Skip to Content


 

Ciencias Naturais

VISITA A SOTAVENTO GALICIA S.A. (LUGO)

 

SOTAVENTO GALICIA 

(premer enriba ou ver adxuntos)

LUGO

   Os departamentos de Tecnoloxía, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía organizamos  unha saída ao Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade, cos alumn@s de 3º e 4º de ESO.


   Alí aprendemos moito sobre aforro enerxético e enerxías renovables, e ata entramos nun aeroxerador (non muíño, que non moe nada!).


   Á volta paramos en Lugo e percorremos a súa muralla romana e visitamos o casco histórico.  Como podedes ver o tempo acompañou e pasamos un día moi entretido e proveitoso.

 

VISITA CULTURAL A CORUÑA

O 18 de xaneiro , o alumnado de terceiro e cuarto da ESO do CPI José García García fixo unha saída cultural á Coruña organizada polos departamentamentos de bioloxía e fisica e química. No programa estaban as visitas ao Domus, onde percorrimos as diferentes salas e o alumnado disfrutou das actividades interactivas que propoñen. Despois do xantar, dirixímonos ao Acuario onde seguimos con interés unha charla sobre a acuicultura sostible e recorrimos as distintas instalacións.

      

ACTIVIDADES NO LABORATORIO

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía ten programadas múltiples actividades de experimentación no laboratorio. Aquí tedes unha mostra.

         

Visita a Pena Corneira e Ridimoas

Os alumnos de 3º ESO asistiron a unha clase de arte e bioloxía en Ridimoas e Pena Corneira

Visita a depuradora de Ourense

Os alumn@s de 1º Eso fixeron unha visita a depuradora de Ourense e coñeceron o seu funcionamento.

ENERXÍAS RENOVABLES

O alumnado de 2º ESO asistiu a actividade de enerxías renovables na alameda. Ademais de aprender moito pasarono moi ben

O alumnado de 2º ESO na aula da Natureza de Oira

A Ornitoloxía (o estudo das aves) é un claro exemplo da riqueza que temos que preservar en Galicia. O alumnado de 2º ESO aprendeu esto e outros moitos valores na actividade realizada na aula da Natureza de Oira.

 

Para ir a galería de imaxes preme na imaxe

 

 

Descubrindo as Plantas Carnívoras

 

A titoría de Primeiro B coa súa títora e o seu profe de CC.NN. E os alumnos da Aula Específica coa súa profe-PT e a súa profe-AL fixemos un soleado luns de maña unha visita ao Xardín/Parque Botánico de Montealegre.

 

Fomos recibidos por un responsable que nos introduciu no pouco coñecido mundo desas plantiñas carnivoras que non teñen para nada o tamaño das pelis de terror pero que desenrolan unha estratexias-trampa para poder alimentarse.

 

Aprendemos que viven nun habitat humido e como teñen deficiencias de nutrientes minerais, sobre todo de nitróxeno, precisan dunha achega extra que non poden absorber do solo.Precisan, pois, alimentarse de pequenos insectos.Modifican as súas follas formando trampas, como cuncas donde quedan atrapados porque as plantas xeneran unha especie de ambrosia que lles atrae.Como estan cubertas de pelos adhesivos os bichiños quedan pegados e atrapados.Invariablemente despois segregan encimas dixestivos para diverir as substancias que lles son necesarias. Normalmente absorben as partes brandiñas e rexeitan o resto.

 

Un paseiño polo parque até a Cruz Alta foi o remate dunha visita que nos abriu os ollos a un universo fascinante

Preme na flor para ir a galería de fotos  

 

Coñece a Astronomía

O alumnado de 1º de ESO ven de realizar unha actividade na Aula da Natureza titulada Coñece a Astronomía que se trata precisamente dun acercamento ao estudo dos astros e aos seus instrumentos.

                             Acccede á WEB da Asociación Astonómica de Ourense

Distribuir contido


by Dr. Radut