Skip to Content


 

Orientación

ALUMNOS DE 4º ESO VISITAN O IES 12 DE OCTUBRO E O CIFP PORTOVELLO

 

 

Os alumnos e alumnas do C.P.I."José García" visitaron hoxe o IES 12 de Octubro e o Centro Integrado de Formación Profesional Portovello de Ourense. Esta visita forma parte do Plan de Orientación Académica e Profesional do Centro e ten como obxectivo que as alumnas e alumnos de 4º da ESO coñezan as alternativas académicas e profesionais ao remate do ESO.

De seguido faise ligazón cas páxinas web de ambolosdous centros visitados.

IES 12 DE OCTUBRO

CENTRO INTEGRADO DE FP PORTOVELLO

 


CONVOCATORIA PROBA CICLOS FORMATIVOS DE FORMACION PROFESIONAL 2012

Información xeral das probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS de grao medio

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 19 de xaneiro de 2012 a resolución pola que se convocan para o ano 2012 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo, de acordo co establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

INFORMACION XERAL

NOTA INFORMATIVA

Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

- Calendario das probas de acceso

INFÓRMATE NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACION

1 DE NADAL: DIA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA SIDA


Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos/as unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación actual sobre o tema  e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos posibles afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

MATERIAIS PARA O PROFESORADO 1

MATERIAIS PARA O PROFESORADO 2

VIDEO

ORIENTACIONS PARA PAIS E NAIS CON FILL@S ADOLESCENTES

Orientacións para pais/nais con fillos adolescentes

 

ADOLESCENTES GUIA

GUIA PADRES DE ADOLESCENTES

CINENSINO 2011-12

PROGRAMA DE CINENSINO PARA ESO

Un curso mais os alumnos e alumnas de 2º de ESO participan no Programa Cinensino, programa para a Educación en Valores, para prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TICS. Este programa consiste no visionado de tres peículas durante o curso e o posterior traballo na titoría sobre o tema. O pasado día 15 de novembro tivo lugar o visionado da seguinte película:

 

EN UN MUNDO MEJOR
112 min 
Susanne Bier, Dinamarca, estreada en España en 2011

Anton é un médico que traballa nun campo de refuxiados dun país africano que está en guerra. O seu fillo Elias é maltratado na escola polos seus compañeiros ata que outro mozo deféndelle, Christian. Elias e Christian non tardan en estar moi unidos, pero Christian involucra a Elias nun perigoso xogo de vinganza e rabia, unha situación que ademais de pór a proba a amizade que os une, tamén pon en perigo varias vidas.

 


25 de Novembro. Dia internacional contra a violencia de xénero

 


25 DE NOVEMBRO

DIA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración un ano máis do Dia Internacional da Violencia de Xénero, o Departamento de Orientación do centro súmase a este acontecemento aportando aos profesores/as e titores/as materiais didácticos relacionados con esta data que se poden ollar na  dirección web:EDUCAXÉNERO

MATERIAIS PREVENCION VIOLENCIA DE XÉNERO




ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO VERAN

ADEUS AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DE ESO

     

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO rematades este curso 2010-11 a escolaridade obrigatoria no Centro de Mende. Foron para algúns mais de 12 anos neste centro. Quero darvos a noraboa a todos e todas os que a partir de agora iniciades unha nova etapa tanto académica coma persoal e desexarvos os maiores éxitos que de seguro ides acadar. Como orientador do centro e en nome do Departamento de Orientación, quero darvos as grazas especialmente polo voso exemplo de convivencia durante todos estes anos cos vosos compañeiros alumnos e alumnas con discapacidade do centro, practicando e demostrando día a día que a integración e a inclusión é posible. Eles tamén se lembrarán sempre de vós e de poder ter estado todo este tempo ao voso carón. Este será un valor engadido que levades, cecais tanto ou mais importante que os vosos coñecementos.Non o esquezades cando vos atopedes con eles pola rúa. Grazas pola vosa comprensión e xenerosidade.


OFERTA FORMATIVA CICLOS FORMATIVOS CURSO 2011-12

 

Xa se pode consultar a oferta da Consellería de Educación sobre os CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL para o vindeiro curso 2011-12.

Próximamente sairá a convocatoria para a solicitude de admisión no D.O.G

Premer nos seguintes ligazóns:

Blog ORIENTAMENDE

OFERTA FP 2011-12

Datas solicitude de admisión:

17 de xuño ao 4 de xullo

1 a 12 de setembro

 

 RESOLUCION CURSO 2011-12 (D.O.G. 14 xuño 2011

IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN ANEXO 1

RESUME INFORMACIÓN ADMISIÓN




CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTENCION TÍTULO GRADUADO EN ESO

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO/A EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS NAS CONVOCATORIAS DE XUÑO E SETEMBRO

(D.O.G. 11 DE MAIO DE 2011)

 

Centro e lugar de celebración das probas

OURENSE

              Centro de EPA Ourense

Rúa Álvarez de Sotomayor, 4

Prazos de matrícula

Proba de xuño: 16 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos

Proba de setembro: 1 e 2 de setembro, , ambos os dous incluídos

Datas das probas

14 de xuño

9 de setembro

Chamamento para acceso aos espazos de realización da proba

Entre as 8.30 e as 9 horas

Centro de EPA Ourense

Rúa Álvarez de Sotomayor, 4




Distribuir contido


by Dr. Radut