Skip to Content

Ed. Plástica e Visual

EXPOSICIÓN COLAXES SOBRE O PATRIMONIO GALEGO

Última exposición do curso na cafetería de colaxes sobre patrimonio galego realizada polo alumnado de plástica de 3⁰ de ESO.

EXPOSICIÓN TEXTURAS NO CORREDOR PRINCIPAL

Os estudantes de Plástica de 1⁰ de ESO traballaron as texturas (naturais, artificiais, xeométricas, orgánicas, visuais e táctiles) a través dun traballo que consistía en reproducir os cadros de "A danza" e ”Ícaro" de Matisse e "O fillo do home" de Magritte con outras ou as mesmas cores dos orixinais pero empregando os seis tipos de texturas.

MÁSTERS DO DEBUXO. SEGUNDA SESIÓN

Como a primeira sesión foi un éxito, continuamos coa mostra de cadernos de artista o xoves.

Temos moito talento en 1º ESO!!

MÁSTERS DO DEBUXO. PRIMEIRA SESIÓN

Hoxe tivo lugar a primeira sesión de Másters do debuxo na que alumnado de 1º ESO debuxaron en directo e mostraron os seus cadernos de artista.

Mañá no primeiro recreo máis, non o perdades!!

O MURAL...REMATADO

Xa podemos desfrutar do traballo finalizado.

Moi bo traballo o do alumnado de Educación Plástica de 4º ESO.

Grazas!

ATURUXO FILMS, FINALISTA DE LOS PREMIOS MENTES AMI DA FUNDACIÓN ATRESMEDIA

Imaxinando Realidades, de Aturuxo Films, finalista nos Premios Mentes AMI. Parabéns!

TRABALLOS SOBRE ARTE RENACENTISTA

Estudantes de 1⁰ de ESO traballan sobre obras da arte renacentistas e outras exipcias a partir dos elementos gráficos-plásticos de mínima expresión, o punto a liña e o plano nas clases de Educación Plástica Visual e Audiovisual.

NOVA EXPOSICIÓN NA CAFETERÍA!

O alumnado de Plástica de 3⁰ de ESO presenta un dos seus traballos de terceiro trimestre baseado nos xéneros pictóricos. Así pois, pódense atopar nesta mostra bodegons, vanitas,paisaxes, retratos, pintura fantástica, etc.

MANTEMENTO DO HORTO

O alumnado de Proxecto competencial segue coas tarefas de cultivo e mantemento do horto escolar. Réganse todos os días os cultivos e ponse palla nos bancais para que non saian malas herbas.

Tamén seguimos facendo compost. Esta semana botamos o pouso de té, café, cascas de ovo e mondas de pataca da cafetería.

TRABALLO EN PROGRESO

O alumnado de plástica de 4º ESO está traballando neste mural... que ganas de ver o resultado final!

Distribuir contido


by Dr. Radut