Skip to Content


 

Orientación

VISITA Á ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO ANTON FAÍLDE DE OURENSE

Programada polo Departamento de Plástica e Visual e coa colaboración do Departemento de Orientación, o alumnado de 4º da ESO que cursa esta materia visitou o Centro EASD "ANTÓN FAÍLDE DE OURENSE". Esta Escola de Artes, antiga escola de Artes e Oficios, imparte ensinanzas artísticas con Ciclos de Grao Medio e Superior e dende fai dous cursos  imparte tamén Estudos de Grao (Universitarios) en Deseño.

Ós estudos de FP de Grao Medio (Ebanistería artística) accédese dende a ESO e previa unha Proba de Acceso e ós Estudos de Grao Superior (Fotografía Artística e Ilustración) dende o Bacharelato Artístico (Modalidade Deseño) ou a través dunha Proba de Acceso ó Ciclo Superior. Igualmente para cursar o Grao en Deseño precísase o Título de Bacharel e unha Proba Específica de Acceso.

Toda esta información así como outra referida a esta modalidade educativa  que vos pode interesar como posibles estudos ó remate do ESO, podedes atopala nos seguites enlaces:

Ensinanzas artísticas. Consellería de Educación.

Web do Centro EASD Antón Faílde

Blog Orientamende 

É unha información facilitada polo Departamento de Orientación


 

CHARLA DE DISCAFIS-COGAMI SOBRE PREVENCIÓN DE LESIÓNS MEDULARES

CHARLAS INFORMATIVAS DE DISCAFIS- COGAMI
ALUMNOS 3º ESO
Veñen de se celebrarno CPI de Mende dúas Charlas informativas sobre "Prevención de Lesións Medulares" para alumnos de 2º e 3º da ESO. Estas charlas foron impartidas por Susana da Asociación Discafis-Cogami de Ourense e tratan de sensibilizar ó noso alumnado sobre os riscos e necesidades de prevención de accidentes que poden levar a padecer unha minusvalía física.
Estas charlas foron programadas polos departamentos de Orientación e Actividades extraescolares dentro do Programa de Prevención da saúde do Plan de Acción Titorial do centro.

30 de NADAL: DIA DA PAZ

DIA DA PAZ


O vindeiro 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz

DÉIXOVOS ESTE VIDEO TITULADO "PUK Y EL MURO"  PARA TRABALLALO NAS TITORÍAS.

Unidade Didáctica sobre o video: U.D.

CHARLA DE DISCAFIS-COGAMI SOBRE PREVENCIÓN DE LESIÓNS MEDULARES

Membros da Asociación
DISCAFIS-COGAMI DE OURENSE imparten unha charla no CPI de Mende, os días 20 e
27 de xaneiro, a alumnos de 2º e 3ºdo ESO, baixo o título “Prevención de
lesións medulares”. Estas charlas teñen como obxectivo a PREVENCIÓN DA SAÚDE, e
tratan de sensibilizar ó noso alumnado dos riscos que teñen certas conductas na
adolescencia que si non se fan con seguridade poden provocar accidentes, como por exemplo ao 
practicar deportes de risco, nos deportes acuáticos, na conducción de
bicicletas, uso de monopatíns, motocicletas, etc. Darán a sua visión dende unha
asociación de traballo con minusválidos físicos, víctimas en moitos casos destes accidentes.

SI O FAS,... ¡CON SEGURIDADE!

EDUCAR A UN ADOLESCENTE

ADOLESCENTES
Non existen "receitas educativas miragre" para educar a un adolescente, pero sí é posible ofrecer algúns puntos de reflexión que deberiamos ter en conta pais e educadores de adolescentes que temos queloitar diariamente con eles e non sabemos moitas veces que actitude tomar en moitas ocasións.


PROGRAMA DE APOIO Ó AMBITO FAMILIAR

Manual para reflexión, debate e busca de alternativas que nos orienten para solucionar problemas que se nos plantexan en relación á educación dos nosos fillos.

Este programa foi elaborado polo IES Pablo Serrano de Andorra (Teruel)

OBRADOIRO DE PREVENCION CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
O pasado luns, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO asistiron no centro a unha Charla-Obradoiro sobre a Prevención da Violencia contra as mulleres. Esta charla foi impartida pola Psicóloga Dolores Cidoncha Romero, Coordinadora do Centro de Atención da Violencia de Xénero (CAVAS) de Madrid, e dentro dun convenio entre o Instituto da Muller e o Concello de Ourense, así como do Plan de Convivencia do CPI "José García García" de Mende.

PROGRAMA DE ORIENTACION ORIENTA 2010-11

 
 
@S ALUMN@S DE 3º E 4º DA ESO XA PODEN  DESCARGAR E VER O PROGRAMA ORIENTA 2010-11. ESTE É UN PROGRAMA DE ORIENTACIÓN DE ESTUDIOS E CARREIRAS ONDE SE PODEN CONSULTAR OS DISTINTOS ITINERARIOS EDUCATIVOS TANTO DE BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL, CARREIRAS UNIVERSITARIAS, ETC. 
TAMÉN PODE SER DE AXUDA PARA  PAIS E /NAIS ASI COMO PARA O RESTO DO ALUMNADO E PROFESORADO.
PROGRAMA ORIENTA CPI DE MENDE
PARA DESCARGAR ESTE PROGRAMA  PODEDES FACELO DENDE O BLOG  "ORIENTAMENDE"

TRASTORNO POR DEFICIT DE ATENCIÓN CON OU SEN HIPERACTIVIDADE (TDAH)

 NEN@S   CON TDAH

Educar non é facil. Non nos serve educar ós nosos fillos ou alumnos como o fixeron os nosos pais ou mestres.Moitos pais ven a necesidade de ensinar algo que non aprenderon ou de decir algo, e non saben como facelo.Para moitos deles esto convírtese nunha situación problemática.Estes pais e mestres, preocupados pola educación dos seus fillos , pregúntanse como deben actuar e a quen ou onde deben acudir para consultar.Esta preocupación vese agravada cando se atopan ante un neno que presenta un Déficit de Atención con ou sen Hiperacividade (TDAH).

Nos CADERNOS que adxuntamos  da asociación ADANA, queremos que os pais e profesores destes nenos e nenas atopen o inicio de respostas ante este Déficit que se pode convertir en Trastorno se non se toman  as medidas para educalos adecuadamente.

CADERNO  1 Preescolares        CADERNO 2   Escolares


DESENROLO DE CONDUCTAS RESPONSABLES EN NENOS DE 3 A 12 ANOS

CONDUCTAS RESPONSABLES
É frecuente oir a pais e nais na casa cousas como:"Olvídaselle todo" "Si non estou enriba del non fai nada""Ten o seu cuarto como unha leonera..." Todo esto pódese deber a que os nosos fillos non tiveran oportunidades de aprender conductas responsables apropiadas á sua idade, ou a que, polas súas características non asumisen esas responsabilidades que lles corresponden.
A cantidade e variedade de situacións que se dan e a importancia destes aspectos da educación para o equilibrio persoal dos nosos fillos e fillas requiren da lectura deste estupendo documento, que pretende servir como instrumento de análise e reflexión tanto para pais e nais como para fillos e fillas no proceso de adquisición de conductas responsables.
O DOCUMENTO PÓDESE DESCARGAR DENDE AQUÍ:

Distribuir contido


by Dr. Radut