Skip to Content

Ciencias Naturais

Reciclaciencia no Sofía

 

   Os alumnos de ciencias naturais de 2º de ESO construíron cos seus profesores maquetas de diferentes tipos celulares utilizando principalmente materiais reciclados.

   Se vos acercades polo centro, no hall que da acceso ao salón de actos poderedes disfrutar dunha exposición moi interesante con reproducións dun espermatozoide, dun óvulo humano, dunha neurona ou dunha bacteria.

Ver máis.

Visita á Serra da Capelada

 

   O pasado martes, 28 de outubro, os nosos alumnos estudantes de xeoloxía de 1º e 2º de Bacharelato tiveron a oportunidade de visitar un espazo xeolóxico único na Península Ibérica.

   Trátase da Serra da Capelada, situada entre as localidades de Cedeira e Cariño. A singularidade deste espazo, coñecido polos xeólogos como Complexo de Cabo Ortegal, baséase en que nel podemos observar e pisar rochas metamorfizadas do manto terrestre tales como serpentinitas, ecloxitas ou granulitas que cabalgaron sobre o continente durante a formación de Panxea (hai uns 250 millóns de anos). 

   ¡Un lugar para visitar e respectar!

O alumnado de 2º de ESO visitou a praia de Covas

O alumnado de 2º de ESO guiado polos seus profesores de Ciencias Naturais fixo unha saída á praia para realizar o estudo dun ECOSISTEMA MARIÑO "in situ": a zona intermareal. Alí puideron observar diferentes organismos que manteñen en equilibrio estes ecosistemas así como recolectar algúns restos para obsevar no laboratorio.

Ver fotografías.

Visita á Casa das Ciencias

O alumnado de 3º da ESO guiado polos seus profesores de Bioloxía e Química fixo unha viaxe cultural A Coruña onde  visitou a Casa das Ciencias.

Na presente ligazón podes ver fotografías desa visita.

Consumo de froita nas escolas.

Na vindeira semana comenzará a campaña de "Consumo de froita nas escolas" con reparto da mesma a tódolos escolares que a desexen durante o primeiro recreo.

Na ligazón que segue móstrase información detallada do desenrolo do plan.

INFORMACIÓN

Visita ó SAI, servizo de apoio á investigación, universidade de A Coruña.

O alumnado de Bioloxía e Química de segundo de Bacharelato visitou o servizo de apoio á inverstigación da Universidade de A Coruña.

Poideron ver os laboratorios de análise de augas, microscopía electrónica, cromatografía, espectroscopia e análise estrutural.

Ver álbum de fotografías.

Exposición de maquetas celulares 2013-14

 O alumnado de 2º de ESO de Ciencias Naturais expón os seus modelos de células elaborados, principalmente, con materiais reutilizados. Podedes atopar dende un glóbulo branco ou un óvulo ata unha célula vexetal ou unha bacteria neste video.

Visita á Frouxeira

frouxeiraOs grupos de ESO 1ºA e B visitaron a lagoa da Frouxeira en Valdoviño nun dos mellores momentos da tempada, en plena migración de aves cara aos criadeiros do Norte. Un día soleado e boa visibilidade axudaron a pasar unha mañá estupenda, vendo con telescopios e prismáticos o comportamento de moitos centos de aves.

A semana seguinte fixérono os grupos 1ºC e 1ºD. Aínda que o fluxo de aves baixara considerablemente puidemos ver exemplares de case todas elas e algunha especie distinta. O día acompañou e A Frouxeira foi amable cos visitantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut