Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

GAÑADOR DO I CONCURSO GASTRONÓMICO DO IES DE CACHEIRAS

Mario Sánchez, de 1º ESO E, foi o gañador do Concurso gastronómico con esta riquísima bica branca. Parabéns!!

O NOSO HORTO AVANZA

As profesoras da materia Proxecto competencial están estes días construíndo os bancais na horta.

Grazas á colaboración da ONG Movemento pola paz, o noso horto vai tomando forma.

TRABALLO EN PROGRESO

O alumnado de plástica de 4º ESO está traballando neste mural... que ganas de ver o resultado final!

CONTE AVEC MOI, CON SAMUEL MOUNTOUMNJOU

Onte visitounos de novo Samuel Mountoumnjou, que realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés de 4º ESO e 1º Bacharelato.

Grazas á ANPA por financiar esta actividade.

 

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL DE QUÉROTE +

Durante esta semana, a organización Quérote+ está impartindo obradoiros de educación sexual para o alumnado de 3º ESO.

ROTEIRO CULTURAL POR COMPOSTELA

O alumnado da materia de Igualdade de xénero visitou este luns Santiago da man da historiadora Encarna Otero nun roteiro sobre as mulleres de Compostela.

A xornada completouse con varias visitas culturais na cidade.

EXPOSICIÓN DE TROFEOS PARA O PROFESORADO

Os estudantes de Plástica de 1⁰ de ESO elaboran trofeos para os/as seus/súas profesores/as e materias favoritos/as a partir das distintas fases do que se compón todo proceso creativo. Tratáronse diferentes técnicas, modos de facer e temáticas obtendo resultados moi sorprendentes e interesantes.

A exposición no corredor do IES de Cacheiras e o resultado dun gran traballo organizado, de experimentación, de ensaio-erro e moitas ganas e esforzo.

 

93% DE APROBADOS NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA

14 dos 15 alumnos e alumnas que se presentaron ás probas de Certificación en lingua inglesa conseguiron o título.

Parabéns a todos!!

 

VIAXE FIN DE ETAPA 4° ESO. 4° DÍA

Visitamos as Coves de l’Espluga de Francolí e o pobo de Montblanc pola mañá e, pola tarde, descubrimos Tarragona cunha visita guiada.

Despedímonos de Calafell cunha última andaina polo seu paseo marítimo.

 

 

VIAXE FIN DE ETAPA 4°ESO. 3°DÍA

O terceiro día pasámolo en Portaventura!

Distribuir contido


by Dr. Radut