Skip to Content

Recomendámosche

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O martes, día 21, celebraremos o Día Mundial da poesía cun recital na Biblioteca. Non o perdades!!

 

8 M NO IES DE CACHEIRAS

O Equipo da biblioteca fixo unha selección de títulos moi interesantes para ler a propósito desta data.

Pasade pola biblioteca para velos!

 

8 M NO IES DE CACHEIRAS

Este ano, co gallo do 8M, propuxemos ao alumnado que elixise unha muller para nomear a súa aula para o resto do curso.

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o Día de Rosalía as alumnas Irene Iglesias, Beatriz Lago e Irati Méndez, ofreceron un recital poético musical inspirado nos versos da escritora.

O alumnado da ESO elaborou tarxetas cos versos de Rosalía que se repartiron entre a comunidade educativa.

DÍA DE ROSALÍA NO IES DE CACHEIRAS

11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: ALMUDENA HOSPIDO

Almudena Hospido, profesora do departamento de Enxeñería Química da USC, visitou o noso centro para impartir a charla Acercando la ingeniería química y ambiental a tod@s para o alumnado de 2º de bacharelato.

GAÑADORES DO CONCURSO REVIVINDO COUSAS

O venres, día 10, no primeiro recreo, entregaremos os premios aos gañadores do concurso Revivindo Cousas.

Parabéns!!!

 

FINALIZAMOS AS VISITAS Á BIBLIOTECA DO GRILO

Cos grupos 1º ESO C e 1º ESO E rematamos as andainas ata a biblioteca do Grilo.

Moitas grazas a Alberto pola paciencia e a atención, e ao persoal de protección civil pola súa axuda.

 

SEGUIMOS COAS VISITAS AO GRILO

O alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B visitaron esta pasada semana a Biblioteca municipal do Grilo, nestas xornadas organizadas en conxunto polo departamento de Educación Física e o Equipo da Biblioteca.

Grazas ao persoal de protección civil por estar sempre aí para poder realizar estas andainas.

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Mañá celebraremos o Día da ilustración, que coincide co día de nacemento de Castelao, na nosa biblioteca.

Vinde sacar unha foto nos recreos ao noso recuncho dedicado a Castelao!

Recordade tamén que mañá finaliza o prazo do concurso "Revivindo cousas". Non esquezas entregar a túa ilustracion!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut