Skip to Content

Animación á lectura

23 de FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o Día de Rosalía no noso centro con música e poemas.

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE HISTORIA

O xoves pola tarde, este Club reuniuse para comentar a película Terra e Liberdade de Ken Loach e as lecturas recomendadas a partir deste visionado.

 

REMATAMOS AS VISITAS Á BIBLIOTECA DO GRILO

Este luns o grupo de 1º ESO D puxo fin a estas andainas que levaron a todo o alumnado de 1º ESO a coñecer as instacións da Biblioteca Municipal do Grilo. Agradecemos a Alberto a acollida que nos deu.

NOVA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 1º- 2º ESO

O club de lectura de 1º e 2º ESO xuntouse para decidir a seguinte lectura. Aquí tedes as súas recomendacións.

 

CLUB DE LECTURA AVANZADO: LA PLAZA DEL DIAMANTE

Os membros deste club reuníronse esta semana para comentar a lectura elixida: La plaza del diamante.

ELIXIMOS A VINDEIRA LECTURA DO CLUB

O club de lectura  de 3º ESO xuntouse para decidir a súa próxima lectura.

Estas son as súas propostas e a lectura elixida.

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GRILO

Hoxe comezamos coas visitas á biblioteca do Grilo do alumnado de 1º ESO.

Nunha andaina organizada conxuntamente polo equipo da Biblioteca e o Departamento de Educación Física, o alumnado de 1º ESO C achegouse á biblioteca municipal para coñecer as súas instalacións.

Moitas grazas a Alberto pola súa acollida.

 

NOVA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 3º ESO

ENTREGA DOS CARNÉS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O alumnado de 1º ESO recibiu os carnés da biblioteca municipal. Esta colaboración entre a Biblioteca Luísa Villalta e a Biblioteca Municipal do Grilo permitiralles acceder a moitos máis fondos, entre eles aos de GaliciaLe.

 

RECOMENDACIÓNS DO CLUB DE LECTURA DE 3º ESO

Estes foron os libros elixidos polas compoñentes do Club de lectura de 3º ESO e as súas recomendacións:

Distribuir contido


by Dr. Radut