Skip to Content

Ed. Plástica e Visual

EXPERIMENTANDO NA CLASE DE PLÁSTICA

Os/as alumnos/as de 1° de ESO, na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, realizan un experimento para comprobar a existencia do punto cego no ollo humano.

E comproban a existencia da persistencia da retina con xoguetes ópticos (taumatropo, praxinoscopio e libro máxico) que son o precedente do cine. Tamén observan os fotogramas do celuloide dunha película de súper 8.

VISTAS DIÉDRICAS

O alumnado de 1° de ESO de EPVA deseña en grupo pezas a partir de cubos para debuxar as vistas diédricas (alzado, planta e perfís).

TRIACONTAEDRO RÓMBICO

Para finalizar o trimestre alumnado de 1º bacharelato de Debuxo Técnico construiu un  Triacontaedro rómbico.

 

EXPOSICIÓN DE POLÍGONOS ESTRELADOS

Estudantes de 3° de ESO desdeñan polígonos estrelados para decorar a porta da aula de Plástica.

O ALUMNADO DE 1º ESO MOSTRA A SÚA CREATIVIDADE NOS CORREDORES DO IES

O alumnado de 1° de ESO de Plástica aprendeu a debuxar espirais de dous centros, rosetas hexapétalas e nós celtas coas que crearon unha orladura colectiva a modo de instalación artística nos corredores do noso centro.

ECOPUNTO

Na entrada do centro instalouse un Ecopunto no que podedes depositar diferentes materiais para a súa reciclaxe.

IMAXINANDO REALIDADES, PREMIO MENTES AMI 2023

Sergio Clavero gañador do premio Mentes AMI da Fundación ATRESMEDIA na categoría Impulso de la creatividad audiovisual responsable, con 'Imaxinando realidades. Creación y compromiso social'.

COMEZANDO CO DEBUXO TÉCNICO

O alumnado de 1° de ESO realiza as súas primeiras prácticas cos patróns e o compás na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual.

IMAXINANDO REALIDADES, finalista nos premios AMI da fundación Atresmedia.

ÚLTIMOS TRABALLOS DO CURSO NO HORTO

As últimas tarefas deste curso que realizou o alumnado de Proxecto Competencial de 1⁰ e 3⁰ de ESO foron facer a tapa da composteira e o compost, tapar os bancais con palla e regar os cultivos que xa se ven moi crecidos.

No horto e no xardín xa se poden ver as cabazas, fresas, chícharos, xirasois, menta, hortensias, rosas, dalias e porro do cal os alumnos xa levaron un pouco para cociñar na casa.

O alumnado de 1º ESO xerminou sementes de limoeiro na casa que puxeron en testos e trouxeron ao centro. Plantaranse en setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut