Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN TÉXTIL

Laura Carrillo e Claudia Figueira impartiron hoxe un interesantísimo taller de estampación téxtil a alumnado de 4º ESO.

CONMEMORACIÓN DA BATALLA DE CACHEIRAS. CARRAL

O alumnado de 1º ESO E de Cacheiras reuniuse co alumnado do IES de Carral para conmemorar a Batalla de Cacheiras, nesta ocasión en Carral.

Grazas aos Concellos de Carral e Teo por facelo posible.

A MOSTRA DE CÓMICS ESTÁ NO NOSO CENTRO

Xa podedes ver unha parte da Mostra de Cómics de 1º ESO que participou na Lvdi Compostellani.

Non vola perdades! Está no corredor principal.

DÍA DO LIBRO 2023. LECTURA DE EL QUIJOTE EN TODAS AS LINGUAS IMPARTIDAS NO CENTRO

Para celebrar o Día do libro, alumnado do centro leu un fragmento de El Quijote en castelán, galego, portugués, inglés, francés, latín, grego e ucraíno!

DÍA DO LIBRO 2023

Para celebrar o Día do libro o Equipo da Biblioteca organizou "Amadriña a cegas un libro" no que o alumnado pode escoller un dos libros ofertados, coñecendo só unha pequena reseña sobre o seu contido.

IV EDICIÓN DE GenTech

O alumnado de 1º Bacharelato A recibiu hoxe a visita de dous representantes da empresa Altia, que lles falaron das posibles saídas laborais das carreiras STEM, en particular das relacionadas coa informática.

Estas charlas están enmarcadas dentro do programa GenTech – DigiTalent da Xunta de Galicia.

DÍA DO LIBRO 2023

Mañá, no segundo recreo, celebraremos o Día do libro coa lectura do Quixote en todas as linguas impartidas no centro.

Será na biblioteca.

Non faltedes!

XERACIÓN(S) FRANCOS NO MICE PETÍS

O alumnado de 1º ESO A presentou este venres, día 21, no Museo do Pobo Galego o seu proxecto Xeración(s) Francos, dentro do programa MICE PETÏS.

CONMEMORACIÓN DA BATALLA DE CACHEIRAS.

O alumnado de 1º ESO E de Cacheiras reuniuse co alumnado do IES de Carral para conmemorar a Batalla de Cacheiras.

O profesor Humberto Busto foi o encargado de guiar ao alumnado neste roteiro organizado polos Concellos de Teo e Carral.

 

VISITA DO CLUB GALOGRIN

Esta semana recibimos a visita do Club deportivo Galogrin, que se achegou ata o noso centro para dar a coñecer ao alumnado as súas actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut