Skip to Content

PROBAS DELF

O departamento de francés prepara desde hai máis de 10 anos ao seu alumnado para a obtención do título de francés DELF B1 e B2.

Esta semana o alumnado que así o solicitou presentouse ás primeiras probas para obter a certificación en lingua francesa.

No mes de maio serán as probas orais.

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL

Alumnado do Grao en Educación Social en colaboración con Solidariedade Internacional impartiron este obradoiro en 4º ESO.

MENORES NIN UNHA GOTA

A Fundación Alcohol e Sociedade estivo esta semana impartindo charlas para previr o consumo de alcohol entre menores nas aulas de 4º ESO.

 

ALDÁN CREO VOLVE AO SEU IES PARA FALARNOS DE IA

Aldán Creo, ex alumno do IES de Cacheiras, volveu para impartir a charla Sacándolle partido a ChatGPT: trucos, ideas e consellos ao alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato.

PAULA CARBALLEIRA VOLVE AO IES DE CACHEIRAS

Paula Carballeira e o seu Obradoiro de narración oral volven ao noso centro para fomentar no alumnado máis novo o interese pola transmisión oral de contos e historias.

Todos os grupos de 1º ESO desfrutaron das súas historias de medo e crearon os seus propios contos para asustar a Paula na segunda sesión.

Grazas á ANPA por financiar esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS

"Amadriña a cegas un libro" nesta actividade pódese escoller entre os libros ofertados, coñecendo só unha pequena reseña sobre o seu contido.


 

Exposición de libros curiosos: O profesorado aportou libros que saen do común para realizar esta exposición que podedes ver na biblioteca durante toda a semana.

 

O alumnado de 1º ESO preparou recomendacións lectoras para este día.

RECÉITAME UN LIBRO

Poñemos en marcha, co gallo do día do libro, o noso proxecto de biblioteca curativa "Recéitame un libro".

Escribe a túa receita e recomenda ese libro que che axudou a curar cando estabas...


Podes coller na caixa do mostrador unha tarxeta que ten un cordeliño e unha pinza na que figuran distintos estados de ánimo. Escolle aquela na que figure a emoción que a ti che espertou a lectura dese libro e que ti recomendarías a outros usuarios. A continuación, cobre no espazo en branco, no que hai un círculo, o título, autor e na parte interna da tarxeta o que máis che gustou dese libro. Por último, coloca a pinza na portada.

III FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DO IES DE CACHEIRAS

Este sábado a Aula de Teatro do IES de Cacheiras, xunto con familias e veciños da Asociación cultural A Mámoa, representaron un roteiro poético, musical e teatral na aldea de Luou.

Posteriormente, no Auditorio Constante Liste, puxeron es escena Á luz das candeas xunto co Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro.

Grazas ao Concello de Teo e á Asociación A Mámoa por formar parte deste proxecto.

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS

Para este martes, Día do libro, o equipo da biblioteca e o EDLG teñen preparadas varias propostas que esperamos que vos gusten. Vinde pola biblioteca!

PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE COMUNICAZIÓN ALFA NO MICEscola

Comunicación alfa, unha peza do alumnado de 2º ESO C do IES de Cacheiras, que explora a maneira de comunicarse dos rapaces de entre trece e catorce anos, presentouse este xoves no Museo do Pobo Galego dentro do proxecto MICEscola.

Cinco centros de ensino galegos: o IES Pedra da Aguia (Camariñas), o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), o IES de Oroso (Oroso), o IES de Arzúa (Arzúa) e o IES de Cacheiras (Teo) participaron nesta interesante proposta.

Grazas a ANPA por financiar o transporte ata o museo en colaboración coa Deputación da Coruña.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut