Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

ESTANCIA EN RAMSGATE. DÍA 8 DE XUÑO

Último día en Ramsgate. Pola maña clases, pola tarde visita aos tuneis de Ramsgate e directos ao aeroporto de volta a casa.

ESTANCIA EN RAMSGATE. DÍA 7 DE XUÑO

Pola mañá clases e pola tarde busca do tesouro polas rúas da localidade.

Rematamos o día con festa.

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 4ºESO

Hoxe tivo a súa última reunión do curso o Club de Lectura de 4º de ESO para falar de El extranjero de Camus, que xerou un debate moi interesante acerca de temas como o sentido da vida, o absurdo, a morte ou a relixión. En xeral, non deixou indiferente a ningún dos membros.
Tamén aproveitamos para despedir a nosa alumna Irati Méndez, voluntaria da Biblioteca, e que marcha do centro ao rematar os seus estudos de 4º de ESO.

 

ESTANCIA EN RAMSGATE. DÍA 6 DE XUÑO

Despois das clases, andaina a Broadstairs para ver os acantilados e as praias.

Pola noite, xornada de xogos.

VIAXE A LISBOA. ÚLTIMO DÍA

No día de regreso a Galicia o alumnado visitou Batalha e Braga.

ATURUXO FILMS, FINALISTA DE LOS PREMIOS MENTES AMI DA FUNDACIÓN ATRESMEDIA

Imaxinando Realidades, de Aturuxo Films, finalista nos Premios Mentes AMI. Parabéns!

TRABALLOS SOBRE ARTE RENACENTISTA

Estudantes de 1⁰ de ESO traballan sobre obras da arte renacentistas e outras exipcias a partir dos elementos gráficos-plásticos de mínima expresión, o punto a liña e o plano nas clases de Educación Plástica Visual e Audiovisual.

NOVA EXPOSICIÓN NA CAFETERÍA!

O alumnado de Plástica de 3⁰ de ESO presenta un dos seus traballos de terceiro trimestre baseado nos xéneros pictóricos. Así pois, pódense atopar nesta mostra bodegons, vanitas,paisaxes, retratos, pintura fantástica, etc.

VIAXE A LISBOA. DÍA 5 DE XUÑO

Hoxe o alumnado visitou a Escola Secundaria da Ramada e pola tarde coñeceu a zona de Belém.

Tamén viaxou no teleférico sobre a Expo e o río Tejo.

ESTANCIA EN RAMSGATE. DÍA 5 DE XUÑO

Hoxe o alumnado asistiu a clases e percorreu a localidade na que están aloxados.

Distribuir contido


by Dr. Radut