contido

22 DE ABRIL.- DÍA DA NOSA NAI TERRA

 

                              Imaxe de freepik de pikisuperstars

 

A Nai Terra está a pedirnos de xeito claro que actuemos. Os océanos énchense de plásticos e tórnanse mái ácidos. A calor extrema, os incendios forestais e as inundacións, así como unha tempada de furacáns no Atlántico, teñen afectado a millóns de persoas. Agora enfrontámonos á COVID-19, unha pandemia sanitaria mundial cunha forte relación coa saúde do noso ecosistema.

A biodiversidade estase a deteriorar en todo o mundo a un ritmo sen precedentes. Se estima que arredor dun millón de animais e vexetais están en perigo de extinción na actualidade. Con este panorama xeral e o escenario do coronavirus, a nosa prioridade é evitar a propagación do virus, pero a longo prazo é importante abordad a pérdida de hábitat e biodiversidade no noso planeta.

Estamos xuntos na loita coa nos Nai Terra.

 

FONTE: PÁXINA WEB DAS NACIÓNS UNIDAS.

Deixámosvos uns vídeos e cancións sobre o tema atopados nas canles de youtube: Acciona, Rockalingua e Yose ss:

 

 

 

 

 

OS MÁIS PEQUENOS TAMÉN VAN A HORTA!!

Que marabilla ver que ata os nosos máis pequenos visitan a horta para aprender a través dela.

Hoxe plantaron manzanilla, tomillo, orégano e algunha flor. Xa vos amosaremos o resultado...seguro que será un éxito total!!

 

 

 The youngest children visit Lua's garden

In our school, even the youngest ones want to participate and learn things in Lua's garden.

They planted some thyme, camomile, and flowers.

E SEGUIMOS!!

Seguimos traballando!!!

Pero non pensedes que os nosos nenos están man sobre man esperando a plantar......

 

..... eles tamén colaboran na construcción da nosa horta.

   

Temos moita sorte de contar con tantos axudantes, a que si??

 

1º EP....APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS

O alumnado de 1º de EP tamén comezan a aprender cousiñas......primeiro nas aulas....

...e agora están investigando sobre o vexetal ou a froita que lles vaia mellor na horta para seguir aprendendo....

Estamos impacientes!! A ver qué se lles ocorre!!

 

 Lua's garden

In 1st Grade wanted to participate in Lua's garden, so they started planting some vegetables and fruits in their classroom.

PRÓXIMAMENTE...

Pois iso...... que será o que está a argallar o equipo Voz Natura do 2?.......

 

Hai moito movemento estes días..... e van aparecendo cousas.....


Estade atentos!!!

Mindfulness. Acompañamento Socioemocional e Integral con Jordi Mateu.

Mindfulness.

Acompañamento Socioemocional e Integral

con Jordi Mateu.

Ante a demanda do profesorado para mellorar a súa competencia en acompañamento emocional e grazas ao Centro de Formación Permanente do Profesorado de Galicia, no centro levouse a cabo un curso de formación para mestres “ Acompañamento Socioemocional e Integral” impartido por Jordi Mateu ao longo de varias sesións durante o segundo trimestre do curso 20-21. Dito curso tivo que ser online debido as circunstancias actuais.

Dito curso facilitou instrumentos e estratexias ao profesorado para realizar un acompañamento axeitado das emocións co alumnado do centro.

 

 

 Jordi Mateo Mindfulness Workshop

In order to improve our competences in Mindfulness, in CEIP Nº2, teachers participated in some Mindfulness workshops. One of them was conducted by Jordi Mateo, who show us some strategies to help our stuendts and other people with their emotions.

A Volta ao Mundo de Lúa Un agasallo de Pascua.

Á volta das vacacións de Pascua, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias de como segue a súa viaxe dando a volta ao mundo.

Coas nosas millas xa se atopa en Turquía. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo: Unha goma de saltar. 

Agora seguimos a saltar corda e a goma para poder pasalo ben durante ese ratiño de lecer. Agradecémolo moito sobre todo este ano que os recreos son tan diferentes aos de outros anos.

 

 Lua's world tour

Lua thank us for helping her to walk more miles and she wanted to appreciate our effort sending us an elastic band to play in our recess.

Mindfulness. O Sentido do Tacto.

Mindfulness.

 

O Sentido do Tacto.

Durante a semana do 22 ao 26 de marzo de 2021, atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se toca, de xeito presente é consciente, para vivir unha experiencia única. O alumnado tivo que desprazarse a percibindo o espazo e entorno a través do tacto e o movemento dos compañeiros, anulando outros sentidos importantes para a percepción

Aquí vos deixamos algúns do bos momentos, practicando Mindfulness, con atención plena no sentido do tacto.

