Skip to Content

Animación á lectura

LETRAS GALEGAS NO IES DE CACHEIRAS

O alumnado de 4º ESO, coordinado polo Departamento de Galego, realizou unha lectura de poemas de Florencio Delgado Gurriarán na biblioteca do noso centro, para homenaxear ao poeta valdeorrés.

 

NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA

Ademais da proposta "Regálate un libro, regálalle un libro" do Equipo da Biblioteca co gallo do Día do Libro,

nestes días presenta as novas adquisicións que estarán expostas uns días. Pasade pola biblioteca para elixir novas lecturas!

 

 

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS. LECTURA DO QUIJOTE

O Equipo da Biblioteca organizou este venres unha lectura do Quijote en todas as linguas impartidas no noso centro para celebrar o Día do Libro.

REUNIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE DO CLUB DE LECTURA DE 1º- 2º ESO

CLUB DE LECTURA AVANZADO: HISTORIA DE UNA MAESTRA

O Club de lectura de bacharelato e adultos reuniuse o pasado venres para comentar Historia de una maestra.

POESÍA NA BIBLIOTECA

O equipo da biblioteca realizou unha selección de libros de poesía moi interesantes. Achégate a velos!

 

OBRADOIRO DE POESÍA CON YOLANDA CASTAÑO

Grazas á ANPA o alumnado de 3º ESO puido hoxe asistir aos obradoiros de poesía que impartiu Yolanda Castaño.

 

 

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Recital de música e poesía organizado polo Club de lectura co gallo do Día da poesía.


REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

Este xoves, no club de lectura de 1º de ESO, comentáronse os libros lidos ata o momento. Ademais, a raíz da lectura de "A cidade do átomo", viron o documental "Chernóbil, 35 anos despois do desastre nuclear" de Deutsche Welle, o que dou pé a falar doutros temas de actualidade.

 

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL CON PAULA CARBALLEIRA

Grazas a ANPA, o alumnado de 1º ESO puido desfrutar esta semana do noso xa tradicional obradoiro de narración oral con Paula Carballeira.

Distribuir contido


by Dr. Radut