Skip to Content


 

Orientación

ALUMNOS/AS QUE REMATAN 4º ESO: CONVOCATORIA PRAZAS DE RESIDENCIA NO CRD DE OURENSE PARA O CURSO 2011-12

CENTRO RESIDENCIAL CRD DE OURENSE (NA UNIVERSIDADE LABORAL)

Xúntase a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011-2012.

Os Centros Residenciais Docentes ofrecen aloxamento a alumnos/as de ensinanza secundaria postobrigatoria non universitaria (BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS) que desexen realizar estudos que non se ofertan no lugar no que viven. Estas residencias dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e, dependendo do nivel de ingresos familiar, a estancia pode ser gratuíta ou de prezo económico. Hai centros residencias docentes en Vigo, A Coruña e Ourense.

Prazo de presentación de solicitudes:

Dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Establécese un período extraordinario na primeira quincena do mes de setembro para a presentación de solicitudes destinado ás ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde, así como para os ciclos formativos, e extraordinariamente no curso académico 2011/2012 para bacharelato.

 

OBRADOIRO "VITALÍZATE" SOBRE DROGAS PARA ALUMN@S DE 4º DE ESO


Que sustancias se poden considerar drogas?, cales son os seus efectos?, que riscos entraña o seu uso?, por que se consumen? Existen poucos asuntos tan cheos de estereotipos e de prexuízos como o consumo de drogas. Pensamos que estamos ben informados pero na práctica a información que temos é moi limitada.

Cando somos mozos, ás veces non valoramos a relación entre as accións de hoxe e as consecuencias do mañá, sentímonos indestructibles e invulnerables. Isto pode dar lugar a decisións arriscadas que non só afectan á nosa saúde física senón tamén ás relacións coa nosa familia, coas amizades, coa parella, á nosa autoetima, a forma que temos de resolver as dificultades, etc.

Hoxe, venres, tivo lugar  no CPI “José García” de Mende, o derradeiro dos Obradoiros impartidos polo Centro “Querote máis” da Consellería  de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, nesta ocasión sobre o tema das drogas. O obradoiro estaba destinado as alumnas e alumnos de 4º da ESO baixo o título de “Vitalízate”. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Orientación.

Pódese consultar no seguinte LIGAZÓN una guía sobre este tema:

http://www.pnsd.msc.es/Categoria2/publica/pdf/guiaDrogas.pdf

 


OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE PARA ALUMNOS DE 3º ESO

Hoxe martes, tivo lugar o terceiro dos Obradoiros do Centro Quérote da Consellería de Traballo e Benestar. Neste caso  as alumnas e alumnos de 3º da ESO recibiron información sobre  Sexualidade e as distintas dimensións ou acepcións da mesma.

"Se hai algo sobre o que nos resulta particularmente difícil falar ás persoas é sobre os temas que encerran un certo contido sexual..."

A través de traballo en grupo as alumnas e alumnos reflexionaron e recibiron información  respecto deste tema.

A actividade foi coordinada polo Departamento de Orientación do centro

 

 


OBRADOIRO "GÚSTATE", DO CENTRO QUÉROTE + PARA ALUMN@S 2º ESO

 

Hoxe, xoves  31 de Marzo, impartíuse no C.P.I. “José García” o Obradoiro que leva por título “Gústate”, para os alumnos e alumnas de 2º da ESO. Este obradoiro é impartido por técnicos do “Centro Quérote” de Ourense da Consellería de Traballo e Benestar e está organizado polo Departamento de Orientación do centro dentro do Plan de Orientación. Este obradoiro reflexiona sobre a construcción da imaxe persoal  e os seus estereotipos.

 

http://xuventude.xunta.es/gustate.html 

 


CHARLA ONG ALCOLICOS ANONIMOS 24 HORAS PARA ALUMNOS 3º ESO

                      


 

Hoxe Mércores, 30 de Marzo os alumnos e alumnas de 3º  de ESO asistirán a unha charla-coloquio, que se vén celebrando todolos  anos, con membros da comunidade terapéutica Alcólicos Anónimos  (AA) de Ourense que loitan por recuperarse da sua adicción ó alcol,  axudándose entre eles a deixar a bebida. Contaránnos  a sua experiencia  co obxectivo de concienciar á mocidade dos estragos que esta droga “permitida” produce tanto a nivel persoal como familiar.

Esta actividade esta organizada polos Departamentos de Orientación e Actividades Extraescolares dentro do Plan de Acción Titorial  ( Prevención da Saúde)




OBRADOIRO "RELACIÓNATE" DO CENTRO QUÉROTE + PARA ALUMN@S DE 1º ESO

 

 

Hoxe martes, 29 de Marzo terá lugar o Obradoiro "Relaciónate" do Centro "Quérote" da Consellería de Traballo e Benestar, para alumnos e alumnas de 1º de ESO. Este obradoiro será impartido por Técnicos do Centro Quérote de Ourense e está organizado polo Departamento de Orientación do Centro dentro do Plan de Orientación e Convivencia do centro.

"Nalgunhas ocasións, nas relacións que se establecen aparece actitudes como a rivalidade, a competitividade, a insolidariedade, e o abuso. Poden xurdir por moi diferentes razóns pero frecuentemente teñen efectos negativos para as persoas que o viven. Poden darse situacións que a miudo comezan como unha burla ou broma, ás veces sin ser intencionada, pero pouco a pouco vanse convertindo en algo de todos os días, podendo mesmo derivar en situacións de acoso."





CHARLA DA POLICIA NACIONAL SOBRE O ACOSO ESCOLAR E A VIOLENCIA DOMÉSTICA

  

        

O xoves 24 de Marzo tivo lugar no CPI "José García García" de Mende unha charla para os alumnos e alumnas de 3º e 4º do ESO sobre o "Acoso escolar e a violencia doméstica" imapartida por un membro da Policia Nacional. Esta charla enmárcase dentro do IIº Plan Director para a Mellora da convivencia e a Seguridade Escolar así coma nos obxectivos do Plan de Convivencia do Centro.

Foi organizada polo Departamento de Orientación e Actividades Extraescolares



TEATRO NO AUDITORIO: 2015 TIEMPO VITAL

O mércores dia 23 de Marzo, ás 12,30 horas, os alumnos de 2º e 3º do ESO asistirán no Auditorio Municipal de Ourense á representación da obra de teatro  "2015, Tempo Vital", obra que quere dar a coñecer os Obxectivos de Desenrolo do Milenio, movilizando ós xoves cara valores solidarios a traverso do cine o teatro e a música.

Podedes ver unha reseña de dita obra no seguinte ligazón:

2015, Tempo vital

Actividade patrocinada pola Concellería de Saúde do Concello de Ourense e organizada para o centro  polos Departamentos de Orientación e Actividades Extraescolares

 


ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2011-12

 

O prazo de solicitude de admisión para Educación Infantil, Primaria e Bacharelato para o curso 2011-12 é durante este mes de marzo.

Todos aqueles alumnos e alumnas do noso centro que rematen este curso 4º da ESO e vaian estudar Bacharelato o curso que vén deberán facer a solicitude de admisión neste mes no Instituto que desexen, ainda que preferentemente corresponderalles o IES Portovello.
Para iso deberán entregar cubertos os Impresos correspondientes que deberán pedir nas Secretarías do Ies onde soliciten a sua admisión como primeira opción antes do 31 de marzo:



1- Fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase presentar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a)


2- Anexo II.1  acceso

Antes do 30 de abril:
Publicarase no taboleiro de anuncios do instituto onde se entregase a solicitude de admisión a Resolución provisional do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación, nas que constará a puntuación asignada a cada alumno/a en cada un dos criterios, así como a puntuación total.
A matrícula farase posteriormente no mes de Xullo.

OS ALUMNOS DE 4º DA ESO VISITAN O IES 12 DE OCTUBRO E O IES PORTOVELLO

Alumnas e alumnos de 4º do ESO do CPI "José García García" de Mende, Ourense, visitaron hoxe dia 28 de Febreiro as instalacións dos Institutos de Ensinanzas Medias Ies 12 de Octubro e Ies Portovello de Ourense acompañados dos seus Titores e Orientador do centro dentro do Programa de Orientación Académica e Vocacional do Centro. O obxectivo era coñecer directamente ademais das instalacións respectivas as distintas modalidades de Bacharelato e Ciclos Formativos de Formación Profesional impartidos nos mesmos. Igualmente os alumnos e alumnas departiron cos seus futuros compañeiros de ambolosdous centros e poideron contemplar de cerca ambitos educativos e profesionais nos que poden formarse no seu inmediato futuro.
  
ALUMNOS ESO C.P.I. "José García García" CURSO 2010-11


Distribuir contido


by Dr. Radut