala Valente serán 15 prazas para os días 11, 12 e 13 de 8.30 a 14:00 horas.

Inscrición

Será exclusivamente a través da páxina web www.educacionourense.es, entre o 31 de marzo ás 9:00 horas ao 5 de abril ás 13:00 horas. O/a pai/ nai/ titora será a persoas solicitante e poderá inscribir a ta un máximo de tres fillos ou fillas.

A listaxe de admisión estará dispoñible a partir do día 6 de abril na mesma páxina web da Concellería de Educación, e desde ise mesmo día, ata o 8 de abril poderase formalizar a matrícula.

Os prezos son de 10 euros e (5 euros cada irmán/ irmá).

Información completa na páxina web da Concellería de Educación

TITORÍA FAMILIAS E TITORAS

ENTROIDO MENDE EN IMAXES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     PREMER ENRIBA

CARREIRA DA PAZ 2021 FOTOS

VIDEO A PAZ EN MENDE 2021

  
PREMER ENRIBA

BLOGUES DE PRIMARIA

 

BLOG DE 1º DE PRIMARIA

 

BLOG DE 2º DE PRIMARIA

 

BLOG DE 3º DE PRIMARIA

 

BLOG DE 4º DE PRIMARIA

 

BLOG DE 5º DE PRIMARIA

 

BLOG DE 6º DE PRIMARIA

 

BLOG DE E. PRIMARIA BILINGÜE  

"Entre estrelas que iluminan"

BLOG DO HORTO DE MENDE

 

(premer enriba de cada blogue)

Distribuir contido


by Dr. Radut