Skip to Content


 

Orientación

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL FOTOS

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL

 

Algunhos dos nosos alumnos coñeceron aqueles centros aos que poden optar para continuar a súa vida académica.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL

 

Algunhos alumnos saírán hoxe para coñecer aqueles centros aos que poden optar para continuar a súa vida académica.

Saída dende o C.P.I. de Mende ás 9:00 horas o día 29 de Abril de 2019

·     

CIFP Portovello, visita ás 9:30 horas. Oferta de Formación Profesional Básica:  

Servizos Comerciais (20 prazas)


·     

IES Julio Prieto Nespereira, visita ás 11:00 horas. Oferta de Formación Profesional Básica: 

Fabricación e montaxe (20 prazas)


·     

CPR San Martín, visita ás 12:15 horas. Oferta de Formación Profesional Básica:

Informática e comunicacións (20 prazas)

 

Servizos administrativos (20 prazas)


·     

CPR Santo Cristo, visita ás 13:15 horas. Oferta de Formación Profesional Básica:

Peiteado e estética (30 prazas)


Regreso ao CPI sobre as14:30 horas.

 

USO DO MÓBIL E AS REDES SOCIAIS

 

A Dirección do centro xunto co Departamento de Orientación complácese en invitou aos pais dos alumnos de 1º e 2º da ESO a unha reunión o xoves día 14 de marzo as 19.30 horas. Tratouse o tema do uso e abuso do teléfono móbil e as redes sociais polos alumnos e os perigos que estos medios tecnolóxicos poden acarrexar na vida do centro escolar.

Para previr situacións que poden comprometer a convivencia escolar e para tratar de mellorar a relación dos alumnos coas novas tecnoloxías, adxuntamos este arquivo ppt.

Obradoiro de Xadrez

 

 En nuestro CPI se imparte Xadrez desde hace tres cursos por su importante valor educativo. Según manifestó el profesor y orientador José Luis Ruibal, entrevistado por el Faro de Vigo, el ajedrez “permite desarrollar capacidades de carácter cognitivo ayudando a centrar la atención, y de razonamiento porque se aprende a planificar y a buscar y analizar tipos de estrategias”...” También aumentarán su capacidad memorística”. Señala mejoras a nivel emocional: “Ponerse en el lugar del compañero, y aprender que no siempre se gana en la vida”...”Valoro una actitud positiva y el compañerismo”. Además, las alumnas Paula Pardavila y Susana Álvarez afirman que “se nota cuando tienes que estudiar, te organizas mejor”.

 

Visita a centros de FP e IES

O mércores 24 de febreiro realizamos unha visita a centros educativos de Ourense con alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO a fin de coñecer "in situ" as diferentes ofertas de FP (módulos e niveis) e de Bacherelato.

Contactamos tamén con antiguo alumnado de Mende que xa están facendo o itinerario elexido.

Grazas a profe Antonia María polas montaxes fotográficas.

CHARLA ORIENTACIÓN PAIS/NAIS

O pasado martes, 27 de maio, tivo lugar na aula multimedia unha charla solicitada por pais e nais de alumnado do centro para coñecer un pouco máis de preto a Formación Profesional, o seu lugar dentro do sistema educativo, opcións de mobilidade, etc.

 
Agradecemos a asistencia e o interese amosado. 
O departamento de Orientación continua estando á vosa disposición para clarexar calquera dúbida e falar das inquedanzas das familias do nos alumnado.
 

PROGRAMA ORIENTA 2013- 2014

         

NESTE PROGRAMA PODERÁS INFORMARTE SOBRE OS DISTINTOS ITINERARIOS DA ESO, O BACHARELATO, AS CARREIRAS UNIVERSITARIAS, A FORMACIÓN PROFESIONAL OU OUTROS ESTUDOS QUE QUEIRAS REALIZAR. TAMEN PODERÁS REALIZAR ALGÚNS CUESTIONARIOS SOBRE INTERESES VOCACIONAIS.

PARA MAIS INFORMACIÓN, CONSULTA CO ORIENTADOR DO CENTRO NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ACTIVA O PROGRAMA DENDE   AQUÍ

 


ENTREPARADAS

O 26 de marzo recibimos no centro a parte da alma do proxecto "Entreparadas". Angélica, Bea, Félix, Natalia... agradabámolos a todos con grande ilusión, pero sobre todo a Jose, que espertou a admiración de todo o noso alumnado e nos fixo un oco na súa apretada axenda deportiva.

Grazas pola conversa sobre o esforzo, a forza de vontade, a ilusión, a superación persoal, o traballo en equipo... tantos valores que compartimos e sobre os que seguiremos reflexionando.

ORIENTACIÓN ALUMNADO 4º ESO

O 19 de marzo, o alumnado de 4º de ESO completou o "tour" de visitas a centros para complementar a súa orientación académica e vocacional. 

Nesta ocasión fumos ao IES Universidade Laboral, onde o seu orientador, Carlos, nos fixo unha visita guiada polas impresionantes instalacións e o profesorado dos ciclos das familias de "transporte e mantemento de vehículos" e "instalacións e mantemento" nos amosaron e os seus obradoiros. Tivemos ocasión de ver tamén algunhas das aulas específicas das materias propias da modalidade de arte de bacharelato.
 
Visitamos tamén o CIFP A Farixa, onde foi Alberto o que nos amosou as instalacións e obradoiros dos ciclos medios de "técnico deportivo na especialidade de fútbol sala" e "instalación de telecomunicacións". Os máis atrevidos fixeron os seus "pinitos" como locutores de radio!
     
Pincha na imaxe para ver máis fotos

AS NOVAS TECNOLOXÍAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

As novas tecnoloxías e máis concretamente o ordenador, empezou a formar parte cada vez máis das nosas  vidas e cada vez de forma máis temperá.

É moito máis fácil nestas idades xa que os nenos/as teñen cada día máis cercano a visualización do traballo cos ordenadores

A escola polo tanto debe destinar parte da educación a introducir ao alumnado no coñecemento e uso destas tecnoloxías, programando actividades relacionados co uso dos ordenadores para que aprendan progresivamente a utilizalos e valorar a súa utilidade.

 No noso Centro aparte de que os alumnos/as utilizan o ordenador na propia aula destinan unha hora  semanal para subir á aula de informática para traballar diferentes contidos relacionados coas diferentes unidades didácticas.

Nas fotos adxuntas observaredes do que estamos a falar.


Distribuir contido


by Dr. Radut