Skip to Content

Recomendámosche

COMEZO DO TORNEO DE XADREZ

Despois da primeira fase eliminatoria na que quedaron cinco finalistas, Isabella, Alexio, Iago, Juan e Ruth xogarán 4 partidas cada un para determinar cal será o gañador.

Todos os recreos na biblioteca.

 

TORNEO DE XADREZ NA BIBLIOTECA

Remataremos o curso cun torneo de xadrez que se celebrará na biblioteca durante os recreos.

Comezamos este luns e estes son os emparellamentos realizados por sorteo. Vémonos mañá no 1º recreo!

 

PAULA CARBALLEIRA VISÍTANOS DE NOVO

Paula Carballeira regresou ao noso centro para impartir o obradoiro de Narración Oral que xa é un clásico nas aulas de 1º ESO.

Grazas á ANPA por facer posible esta actividade.

 

GAÑADOR DO I CONCURSO GASTRONÓMICO DO IES DE CACHEIRAS

Mario Sánchez, de 1º ESO E, foi o gañador do Concurso gastronómico con esta riquísima bica branca. Parabéns!!

I CONCURSO GASTRONÓMICO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Co gallo do Día das Letras Galegas o EDLG e o Equipo da Biblioteca convocan o I Concurso Gastronómico do IES de Cacheiras.

Animádevos a participar! Agardamos polas vosas receitas e queremos probalas!!

DÍA DO LIBRO 2023

Para celebrar o Día do libro o Equipo da Biblioteca organizou "Amadriña a cegas un libro" no que o alumnado pode escoller un dos libros ofertados, coñecendo só unha pequena reseña sobre o seu contido.

DÍA DO LIBRO 2023

Mañá, no segundo recreo, celebraremos o Día do libro coa lectura do Quixote en todas as linguas impartidas no centro.

Será na biblioteca.

Non faltedes!

II SEMANA CULTURAL: RECOMENDACIÓN DO EQUIPO DA BIBLIOTECA

Co gallo da celebración da II Semana Cultural: Paisaxe e cambio Climático, o Equipo da biblioteca e o EDLG anímavos a visitar estas interesantísimas páxinas web.

DÍA DA POESÍA NO IES DE CACHEIRAS

Para celebrar este día, o alumnado de 4º ESO preparou un recital poético musical coordinado polo Equipo da Biblioteca e o departamento de Música.

DÍA DA POESÍA NO IES DE CACHEIRAS

A partir dunha canción elixida por eles, Repartiendo arte de KASE-O, o alumnado participante fixo unha interpretación artística dela.

Podedes ver o resultado no corredor principal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut