Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

VIAXE A LISBOA. DÍA 4 DE XUÑO

O domingo o alumnado percorreu a cidade de Lisboa.

ESTANCIA EN RAMSGATE. DÍA 4 DE XUÑO

Hoxe o alumnado visitou Canterbury.

VIAXE A LISBOA. DÍA 3 DE XUÑO

Dentro do proxecto Falar ao Mundo, que está realizando o Departamento de Portugués no presente curso, o alumnado de portugués partiu o día 3 de xuño cara a Lisboa, nunha viaxe na que visitarán diferentes cidades portuguesas.

O sábado coñeceron as localidades de Vila Real, Viseu, Coimbra e Santarém e chegaron a Lisboa, cidade na que se aloxarán estes días.

ESTANCIA EN RAMSGATE. DÍAS 2 E 3 DE XUÑO

O alumnado de 1º bacharelato partiu o día 2 de xuño cara a Reino Unido onde vai desfrutar dunha estancia en Ramsgate.

O sábado, día 3, visitou a cidade de Londres.

MANTEMENTO DO HORTO

O alumnado de Proxecto competencial segue coas tarefas de cultivo e mantemento do horto escolar. Réganse todos os días os cultivos e ponse palla nos bancais para que non saian malas herbas.

Tamén seguimos facendo compost. Esta semana botamos o pouso de té, café, cascas de ovo e mondas de pataca da cafetería.

FINALISTAS DO CONCURSO DE SONDAXES E EXPERIMENTOS DE SGAPEIO

Os alumnos Sergio Castro Baliñas, Diego Guimeráns Guillén e Xavi Riomao Hernández, de 1º ESO, resultaron finalistas do XIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos co traballo Caldo de áreas.

Defenderán o seu proxecto na Facultade de matemáticas o día 9 de xuño, para determinar quen será o gañador da fase autonómica, e que representará a nosa comunidade no concurso nacional.

Asimesmo, María Blanco Iglesias, Mateo Mata Millán e Montserrat Mayo Martínez, de 3º ESO, recibiron unha Mención neste mesmo concurso, polo seu traballo A incógnita das panteras.

Parabéns a todo o alumnado que traballou no Taller de Estatística este curso, o vindeiro ano, máis!!

VÍDEO RESUMO DA VIAXE DE FIN DE ETAPA DE 4º ESO

O profesor Raúl Gómez elaborou este vídeo resumo da viaxe de 4º ESO.

Grazas!

O CLUB VALENTES E O CLUB RUGBY COMPOSTELA VISITAN O NOSO CENTRO

Durante esta semana o alumnado puido coñecer unhas nocións básicas de rugby a cargo do Club valentes e o Club de Rugby Compostela, que animaron aos nosos rapaces e rapazas a practicar este deporte.

PAULA CARBALLEIRA VISÍTANOS DE NOVO

Paula Carballeira regresou ao noso centro para impartir o obradoiro de Narración Oral que xa é un clásico nas aulas de 1º ESO.

Grazas á ANPA por facer posible esta actividade.

 

AULA MELLOR COIDADA DO MES DE ABRIL

Distribuir contido


by Dr. Radut