Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

ÚLTIMOS TRABALLOS DO CURSO NO HORTO

As últimas tarefas deste curso que realizou o alumnado de Proxecto Competencial de 1⁰ e 3⁰ de ESO foron facer a tapa da composteira e o compost, tapar os bancais con palla e regar os cultivos que xa se ven moi crecidos.

No horto e no xardín xa se poden ver as cabazas, fresas, chícharos, xirasois, menta, hortensias, rosas, dalias e porro do cal os alumnos xa levaron un pouco para cociñar na casa.

O alumnado de 1º ESO xerminou sementes de limoeiro na casa que puxeron en testos e trouxeron ao centro. Plantaranse en setembro.

GAÑADOR DO TORNEO DE XADREZ 22-23

Juan González Morato, de 1º ESO D, foi o gañador do Torneo de Xadrez.

Parabéns a el e a todos os finalistas!!

 

SAÍDA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Hoxe o alumnado de 1º ESO visitou a DOMUS e o Aquarium Finisterrae.

Moitas grazas á ANPA por financiar esta viaxe.

RECOMENDACIÓNS DO CLUB DE LECTURA PARA O VERÁN

Aquí tedes as recomendacións lectoras que fai o Club de lectura para o verán.

100% DE APROBADOS NAS PROBAS DELF

Os 15 alumnos e alumnas que se presentaron ás probas DELF, acadaron o título (12 B1 e 3 B2).

O departamento de francés prepara ao alumnado para estas probas todos os anos, impartindo clases extraordinarias.

Parabéns a todos polo traballo realizado!!

MEMORIA FOTOGRÁFICA DA VIAXE DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS A LISBOA

Podedes ver estas e máis fotografías neste enlace

 

EXPOSICIÓN COLAXES SOBRE O PATRIMONIO GALEGO

Última exposición do curso na cafetería de colaxes sobre patrimonio galego realizada polo alumnado de plástica de 3⁰ de ESO.

VIAXE A RAMSGATE

Vídeo recordo da mini estancia en Ramsgate do alumnado de 1º bacharelato.


EXPOSICIÓN TEXTURAS NO CORREDOR PRINCIPAL

Os estudantes de Plástica de 1⁰ de ESO traballaron as texturas (naturais, artificiais, xeométricas, orgánicas, visuais e táctiles) a través dun traballo que consistía en reproducir os cadros de "A danza" e ”Ícaro" de Matisse e "O fillo do home" de Magritte con outras ou as mesmas cores dos orixinais pero empregando os seis tipos de texturas.

MÁSTERS DO DEBUXO. SEGUNDA SESIÓN

Como a primeira sesión foi un éxito, continuamos coa mostra de cadernos de artista o xoves.

Temos moito talento en 1º ESO!!

Distribuir contido


by Dr. Radut