Skip to Content

Ed. Plástica e Visual

EXPOSICIÓN DE POLÍGONOS ESTRELADOS

Na cafetería do centro podedes ver estes días a exposición de Polígonos estrelados realizada polo alumnado de Plástica de 1º e 3º ESO.

EXPOSICIÓN ESPIRAIS

No corredor principal podedes ver esta exposición de traballos realizados polo alumnado de plástica de 1º ESO.

A espiral é unha liña aberta e curva que vira ao redor dun punto afastándose del en cada volta. É unha forma xeométrica moi representada na cultura galega desde épocas ancestrais que representa o crecemento, a expansión e o paso do tempo.

ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE SAMAÍN E CONXUROS

Esta semana fixemos a entrega dos premios de Relato e Microrrelato de Samaín e do concurso de Conxuros.

Parabéns a tod@s!!

E AQUÍ ESTÁN OS GAÑADORES E GAÑADORAS DOS CONCURSOS DO 1º TRIMESTRE

Moitos parabéns ás gañadoras e gañadores dos concursos de Conxuros, Relatos e Microrrelatos de Samaín e Deseña a túa porta violeta!!!

Moitas grazas a todos os que participastes. O nivel foi moi alto e a decisión moi difícil!

 

 

EXPOSICIÓN PROXECTO COMPETENCIAL 1º ESO

O alumnado de 1º ESO da materia Proxecto competencial ilustrou as súas emocións cando reflexionan sobre o cambio climático.

Podedes ver esta exposición na cafetería do centro.

ATURUXO FILMS- IMAXINANDO MÚSICAS EN CINEUROPA

O 15 de novembro o profesor do IES de Cacheiras, Sergio Clavero, presentou o seu proxecto Imaxinando Músicas realizado en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago no festival compostelán Cineuropa.

ATURUXO FILMS-IMAXINANDO MÚSICAS EN FILMIN

Ata o 20 de novembro podedes ver en FILMIN as curtametraxes de Aturuxo Films-Imaxinando músicas dentro da programación de Cineuropa.

Non vos perdades o traballo do noso alumnado nestes últimos anos.

ATURUXO FILMS EN CINEUROPA

O proxecto Aturuxo films estará dentro da programación do festival de cine compostelán Cineuropa. O día 15 de novembro ás 18h programarán Imaxinando Músicas.

Nesta sesión proxectarase unha selección das obras realizadas polo alumnado nestes 15 anos de proxecto educativo e interpretarase en directo algunha das súas bandas sonoras.

Máis información no seguinte enlace:

EXPOSICIÓN CONCURSO DE CONXUROS

Podedes ver na cafetería do centro unha selección dos traballos entregados ao concurso de Conxuros.

Pasade a vela!

RESPIRAR SEGUE O SEU PERCORRIDO POR FESTIVAIS

Respirar continúa percorrido por festivais de cinema onde acadou seis premios. Na fin de semana proxéctase como finalista no YOUKI International Youth Media Festival de Wels en Austria, onde acudirá Andrés Couso convidado polo festival, e no Dubrovnik film festival.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut