Skip to Content

Recomendámosche

CONCURSO "REVIVINDO COUSAS"

O Equipo da Biblioteca e o EDLG convocan este concurso co gallo do Día da ilustración, para homenaxear a Castelao.

Anímate a participar!!

 

25N NO IES DE CACHEIRAS. ESCALEIRA DA VIOLENCIA NA PARELLA

Co gallo do 25N colocamos nas nosas escaleiras a Escaleira da violencia na parella.

Grazas á ONG Movemento pola Paz por facelo posible.

ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE SAMAÍN E CONXUROS

Esta semana fixemos a entrega dos premios de Relato e Microrrelato de Samaín e do concurso de Conxuros.

Parabéns a tod@s!!

25N NO IES DE CACHEIRAS. RECITAL MUSICAL E ENTREGA DE PREMIOS

O día 25 as alumnas María Blanco, Aroa Díaz e Aldara Fernández interpretaron a canción de Rozalén, La puerta violeta, na entrega de premios do noso concurso.

Parabéns a tod@s!!

 

25N NO IES DE CACHEIRAS. DESEÑA A TÚA PORTA VIOLETA

Grazas a todo o alumnado participante no concurso. O noso centro enchéuse de portas violetas cheas de creatividade e reivindicación.

Parabéns!!

 

 

25N NO IES DE CACHEIRAS. CIBERQUEDADA DE FRONTE

O noso centro uniuse o día 23N á Ciberquedada organizada pola Deputación da Coruña dentro da súa campaña De Fronte á violencia de xénero.

O alumnado de 2º ESO uniuse á videoconferencia na que se falou das violencias dixitais.

ENREGUÉIFATE NO IES DE CACHEIRAS

Grazas ao Concello de Teo, o alumnado de 1º ESO do noso centro puido desfrutar de tres obradoiros de regueifas esta semana.

A primeira foi con Xairo e O Rabelo para 1º ESO B e D. A segunda con Lorena e O Rabelo para 1º ESO C e E e, finalmente, Lupe e Cristian impartiron o obradoiro a 1º ESO A e ao alumnado de Oratoria de 3º ESO.

Recordade que agora podedes participar no Certame Enreguéifate 2022-2023 creando un vídeo coa vosa regueifa. Animádevos a participar! Tedes máis información aquí

E AQUÍ ESTÁN OS GAÑADORES E GAÑADORAS DOS CONCURSOS DO 1º TRIMESTRE

Moitos parabéns ás gañadoras e gañadores dos concursos de Conxuros, Relatos e Microrrelatos de Samaín e Deseña a túa porta violeta!!!

Moitas grazas a todos os que participastes. O nivel foi moi alto e a decisión moi difícil!

 

 

DESEÑA A TÚA PORTA VIOLETA

Co gallo do 25N, o Equipo da biblioteca e o EDLG propoñen o concurso Deseña a túa porta violeta.

Poden participar todos os grupos de ESO e bacharelato.

Animádevos, queremos ver moitas portas lilas!!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Chegou o Samaín á nosa biblioteca.

Achegádevos...temos algún lector novo agardando por vós!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut