Skip to Content


 

Orientación

OBRADOIROS DO CENTRO QUÉROTE PARA ALUMNOS DE 3º DA ESO

                               OBRADOIROS  DO  "CENTRO  QUÉROTE" NO  C.P.I. "JOSÉ GARCÍA" DE MENDE (OURENSE)

                                       

                                 SEXUALIDADE E IMAXE CORPORAL                                  USO SEGURO DAS TICS

 

Os pasados xoves 4 e 11  de Abril tiveron lugar no CPI de Mende dous Obradoiros impartidos por Técnicos do "Centro Quérote" de Ourense da Area de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Estes obradoiros, impartidos para os alumnos e alumnas de 3º de ESO, véñense celebrando todos os anos e forman parte das actividades levadas a cabo dentro do Plan de Acción Titorial do centro. O primeiro obradoiro sobre" Sexualidade e imaxe corporal"foi  impartido por Laura e o segundo sobre o "Uso seguro das Novas tecnoloxías" (redes sociais, Internet, teléfonos móbiles etc.) impartido por Millán.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Orientación e Actividades Extraescolares do centro.


 


 



VISITA DE RESPONSABLES DA DIRECCION XERAL DE TRÁFICO Á UNIDADE ESPECÍFICA

 

RESPONSABLES DA D.X.T. NA UNIDADE ESPECIFICA

A coordinadora de Actividades Docentes da Dirección Xeral de Tráfico en Ourense, xunto con outros funcionarios visitaron a Unidade Específica do C.P.I. de Mende onde departiron con alumnos e profesoras e fixeron entrega de materiais didácticos sobre a Educación Vial.

Estes matariais utilízanse no aula como material curricular específico para o desenvolvimento do Ambito de Transición para a Vida Adulta que forma parte do Curriculum destes alumnos.

A Coordinadora da D.X.T. ofertou ao Centro a posibilidade de ampliar esta colaboración con actividades para o resto do alumnado do Centro tanto de Infantil e Primaria como de ESO.

Esta actividade foi organizada polas profesoras da U. Específica de E.E.

 


CHARLA DA ASOCIACION "ALCOHÓLICOS ANÓNIMOS" CON ALUMNOS DE 3º DE ESO

 

 

O PASADO MÉRCORES 20 DE MARZO OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º DE ESO DO NOSO CENTRO ASISTIRON A UNHA CHARLA LEVADA A CABO POR MEMBROS DA ASOCIACIÓN "ALCOHÓLICOS ANÓNIMOS" DE OURENSE.

ESTAS CHARLAS VÉÑENSE REPETINDO DENDE XA FAI VARIOS ANOS E TRATAN DE CONCIENCIAR AO ALUMNADO DO CENTRO SOBRE AS CONSECUENCIAS DO CONSUMO DE ALCOL VISTA DENDE A PERSPECTIVA DE PERSOAS QUE SUFREN ESTA "ENFERMIDADE" E DA LOITA DIARIA QUE LEVAN A CABO PARA CONSEGUIR REHABILITARSE E REINCORPORARSE Á SOCIEDADE.

A ACTIVIDADE FORMA PARTE DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL DO CENTRO E ESTÁ ORGANIZADA POLOS DEPARTEMENTOS DE ORIENTACIÓN E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 


DOCUMENTO SOBRE OS CIUMES (CELOS) INFANTÍS

DOCUMENTO SOBRE OS CIUMES INFANTIS

PREME AQUÍ PARA VER O DOCUMENTO

 

 


VISITA A CENTROS DE BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL ALUMNOS 4º ESO

VISITA A CENTROS DE BACHARELATO E FP

Os alumnos e alumnas do CPI de Mende visitaron onte os Centros IES 12 de Octubro e CIFP A Farixa. Estas visitas forman parte do Programa de Orientación Académica e Profesional que se leva a cabo cos alumnos de 4º da ESO. O seu obxectivo é que o alumnado teña unha visión de primeira man dos centros onde pode continuar os seus estudos ao rematar a ESO e coñecer de preto tanto o Bacharelato como os Ciclos Formativos de Formación Profesional, Nos citados centros informouse ao alumnos de cales son as modalidades de Bacharelato e Familias Profesionais que se imparten neles.

 


IES 12 DE OCTUBRO

CIFP A FARIXA

 



OBRADOIRO SOBRE O ALCOHOL PARA ALUMNOS DE 4º DA ESO

CO ALCOHOL DEIXAS DE SER LIBRE

Dentro do Programa de "Conductas aditivas : descubrindo e educando na sua realidade" que a Consellería de Sanidade está realizando nos centros escolares de Galicia, o pasado 31 de Xaneiro levouse a cabo o "OBRADOIRO SOBRE O ALCOHOL" para o alumnado de 4º da ESO no C.P.I. José Garcia de Mende.

O obradoiro ten como obxectivo informar e concienciar ao alumnado sobre os perigos do alcohol para que tomen decisións responsables cando se enfronten a este tipo de conductas que comezan cada vez a idades mais temperás.

Este obradoiro foi impartido por unha Especialista da Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia e organizado polos Departamentos de Orientación e Actividades Extraescolares

 


ALUMNOS DE 3º DE ESO PARTICIPAN NO DEBATE "FALEMOS DE DROGAS" NO AUDITORIO

 

 

              Alumnos de 3º de ESO                                                                                                        DR.Rafael Maldonado

O pasado mércores, 23 de xaneiro, os alumnos de 3º da Eso do CPI “José García García”  participaron no debate sobre as drogas que tivo lugar no Auditorio de Ourense dentro do Programa “Falemos de drogas” patrocinado pola Fundación La Caixa e o Concello de Ourense.

A este debate, que era continuación da Exposición que tivo lugar durante o mes de Nadal nunha carpa da Fundación La Caixa na Alameda de Ourense, aistiron mais de 400 alumnos participantes no Programa e o seu obxectivo é previr, informar e sensibilizar sobre os efectos do consumo de drogas.

O debate foi coordinado polo Catedrático de Farmacoloxía, médico e investigador de renome internacional  na prevención da drogadicción,  Dr. Rafael Maldonado.

Os alumnos e profesores participantes fixeron preguntas ao ponente sobre distintas cuestión relacionadas coa adicción ás drogas.

Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Orientación e Actividades Complementarias do CPI de Mende e coa colaboración dos titores de 3º da Eso e de 5º e 6º de Primaria.

Na seguinte Ligazón pódese consultar información e actividades relacionadas con este Programa “Falemos de drogas”:

PÁXINA WEB DO PROGRAMA  ” FALEMOS DE DROGAS” DA FUNDACION LA CAIXA

 


INFORMACION GRAOS UNIVERSITARIOS GALICIA

 

NO SEGUINTE ENLACE, DO IES ALEXANDRE BOVEDA, PODERAS ATOPAR INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE O GRAOS IMPARTIDOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO, CLASIFICADOS POR RAMAS E COAS MATERIAS DE MODALIDADE PREFERENTES COAS PUNTUACIÓNS PONDERADAS QUE MAIS PUNTUAN NA SELECTIVIDADE, ASÍ COMO COAS NOTAS DE CORTE DO ULTIMO CURSO NAS DISTINTAS UNIVERSIDADES.ESTA INFORMACIÓN É VALIDA PARA O CURSO 12-13

LIGAZON AO PDF IES ALEXANDRE BOVEDA

OBRADOIRO SOBRE CONDUCTAS ADITIVAS: O TABACO

OBRADOIRO SOBRE O TABACO E OUTRAS DROGAS

PARA ALUMNOS DE 4º DE ESO

Dentro do Plan de Acción Titorial e do ámbito da Educación para a Saúde escomenzamos o pasado sábado un ciclo de Obradoiros (1 por Trimestre)  sobre conductas aditivas na adolescencia, para alumnos de 4º da ESO. O obradoiro tratou a problemática do tabaco, así como doutras drogas nas que algúns xoves se inician descoñecendo os seus efectos. Este Obradoiro foi impartido por José Luis González, Tècnico e Inspector de Sanidade da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e estivo organizado polos Departamentos de Orientación e Actividades Extraescolares e Complementarias do CPI de Mende. Terá continuidade durante o 2º e 3º trimestre con outros dous obradoiros sobre a temática do alcohol e a adicción ás novas tecnoloxías (móbiles, Internet, redes sociais...)

 


VISITA Á EXPOSICIÓN FALEMOS DE DROGAS DE "LA CAIXA"

VISITA Á EXPOSICION FALEMOS DE DROGAS

  

 

A obra social LA CAIXA e a Concellería de Sanidade do Concello de    Ourense organizan entre os días 7 de novembro e 9 de nadal  unha exposición interactiva sobre a prevención e riscos dos usos das drogas.

Esta actividade  foi visitada recentemente  polo alumnado e titores de 3º da Eso e 3º Ciclo de Primaria  do noso centro Organizada polos Departamentos de Orientación e Actividades Extraescolares e Complementarias.

A exposición ten como obxectivo proporcionar ferramentas  eficaces e información actualizada para desenvolver una actitude crítica ante as drogas e poder tomar decisión responsables.

A través de innovadores módulos interactivos e audiovisuais, descubrimos os efectos do consumo de drogas sobre o cerebro, a saúde e o comportamento, así como o seu impacto na sociedade

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN, podedes ollar os enlaces seguintes:

Cartafol da Exposición

Visita virtual: http://www.hablemosdedrogas.org/exposicion/

 


Distribuir contido


by Dr. Radut