Skip to Content

Ciencias Naturais

Alumnos de 1º ESO van á SGHN

   

    Nestes meses, entre marzo e maio (28 marzo, 4 e 18 abril, 28 e 25 de maio) o departamento de Ciencias Natuais está a organizar un ciclo de visitas dos alumnos de 1º ESO ao Museo de Historia Natural da Sociedade Galega de Historia Natural. Ferrol.

    Ver imaxes da visita.

Visita aos museos científicos coruñeses

   

    Os departamentos de Ciencias da Natureza e Física e Química organizaron o día 17 de febreiro unha interesante visita aos museos científicos da Coruña.

    Os alumnos e alumnas de 3º de ESO, acompañados polos seus profesores Eva, Luisa Juana, Paco e Rocío, visitaron a Casa do Home onde realizaron actividades relacionadas coa bioloxía.

    Na Casa das Ciencias participaron nunha sesión do planetario, onde puideron observar o ceo da noite do mesmo día 17, e realizaron actividades relacionadas coa Física.

Aprendendo de Ángel Carracedo

   

    Co gallo do "Mes da ciencia en Galego" nas bibliotecas escolares, Anxo Carracedo, catedrático de medicina legal e coordinador do grupo de medicina xenómica da USC, impartiu unha charla no teatro Jofre que levou por título "CSI Galicia: xenómica forense" o martes 29 de novembro.

     O alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato do noso centro, acompañado polos seus profesores, acudiu á conferencia, xunto con moitos outros alumnos de centros educativos de Ferrolterra.

    Todos quedamos seducidos coas súas explicacións sobre xenética forense e cautivados pola sinxeleza con que amosou como, a partir do noso ADN, se poden obter datos no ámbito da investigación criminal.

Mes dos fungos e cogumelos no Sofía

 

    Durante este mes de novembro, poderás aprender moitos aspectos interesantes acerca dos fungos e cogomelos na exposición que prepararon os alumnos e alumnas de 1º de ESO coa axuda da súa profesora de Ciencias da Natureza.

    Entre cartelas explicativas, cogumelos, follas e fungos has estar moi atento, xa que algunha vez deuse o caso de atopar seres de pequeno tamaño, xa sabes. Se atopas algún, avísa a túa profesora con rapidez. Ou lévao con moito coidado a un recuncho da biblioteca, porque estes adorables pícaros necesitan a calor que desprenden os libros. (É un segredo.)

JOSÉ EDELSTEIN: “100 anos da Teoría da Relatividade”

 

    O luns, 7 de marzo, alumnos de ciencias de 4º de ESO, 1ª e 2º de Bacharelato, acompañados por un amplo número de profesores, asistiron con moito entusiasmo ao Teatro Jofre de Ferrol á charla de José Edelstein ,onde presenciamos unha viaxe pola Física teórica, desde a mazá de Newton aos Buracos Negros.
     Ao finalizar foron moitas as preguntas que lle plantexaron os alumnos, sobre a antimateria, a dilatación do espazo e do tempo… Finalmente J. Edelstein firmou algún dos exemplares do seu último libro de divulgación de Física pura “Antimateria, magia y poesía”.

    A actividade foi organizada por: Biblioteca, Dep. FÍSICA e QUÍMICA, Dep. CCNN en colaboración coa Biblioteca do IES Cabo Ortegal de Cariño.                             Ver fotografías

Visita ós museos científicos coruñeses

 

    Os alumnos de Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química de 3º de ESO, acompañados polos seus profesores, visitaron os museos científicos coruñeses.

    Na Casa do Home visitaron e realizaron actividades especialmente relacionadas coa Bioloxía e  na casa das ciencias participaron nunha sesión do planetario e realizaron actividades relacionadas coa Física.

         Aquí podense ver fotografías da visita.

Semana da froita

 

    O noso centro participa este curso unha vez máis no "Plan de consumo de froita nas escolas" coa axuda financeira da Comunidade Europea que se levará a cabo durante dous períodos ó longo do presente curso escolar.

   Repartirase FROITA GRATIS ao alumnado durante a semana do 18 ó 22 de Xaneiro e a segunda do 25 ao 29 de Abril.

    A froita será ecolóxica e suministrada pola"ECOTENDA 78". Teremos mazá do país, pera, mandarina, plátano, mazá Roial Gala...como vedes, teremos froita de tempada para todos os gustos.

    Agardamos que a saboreedes!                                                              Fotografías

Visita ao complexo xeolóxico do Cabo Ortegal

 

    O luns, 9 de Novembro alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacherelato puideron disfrutar dunha saída ao Complexo Xeolóxico de Cabo Ortegal, acompañados polo guía Francisco Canosa, xeólogo especialista na zona quen nos comentou os procesos que levaron á formación dunhas das rochas máis singulares do planeta, hai uns 350 millóns de anos.

    Nesta fotografía podemos ver ós alumnos escoitando unha interesante explicación sobre a formación da falla de Teixidelo.

Distribuir contido


by Dr. Radut