Skip to Content

Ciencias Naturais

III Edición dos Almorzos Saudables

   

   O venres 22 celebrouse a III Edición dos Almorzos Saudables do IES Sofía Casanova. Os alumnos puideron optar por:
    1. Batidos naturais -feitos no momento- de froitas e verduras diversas.
    2. Tostas de distintos tipos do pan do país, con mel, aceite, ou queixos e marmeladas naturais de pemento, tomate e arándano.
    3. Iogur con muesli e froitos secos.

    Coma nas anteriores edicións, esta actividade, que organizan os departamentos de Educación Física e Ciencias Naturais, dentro do programa "Sofía Saudable", non sería posible sen a incansable colaboración, total e absoluta da ANPA. Unha vez máis, grazas á ANPA pola súa entrega e implicación.

Visita ós museos científicos coruñeses

   

   O pasado xoves día 14 de febreiro, o alumnado de 3º ESO foi visitar os Museos Científicos, na Coruña.

    Comezouse a visita no Aquarium Finisterrae, seguido da Domus, onde se aproveitou para comer de "picnic". Por último, visituose a Casa das Ciencias.
   Nestes tres museos, o alumnado puido interaccionar coas distintas exposicións relacionadas coa Bioloxía, a Física,  a Química e  a Antropoloxía.

Visita á SGHN dos alumnos de 1º ESO

         Nesta segunda semana de febreiro, os alumnos de 1º ESO e os seus profesores de Bioloxía están a visitar a Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural, situada na Praza de Canido; esta delegación alberga nas súas dependencias o Museo de Historia Natural e a Biblioteca da Natureza. Nestas visitas guiadas, os alumnos de 1º poden achegarse ás características morfolóxicas dos cetáceos e outros animais mariños.

Charla: Mes da Ciencia

   

    Os alumnos de 1º e 2º de bacharelato asistiron a unha amena charla de Xurxo Mariño, "A música da mente", onde fixeron unha pequena viaxe polo funcionamento do cerebro.
    Nunha primeira parte fixo unha introdución ao sitema nervioso e ao seu sentido evolutivo, para continuar explicando como é a súa actividade eléctrica. Para apreciar mellor a actividade eléctrica das neuronas, converte as descargas eléctricas en sons, de xeito que se pode "escoitar" como funciona o cerebro.
    Xurxo Mariño rematou a charla moi agradecido coa atenta e participativa resposta dos máis de 600 alumnos de ferrolterra que asistiron. Para explorar máis a máquina da mente, Xurxo Mariño escribíu "Neurociencia para Julia".

Visita a Cabo Ortegal

 

    O martes, 16 de outubro, os alumnos de 1º bacharelato, acompañados dos seus profesores de Xeoloxía-Bioloxía , visitaron o Complexo Xeolóxico de Cabo Ortegal, zona litolóxica de referencia referente a nivel científico e divulgativo. 

    Neste percorrido os alumnos foron guiados polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.

Viaxe ós Picos de Europa

         O mércores 20, alumnos de 2º ESO, saíron hacia os Picos de Europa para practicar deportes de multiaventura, dentro do proxecto "Sofía Saudable" que levan adiante deartamentos como EF e CCNN

Itinerario As Lagoas-Praia de Doniños

       O mércores 20, o depto. de CCNN realizou o "Itinerario de As Lagoas á praia de Doniños", cos alumnos de 1º ESO.

Ciencia cidadá

   

    O club de ciencia participou no presente curso no proxecto AQUA de Ibercivis, financiado polo Fecyt.
    Repartíronse 100 kits cos que os rapaces de 3º ESO, como auténticos científicos, mediron nas súas casas o pH e o cloro da auga da billa ao longo de tres meses.
    Os datos obtidos subíronos á web  na que se comparten de xeito público os valores obtidos.
    Cos resultados, os nosos alumnos contribuíron á realización dun informe sobre a calidade da auga en España.

    Esperamos participar de novo o curso próximo!

Distribuir contido


by Dr. Radut