Skip to Content

Animación á lectura

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

O club de lectura de 1º ESO reuniuse esta semana para comentar a novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz.

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE BACHARELATO

O Club de lectura de Bacharelato reuniuse esta semana para decidir o primeiro libro que van ler neste trimestre. Entre as propostas, o libro elixido foi El infinito en un junco.

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA DO MES DE NOVEMBRO

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA PARA O MES DE OUTUBRO

LIBROS PARA O VERÁN

Podedes pasar pola biblioteca para levar lecturas para o verán.

Atendede ás recomendacións que vos fan desde o Club de lectura.

Bo verán!!

RECOMENDACIÓNS DO CLUB DE LECTURA PARA O VERÁN

Aquí tedes as recomendacións lectoras que fai o Club de lectura para o verán.

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 4ºESO

Hoxe tivo a súa última reunión do curso o Club de Lectura de 4º de ESO para falar de El extranjero de Camus, que xerou un debate moi interesante acerca de temas como o sentido da vida, o absurdo, a morte ou a relixión. En xeral, non deixou indiferente a ningún dos membros.
Tamén aproveitamos para despedir a nosa alumna Irati Méndez, voluntaria da Biblioteca, e que marcha do centro ao rematar os seus estudos de 4º de ESO.

 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O Club de lectura de 4º ESO reuniuse para comentar La Malinche. En xeral, o libro gustou moito e deu pé para reflexionar sobre o importante papel desta muller que, coa súa intelixencia e dotes diplomáticos, contribuíu na aventura de conquistar o Imperio mexica xunto a Hernán Cortés.

O seguinte libro proposto polas alumnas, entre tres opcións para a escolla, foi  El extranjero, de Albert Camus.

 

DÍA DO LIBRO 2023. LECTURA DE EL QUIJOTE EN TODAS AS LINGUAS IMPARTIDAS NO CENTRO

Para celebrar o Día do libro, alumnado do centro leu un fragmento de El Quijote en castelán, galego, portugués, inglés, francés, latín, grego e ucraíno!

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA E NOVA PROPOSTA

O mércores 29 de marzo volveuse a reunir o Club de Lectura de 4º de ESO para comentar o final do libro Noite de voraces sombras, que gustou bastante, pero do que algúns membros agardaban distinto final. Tamén nos quedaron moitas ganas de visitar a Illa de San Simón, onde Ramón pasou tanto tempo recluído e a onde vai a súa sobriña xunto con súa nai para descubrir o tesouro que deixou agochado.
A nova proposta das alumnas para o terceiro trimestre é Soy La Malinche.

Distribuir contido


by Dr. Radut