Skip to Content

Ciencias Naturais

Día da Ciencia na Rúa

         O sábado 5 de maio os rapaces do club de ciencia, asistiron ao Día da Ciencia na Rúa, celebrado no parque de Santa Margarita, en Coruña. Alí, os rapaces explicaron a nenos e maiores, como facer un slime caseiro, as propiedades dos fluidos Newtonianos e non Newtonianos, ou cómo elaborar xabón caseiro reciclando aceite usado. Un holograma a gran tamaño invitaba aos visitantes a elaborar pirámides holográficas que despois podían usar nas súas casas. Explicaron o funcionamento dos “soft circuits” e cómo aloxalos nun Lilly Pad. Tamén levaron unha representación do ecosistema que podemos atopar na charca de San Xurxo nesta época do ano.

Visita á Sociedade Galega de Historia Natural

   

    O departamento de Bioloxía organizou unha visita guiada para os alumnos de 1º da ESO a SGHN .

    Nela poideron disfrutar das mostras de grande interés biolóxico que ten o museo como por exemplo o tiburón duende, o esqueleto dunha balea de 18 m , as barabas da mesma, unha mandíbula de cachalote, tartarugas mariñas e importantes coleccións de cunchas galegas e dos mares do sur entre outros.

Almorzos Saudables


 
 

     Unha alimentación correcta e equilibrada é a elección máis importante que podemos facer para influír positivamente a medio e longo prazo na nosa saúde. A Xornada de “Almorzos Saudables” pretende promover, nun dos grupos máis vulnerables, o hábito de realizar un almorzo equilibrado e suficiente, empregando os menos aditivos prexudiciais posibles. A xornada englóbase no itinerario de “Hábitos de vida Saudable” no que está inmerso o IES Sofía Casanova dentro dos Contratos Programa, en concreto na actuación “Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros”.

              A xornada consta dunha degustación de tipo buffet con 3 estacións:

    1. Batidos de froita natural elaborados no momento e/ou froita natural.

    2. Tostas variadas, combinando pan do día de diferentes clases, queixos, marmeladas e froitos secos.

    3. Iogur combinado con diferentes tipos de cereais sen aditivos.

          A actividade foi organizada polos deptos. de EF, CCNN e ACE, coa colaboración da ANPA   

                                                  Ver fotografías

Visita a museos científicos

 

     O Martes día 30, os alumnos de 3º da ESO tiveron ocasión de visitar os museos científicos da Coruña. Esta visita foi organizada conxuntamente polos departamentos de Ciencias da Natureza e Física e Química.
    Pola mañá, os rapaces acudiron á Casa dos Peixes, onde asistiron a unha breve charla sobre como a recolección do mexilón inflúe nas especies que conviven con él. Despois dun breve picnic, foron visitar a Casa do Home, chea de retos físicos e mentais que os rapaces estiveron intentando superar. Para finalizar, na Casa das Ciencias, visualizaron a proxección "da Terra ó Universo" no planetario. O resto da tarde estiveron experimentando nos distintos módulos da exposición, destinados a espertar a súa curiosidade pola ciencia.
    Foi un día no que tanto os alumnos como os profesores acompañantes: Alba, Jose, Ramón e Rocío, desfrutaron da ciencia fóra das aulas.

Coñecendo o Universo

   

     O venres 24 de Novembro, Paulino Gasalla, da sección de astronomía da SGHN, impartiu unha charla ós alumnos de 4º da ESO titulada "Coñecendo o Universo".

    Nela abordáronse distintos temas; entre eles, as características do sistema solar, os buratos negros, os exoplanetas, as supernovas e o espazo profundo.

Exposición e charla sobre contaminación lumínica

   

    Na entrada do instituto situouse o mes pasado unha exposición itinerante sobre contaminación lumínica.
   O día 30 de outubro, Óscar Blanco, da Agrupación Astronómica Coruñesa, impartiu unha charla sobre a contaminación luminosa e os seus efectos.
   Unha das cuestións que máis sorprendeu aos alumnos de 1º ESO (CCNN) e de 4º (Cultura Científica), foi saber que a falta de luz ou o seu exceso poden alterar o ciclo da vixilia e o sono, e polo tanto influír na saúde humana.

Visita ó complexo xeolóxico de Cabo Ortegal

 

    O martes dezasete de outubro, cincuenta e dous alumnos de 1º de bacharelato acompañados por profesores do departamento de Bioloxía realizaron unha saída ao Complexo xeolóxico de Cabo Ortegal, contorna privilexiada para a observación de rochas ultrabásicas e demais singularidades propias da Capelada.

    Neste percorrido os alumnos foron guiados polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.

Semana da froita 2017

   

    Un ano máis, o IES Sofía Casanova participa no “PROGRAMA DE CONSUMO DE FROITAS E HORTALIZAS NAS ESCOLAS DA UNIÓN EUROPEA” coa axuda financieira da Unión.

    Este ano, na semana do 24 ao 28 de abril, realizouse o reparto grazas aos voluntarios de cada titoría. Como novidade, elaboraráronse atractivos pratos combinados de froitas para amosar outros xeitos de consumo. Esta actividade, como outras que se están a realizar no Sofía, ten como finalidade a promoción de estilos de vida saudable.

    Colaboraron na actividade a ANPA do IES Sofía Casanova, o depto. de Ciencias Naturais, o depto. Educación Física e o equipo de extraescolares e complementarias.

    Galería de imaxes            Máis información en Sofía en Verde

Distribuir contido


by Dr. Radut