 Sense of touch

In order to contiunue with pur Erasmus project, this time, our children must be concious of what they touch. They participated in an activity in which they must orient themselves and move around the courtyard.

Biblioboletín

Biblioboletín 2º Trimestre curso 20/21.

Aquí  deixámosvos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente, ás familias e Comunidade Educativa, das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

BENVIDO FLORO!!

Nesta semana os nenos das aulas de 4 anos comezaron un proxecto relacionado coa horta.

Traballaron nas aulas.....

 

 

Plantaron amorodos no seu bancal....

 

.....e contrataron un vixiante para que os paxariños non fagan das súas.

Presentámosvos a...Floro!! O espantallo da horta de Lúa. E para axudalo na súa misión, os nenos de 4 anos elaboraron uns "muiñiños de vento".

 

 

Agora xa podemos estar tranquilos....non haberá paxaro que se atreva a vir á nosa horta!!

Dende o equipo de Voz Natura agradecemos o traballo de todos e animámosvos a que sigades utilizando a horta para que os nosos nenos sigan aprendendo moitas cousas relacionadas coa natureza.

 

 Welcome Floro!

Pre Primary children started they project in Lua's garden. They plant delicious strawberries. But they are not alone, they count with the help of Floro, the great scarecrow that they create.

Now we can be calm because any kind of bird will dare to visit and eat our plants.

TALLER DE HERBOLOXÍA DOS NENOS E NENAS DE 2º B

E continuamos con novidades na horta de Lúa!!!

Coa chegada do bo tempo os diferentes niveis xa se van animando a traballar na horta.

Os nenos e nenas de segundo B son os primeiros en facelo.

A través do seu "Taller de Herboloxía coa señora Sprout" comezaron por traballar na aula moitas cousas interesantes. Na súa aula teñen un montón de cousiñas relacionadas coa natureza para aprender, baixo a atenta mirada de Pegasiño,...a quen teñen que observar, estudar, coidar e mesmo trasplantar!!

 

 

E na nosa hortiña, no seu bancal, sementaron cenoria, perexil, espinaca e acelga, aproveitando para seguir aprendendo alí dun xeito máis divertido e experiencial.

 

Estamos desexando ver cómo evoluciona este marabilloso taller!!

 

 

  Ms Sprout Herbology class

2ºB children wanted to be the first ones in participate in Lua’s garden so they started with Ms Sprout Herbology Workshop.

They learnt lots of things related with the nature thanks to the help of their Science pet “Pegasiño”. They have to take care of it, study it, even transplant it!!

After that, they went to Lua’s garden to plan some spinach, carrots, parsley and chard!

CHEGA A PRIMAVEIRA...CARGADIÑA DE COUSAS BOAS!!

Chega a primaveira e no noso cole xa se nota!!

Na nosa periódica visita á horta xa podemos ver as framboesas teñen pasado o inverno ben e están a medrar como agardamos.

Queredes ver cómo van?

Pois así están case todas as plantas de framboesas.....bonitas, non si?

Merendas saudables na escola.

Alimentación Saudable.

Merendas Saudables na escola.

Continuamos co Proxecto Erasmus+ fomentando hábitos de vida saudable. Despois da semana da froita é o turno do noso alumnado, que cada día incorpora froita e alimentación saudable as súas merendas diarias.

Mostra do anterior son as fotos que engadimos, onde aparecen bocatas, bizcoito caseiro, magdalenas artesanas e moita froita. Implantando así un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde.

 

 

 

 

Healthy snacks at school

After the “fruit week”, it was our pupils the ones who must bring some fruit in their snacks. Besides, they love eating, so they also brought some delicious snacks such as homemade sponge cake or sandwiches.

Mindfulness. Sentido do gusto.

Mindfulness.

O Sentido do gusto.

 Durante a semana do 15 ao 18 de marzo de 2021, atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se saborea, de xeito presente é consciente, para vivir unha expericiencia única degustando algo delicioso. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar e vivir  este sabroso momento

Aquí vos deixamos algúns do bos momentos, practicando Mindfulness, coa atención plena no sentido do gusto.

Preme sobre as imaxes para ver o vídeo. 

 

 

 Taste (Mindfulness)

From 15th to 18th of March, we focus on concentrate ourselves in those things that we eat. So our snacks and recess were a perfect moment to seat confortable, relax and enjoy eating some of the delicious things that we brought.

Mindfulness. Sentido da vista.

Mindfulness.

O Sentido da vista.

 Durante a semana do 8 ao 12 de marzo de 2021 a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se ve, mirando soamente o que se atopa nese intre. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar,ver imaxes e identificalas.

Aquí vos deixamos boa mostra destas actividades.

 

 

 

Sense of sight

This week, children made an activity were they had to focus in the present moment. So they had to seat in a conformatable way and just focus in those things that were around them.

Distribuir contido