Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

EXPOSICIÓN CON_LecerTeo

Durante esta semana estará no noso centro a exposición CON_LecerTeo.

CON_LecerTeo é un proxecto de investigación-acción participativa desenvolvido polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago de Compostela e o Foro de Participación Infantil e Adolescente (FoPIA) do Concello de Teo.

O proxecto comezou no curso 2020-2021 co obxectivo de comprender como a infancia de Teo xestiona os seus tempos de ocio (ámbito persoal e familiar, escolar e comunitario).

OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN TÉXTIL. RESULTADO FINAL

Podedes ver, no primeiro andar, a peza final rematada do obradoiro téxtil realizado por Laura Carrillo e Claudia Figueira con alumnado de 4º ESO.

II FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE CACHEIRAS

Este sábado a Aula de teatro do IES de Cacheiras organizou e protagonizou un roteiro teatral, poético e musical na Carballeira de Francos, que contou coa colaboración da Asociación Veciñal Carballeira do San Martiño e do Concello de Teo.

Posteriormente, no Auditorio Constante Liste a nosa aula de teatro, xunto co Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz, de Touro e a Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas puxeron en escena a obra As maletas dos contos viaxeiros.

Moitas grazas aos pais e nais, veciños e veciñas e profesorado que participaron nas esceas do roteiro, facendo seu este proxecto educativo.

REGRESAMOS Á RUTA DOS PETRÓGLIFOS

Un ano máis, o alumnado de 1º ESO coñeceu os petróglifos da área de Cornide, Mouromorto e Regoufe, nunha actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia en colaboración co Concello de Teo.

 

I CONCURSO GASTRONÓMICO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Co gallo do Día das Letras Galegas o EDLG e o Equipo da Biblioteca convocan o I Concurso Gastronómico do IES de Cacheiras.

Animádevos a participar! Agardamos polas vosas receitas e queremos probalas!!

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O Club de lectura de 4º ESO reuniuse para comentar La Malinche. En xeral, o libro gustou moito e deu pé para reflexionar sobre o importante papel desta muller que, coa súa intelixencia e dotes diplomáticos, contribuíu na aventura de conquistar o Imperio mexica xunto a Hernán Cortés.

O seguinte libro proposto polas alumnas, entre tres opcións para a escolla, foi  El extranjero, de Albert Camus.

 

PRESENTACIÓN DO II FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE CACHEIRAS

NOVA EXPOSIÓN NA CAFETERÍA: QUE PAISAXE GALEGA TATUARÍAS?

Que paisaxe de Galicia tatuarías na túa pel? O alumnado de plástica de 3⁰ de ESO deseña tatuaxes inspirados en lugares emblemáticos de Galicia que para eles son especiais. Todos os deseños foron realizados cos elementos gráficos plásticos máis pequenos, o punto, a liña e o plano.

PROBAS DELF

Hoxe o alumnado de bacharelato que así o solicitou, presentouse ás primeiras probas para obter a certificación en lingua francesa. A vindeira semana realizarán as probas orais. Moita sorte!

DOAZÓN CADERNOS A ARRETÉ

Despois do obradoiro de reciclaxe e reutilización de cadernos que se levou a cabo na Semana Cultural, todos eles foron entregados na Asociación non gubernamental Arreté de Teo.

Esta actividade foi coordinada pola profesora Manuela Posse.

Moitas grazas a tod@s os que colaborastes cos vosos cadernos e ao alumnado de 4º ESO pola súa iniciativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut