Skip to Content

Recomendámosche

SCAPE ROOM PARA O VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

O alumnado de 4º ESO e Bacharelato que colaborou como voluntario na organización e funcionamento da nosa Biblioteca Escolar así como os participantes dos Clubs de Lectura remataron o curso cunha divertida sesión na scape room Expedición Zero.

Moitas grazas por participar nas actividades da Biblioteca!!

 

ENTREGA DE PREMIOS DO I TORNEO DE XOGOS DE ESTRATEXIA

Este venres fixemos entrega dos premios do noso I Torneo de Xogos de Estratexia.

O 1º premio foi para Beatriz Lago, de 3º ESO B e o 2º premio para Rubén Riveiro, de 1º ESO A.

Entre o resto de participantes sorteouse un agasallo que lle correspondeu a Sara Gómez de 2º ESO B

Parabéns a tod@s e grazas por participar!!!

 

 

RECORDADES COMO ERAN AS NOSAS AULAS?

No mes de maio, e aproveitando a data do Día dos Museos, no Equipo da Biblioteca e no EDLG, tiveron a idea de rescatar aqueles materiais educativos que se usaban nas aulas hai anos, e que aínda perviven no noso centro. Nestes tempos de uso masivo de novas tecnoloxías, botamos a vista atrás para recordar as "novas tecnoloxías" de entón.

 

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA...POÉTICA

Este ano o concurso Un abrente de palabras cambia o seu formato. Animádevos a participar cunha fotografía inspirada nos versos de Florencio Delgado.

 

I TORNEO DE XOGOS DE ESTRATEXIA DO IES DE CACHEIRAS

O Equipo da Biblioteca en colaboración co EDLG e o Departamento de  Matemáticas organizan este torneo que se desenvolve nos recreos.

ENTREGA DOS PREMIOS DE RELATOS E MICRORRELATOS DO SAMAÍN

Gañadoras na modalidade de Microrrelatos:

1º premio: Beatriz Martínez

2º premio: Ana Martínez

Gañadoras na modalidade de relatos, categoría A:

1º premio: Ana Martínez

2º premio: Beatriz Martínez

Gañadoras na modalidade de relatos, categoría B:

1º premio: Irene Iglesias

2º premio: Carlota De Miguel

Parabéns a todos os participantes!!

SAMAÍN NO IES DE CACHEIRAS

Animádevos a participar!

Premendo na imaxe podedes acceder ás bases

 

Distribuir contido


by Dr. Radut