Skip to Content


 

Ciencias Naturais

Semana da árbore con 1º de ESO (22 a 26 de marzo 2021)

No blogue do departamento (bioxeomende.blogspot.com) tedes o resumo e as fotos das actividades que realizamos ao longo da semana do 22 ao 26 de marzo: identificación das árbores e arbustos do cole, excursión a San Tomé e charla sobre a muller na ciencia e o cambio climático a cargo de Susana Bayo (investigadora en Físicas).

DETECCIÓN DE AMIDÓN NOS ALIMENTOS 3º ESO

Detección de amidón nos alimentos

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO deseñaron o seu propio experimento para comprobar a presenza de amidón en distintos alimentos seguindo o método científico, e prestando especial atención aos embutidos e outros procesados que teoricamente non deberían contelo. Levárono a cabo no laboratorio do centro, sacaron as súas propias conclusións e redactaron o informe correspondente.

 

CÉLULAS 1º ESO

Células 1º ESO

Os nenos e nenas de 1º de ESO realizaron estas vistosas maquetas dos distintos tipos de células que estudiaron na materia de Bioloxía. Non faltaron as bacterias (células procariotas) nin as células das algas e plantas (eucariotas vexetais), así como as de protozoos e animais (eucariotas animais). Demostraron ser moi mañosos e aplicados e con elas fixemos esta pequena exposición.

PROTOZOOS E INVERTEBRADOS DE CHARCA NO MICROSCOPIO 1º ESO

 

@s alumn@s de 1º de ESO observaron ao microscopio mostras de auga de charca que eles mesmos trouxeron, con algas, protozoos e invertebrados

 

DISECCIÓNS EN BIOLOXÍA

 
 
 
Nesta práctica @s alumn@s de 3º de ESO diseccionaron un corazón e un ril de porco.
 
 
 
 

XEOLOXÍA NO LABORATORIO

XEOLOXÍA NO LABORATORIO

 

 

En Xeoloxía de 1º de ESO identificamos minerais e rochas con axuda de claves dicotómicas.

 

PREPARACIÓNS MICROSCÓPICAS

 

En Bioloxía de 3º de ESO realizaron e observaron ao microscopio preparacións de epitelio de cebola e de mucosa bucal.

 

 

PRÁCTICAS DE BIOLOXÍA

 

 

Suso Carballo, profesor de Psicoloxía na UNED, impartiu un interesante taller de neurociencia para 3º e 4º de ESO.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut