Skip to Content

SERGIO REY, I PREMIO ESCOLAR INTERNACIONAL DE LIVRO DE CORDEL

O I Premio Escolar Internacional de Livros de Cordel, que organizan os institutos Marco do Camballón, de Vila de Cruces, e Rochael de Medeiros de Recife, de Brasil, ten como gañador a Sergio Rey Dalama, alumno de 1º ESO do noso centro.

Sergio presentou ao concurso un poema sobre o fútbol, Um dragão Campeão. Este certame escolar ten como obxectivo valorar a poesía popular, vincular a tradición do cordel á historia de Brasil e de Galicia e, por outra banda, modernizar o libro de cordel e a oralidade en lingua galego-portuguesa, ademais de fomentar relacións entre escolares de Galicia e de Brasil.

18 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos. Desde o IES de Cacheiras queremos parabenizar a un dos nosos favoritos: o Museo do Pobo Galego. Con el levamos xa dous cursos colaborando no seu programa MICE Petís, o que posibilitou que parte do noso alumnado elaborase dúas curtametraxes etnográficas nas que reflexionaron, interpretaron e comprenderon mellor o mundo e o pobo ao que pertencen.

Esta colaboración ensino-museo procura obxectivos comúns: unha educación de calidade, inclusiva e equitativa que mellora e enriquece a vida da rapazada con novas experiencias e coñecementos. O MPG é un organismo vivo que a través da reflexión sobre a tradición axudounos a pensarnos desde o hoxe, empregando, ademais, ferramentas innovadoras e diferentes.

Xa temos ganas da MICE Petís do curso que vén!

FESTIVAL INTERCENTROS

O pasado luns, día 13, a Aula de teatro participou no Festival Intercentros, representando no Teatro Principal de Santiago a obra Á luz das candeas.

Despois da longa xira e nunha semana con moitos exames, só puido asistir a metade da compañía, que substituiu ao alumnado ausente e conseguiu levar adiante a obra nunha mostra do compañeirismo e apoio mutuo, que caracteriza a este grupo de teatro.

Parabéns!

17 DE MAIO. Día contra a Homofobia,Transfobia e Bifobia

O 17 de maio celébrase o Día contra a Homofobia,Transfobia e Bifobia e por iso o equipo da biblioteca seleccionou unhas recomendacións lectoras moi interesantes que podes atopar nos expositores da biblioteca.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Co motivo do Día das letras galegas, o Equipo da biblioteca recoméndache estas lecturas tanto de Luísa Villalta, a autora homenaxeada este ano, como doutros autores homenaxeados en outros anos.

EXPOSICIÓN INFOGRAFÍAS: COMO AFRONTAR O ESTRÉS

O alumnado de 2ºBAC B e C desenvolveu un proxecto sobre a identificación de situacións de estrés e ansiedade, poñendo o foco especialmente durante as épocas nas que nos enfrontamos a probas e exames.

Froito desa investigación, elaboraron infografías en lingua inglesa nas que recolleron as distintas fases desas situacións, brindando consellos e estratexias para enfrontalas e superalas con éxito; propoñendo sempre como obxectivo fundamental o benestar persoal e o coidado da saúde mental e física.

A idea de presentar esta información en formato infográfico pretende potenciar a sencillez na exposición en lengua inglesa mediante imaxes e textos breves para favorecer a súa comprensión.

AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE_ABAU 2024

  • Calendario de actuacións administrativas para alumnado de 2º de BAC. Maio 2024.
  • Información para a matrícula nas probas de acceso á universidade -ABAU xuño 2024. Convocatoria Ordinaria- e solicitude do título do Bacharelato.

 

  •  Solicitude do título de Bacharelato
  • Matrícula nas probas de acceso á universidade -ABAU xuño 2024-

Lembra entregar o antes posible e antes das 12 h. do luns 20 de maio a documentación de matrícula na secretaría do centro. (Convocatoria Ordinaria)

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2023/2024

Destinados a alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2023/2024 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo de presentación de solicitudes: 29/04/2024 - 28/05/2024

Cadro-Resumo da convocatoria

Solicitude (Anexo I)

Orde do 19 de abril de 2024 (DOG)

Extracto da Orde do 19 de abril de 2023 (DOG)

Procedemento ED311A - Premios extraordinarios BAC


Máis información:

Premios extraordinarios de bacharelato

Premiosedu

XIRA DE TEATRO. VISITA DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN EN BÉLXICA

XIRA DE TEATRO. ORLEANS E VOLTA A CASA

Pasamos a última noite en Orleans, o que nos permitiu paseala pola mañá, antes de comezar o regreso a casa. Xa pensamos na xira do vindeiro ano!

Distribuir contido


by Dr. Radut