Skip to Content

Ed. Plástica e Visual

OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN TÉXTIL

Laura Carrillo e Claudia Figueira impartiron hoxe un interesantísimo taller de estampación téxtil a alumnado de 4º ESO.

A MOSTRA DE CÓMICS ESTÁ NO NOSO CENTRO

Xa podedes ver unha parte da Mostra de Cómics de 1º ESO que participou na Lvdi Compostellani.

Non vola perdades! Está no corredor principal.

EXPOSICIÓN DE CÓMICS NO LVDI COMPOSTELLANI

Hoxe, día 20, pódese ver a exposición de cómics de 1º ESO na Lvdi Compostellani.

Aproveitade para ir, que paga moito a pena!

 

O NOSO HORTO

O alumnado de Proxecto Competencial está realizando, este curso, labores de acondicionamento do horto escolar, coordinado polas profesoras Carmen García, Manuela Posse, Lucía Puentes e Ana Delia Rodríguez.

Cavar, plantar dalias, porros, chícharos, xirasois, tomiño e loureiro, regar, coller pedras para camiños entre bancais e follas secas para a compostera (que eles mesmos construíron), son algunhas das tarefas realizadas.

EXPOSICIÓN DE 1º ESO NO VI LVDI COMPOSTELLANI

Nesta sexta edición do Lvdi Compostellani o alumnado de 1º ESO expoñerá os seus traballos sobre mitos clásicos.

Podedes ir visitar a exposición na Facultade de Filoloxía o vindeiro día 20 de abril.

Grazas a Ana Delia por facelo posible.

 

ATURUXO FILMS PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA UGT GALICIA

O proxecto Aturuxo Films do IES de Cacheiras novamente premiado. Parabéns!!

 

 

NOVA EXPOSICIÓN NA CAFETERÍA. PAISAXES

Trátase dun conxunto de paisaxes pertencentes ao territorio galego que os estudantes de 3º ESO elixiron. A través de formas e cores mostran experiencias e sentimentos vividos despois de ter contemplado e respirado a paisaxe.  Estampas sentidas e observadas que describen plasticamente o interior de cada estudante.
Todos os traballos están feitos con témperas sobre láminas DIN A3. Cada traballo ten un pequeno texto explicativo escrito polo alumno/a.

NOVA EXPOSICIÓN NA CAFETERÍA

Estes días podedes desfrutar desta nova exposición do alumnado de Plástica de 1º ESO que elixe unha obra pictórica dun artista para facer unha interpretación personal e amosar o seu particular modo de expresión.

Non vola perdades!

EXPOSICIÓN DE IMAXES CINÉTICAS

Podedes ver esta preciosa exposición no corredor principal realizada polos estudantes de primeiro da ESO que confeccionaron imaxes cinéticas na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual.

 

EXPOSICIÓN DE GRAOS DE ICONICIDADE

Podedes ver na cafetería a exposición dos traballos de graos de iconicidade realizados polo alumnado de 1º ESO na materia de Plástica.

Distribuir contido


by Dr. Radut