Skip to Content

Ciencias Naturais

Ruta a pé dende a Cabana ao "Bosque dos nenos"

   

    O pasado 5 de novembro os alumnos de 3º ESO fixeron unha saída organizada polo departamento de CCNN e DEBUXO para recoller fungos e cogomelos e información fotográfica da xeometría na natureza. A ruta a pé partiu da Cabana ata o "Bosque dos Nenos" en Valón onde,coa axuda das ensinanzas das profesoras de ciencias, se recolleron algúns exemplares de cogomelos que logo foron expostos no recibidor do instituto.

    Como xa vai sendo habitual, celébrase no mes de novembro o "mes dos fungos e cogomelos no Sofía Casanova" durante o cal teñen lugar diversas actividades encamiñadas ao coñecemento destas especies nos bosques autóctonos da nosa contorna e á concienciación no coidado e o respecto pola natureza. Este ano o cogomelo protagonista foi o Boletus Edulis, do que atopamos un bo exemplar na saída ao bosque.

Visita á SGHN

   

    Os alumnos de 1º de ESO, acompañados polos seus profesores de ciencia da natureza, acudiron o pasado martes a visitar a Sociedade galega de Historia Natural (SGHN) na casa do coronel, en Canido.

    Alí realizaron unha visita guiada polas interesantísimas instalacións e aprendéronlles a labor de concienciación e de recuperación do medio natural que fai a SGHN.

    Mira as fotos.

Visita á exposición "O Ártico rompe"

   

    O venres 10 de abril os alumnos de 2º de ESO acompañados polos seus profesores de Ciencias da Natureza asistiron na praza de España de Ferrol á exposición itinerante "O Ártico rompe".

    Alí aprendemos a singularidade do ecosistema ártico, explicóusenos o importante papel que xoga no clima global e descubrimos as súas características e a súa biodiversidade.

    Con esta mostra, a Obra Social "a Caixa" desexa contribuír ao programa Ciencia en Sociedade, mediante a divulgación científica sobre un ecosistema concreto en perigo: o Ártico. Da mesma forma, tamén quere promover o pensamento crítico e sensibilizar sobre un problema ambiental importante: os efectos do cambio climático no Ártico e as consecuencias para o resto do planeta.

R+R+R (reduce, reutiliza, recicla)

 

    O martes 24 de febreiro, os alumnos de 1º de ESO participaron nuns obradoiros organizados pola súa profesora de CC NN Esperanza Fonte.

    A actividade, organizada en colaboración con Sogama, serviu para concienciar na importancia da redución, reutilización e reciclaxe dentro das actividades interdepartamentais de reciclaxe que estamos levando a cabo este ano no centro.

 

Visita aos museos científicos coruñeses

   

     Os departamentos de Ciencias da Natureza e Física e Química organizaron o día 27 de xaneiro unha interesante visita aos museos científicos da Coruña.

     Pola mañá, acudiron á Casa das Ciencias e asistiron a unha sesión no planetario onde puideron observar o ceo da noite do mesmo día 27.

     Pola tarde, as visitas foron na Casa do Home e na Casa dos Peces. Na primeira viron unha reportaxe en 3D sobre a fabricación do Boeing 787 e diversas exposicións. Na casa dos peces realizaron un percorrido por todas as instalacións e puideron contemplar a hora da merenda das focas.

     Os profesores acompañantes foron os seus profesores Cristina, José, Lili e Luisa.

As invasións biolóxicas

 

    O luns 15 de decembro, a profesora da Facultade de Farmacia da USC Inmaculada Romero Buján veu ao noso centro a impartir unha charla sobre "Invasións biolóxicas".

   Iniciou a charla definindo o concepto de invasión biolóxica mediante exemplos. Tamén comentou as vías de introducción destes individuos exóticos mediante especies coñecidas, como o visón americano, para concluír comentando como se realiza o proceso de invasión. Concluíu indicando como está a situación en Galicia en relación á flora exótica invasora, cales son as especies máis comúns mediante o uso de exemplos e que problemas ocasionan.

    Foi unha experiencia moi interesante da que aprendemos moito.

Exposición de fungos e cogomelos

   

    Durante estes días, podedes contemplar unha exposición do mundo dos fungos e cogomelos na entrada do instituto.

    A exposición está organizada polos departamentos de ciencias da natureza, educación plástica e visual e polo equipo da biblioteca.

   Como podedes ver nas fotos, na exposición atoparedes variedade de exemplares que foron recopilados polos alumnos e carteis explicativos das variedades que elaboraron os profesores do departamento de ciencias da natureza.

Xornada nas fragas do Eume

    O xoves 19 os alumnos de 4º de ESO fixeron unha andaina polas fragas do eume cos seus profesores Pilar Berrio, María Lanza, Cristina López, Luisa Juana López e Joaquín Rodiles.

   A finalidade desta actividade interdisciplinar entre os departamentos de educación plástica e visual, ciencias da natureza e lingua castelá e literatura foi triple: por unha banda, a recolección de fungos para a exposición que podedes disfrutar na entrada do centro; en segundo lugar pintar a natureza e recoller mostras para o traballo de plástica na aula e, en derradeiro lugar pero non por elo menos importante, tratar de descubrir algún ser fabuloso dos que pobran os libros favoritos de Pilar.

    Foi toda unha experiencia

Distribuir contido


by Dr. Radut