Voluntariado de lectura-A

Resolución definitiva do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2023/24

 
 

 
 
O Portal Educativo vén de piublicar a Resolución definitiva de centros adheridos ao programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, nas modalidades de Voluntariado escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades  para o curso 2023/24. 
 
 
 
 

Resolución provisional de Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2023/24

 
 
 O Portal Educativo vén de publicar a resolución provisional de centros participantes no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, nas modalidades de Voluntariado escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas para o curso 2023/24.
 
 
Ábrese un prazo de tres días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.
 
 

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2023/24

 
 

 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 12 de decembro de 2023 da Dirección Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca para o curso 2023/2024 o programa denominado BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. 
 
 
 

Resolución definitiva dos centros ás iniciativas de Voluntariado para o curso 2022/23

 

 
 
Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva dos centros que se adscriben a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, segundo a convocatoria deste programa do  30 de novembro de 2022.
 
VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (alumnado de 5º e 6º de primaria): 75 centros inscritos. 
 
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR (alumnado de  secundaria e outras ensinanazas): 115 centros adheridos.
 
Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades  (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
 

Bibliotecas Escolares Solidarias 2021/2022

 

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 23 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2020/2021.
 
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
 
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 64 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada ao alumnado de  5º e 6º de primaria, no curso 2021/2022.
 
Esta é unha iniciativa integrada no Plan LIA 2021/2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades  (Dirección Xeral de Centros e RR HH) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. 
 

Bibliotecas Escolares Solidarias. Centros inscritos nos programas de voluntariado para o curso 2021/2022 (primaria e secundaria

 

 
 
Portal Educativo publicou as relacións de centros que se adscriben a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, segundo a convocatoria deste programa do  15 de novembro de 2021.
 
VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (alumnado de 5º e 6º de primaria): 68 centros inscritos. 
 
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR(alumnado de ensino secundario): 105 centros adheridos.
 
Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura Educación e Universidade  (Dirección Xeral de Centros e RR HH) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
 

Bibliotecas Escolares Solidarias 2020/2021

 
Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 18 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2020/2021.
 

Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 4 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
 
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 62 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada ao alumnado de  5º e 6º de primaria, no curso 2020/2021.
 

Bibliotecas Escolares Solidarias. Centros inscritos nos programas de voluntariado para o curso 2020/2021 (primaria e secundaria

Portal Educativo publicou as relacións de centros que se adscriben a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, segundo a convocatoria deste programa do  16 de novembro de 2020.
VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (alumnado de 5º e 6º de primaria): 62 centros inscritos. 
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR (alumnado de ensino secundario): 80 centros adheridos.
Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura Educación e Universidade  (Dirección Xeral de Centros e RR HH) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Bibliotecas Escolares Solidarias 2019/2020

 

Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 16 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2019/2020.

Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 10 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.

Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 88 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2019/2020.

 

 

Bibliotecas escolares solidarias. Centros inscritos nos programas de voluntariado para o curso 2019/2020 (primaria e secundaria)

 

Portal Educativo publicou as relacións de centros que se adscriben a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, segundo a convocatoria deste programa do  4 de novembro de 2019.

Segue aumentando o número de centros inscritos en cada un dos grupos:

VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (alumnado de 5º e 6º de primaria): 106 centros inscritos. 

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR (alumnado de ensino secundario): 121 centros adheridos.

Esta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e RR HH) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Concesión dos selos "Biblioteca Escolar Solidaria - 2019"

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 9 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a acción integrada no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2018/2019: o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".

   

1. Centros que renovan a súa candidatura:

  • CRA Mestra Clara Torres, de Tui (Pontevedra)
  • CPI P. Virxe da Cela, de Monfero (A Coruña)

2. Centros de nova candidatura:

  • CEIP P. San Marcos, de Abegondo (A Coruña)
  • CEIP P. de Graxal, de Cambre (A Coruña)
  • CEIP P. Raquel Camacho, de A Coruña (A Coruña)
  • IES Sofía Casanova, de Ferrol (A Coruña)
  • CEIP San Ramón, de Moeche (A Coruña)
  • CEIP da Pobra de Brollón, de A Pobra de Brollón (Lugo)
  • IES Xermán Ancochea Quevedo, de A Pobra de Trives (Ourense)
  • CEIP Pedro Antonio Cerviño, de Campo Lameiro (Pontevedra)
  • IES María Soliño, de Cangas de Morrazo (Pontevedra)t

TEXTO DA RESOLUCIÓN

Centros seleccionados de Voluntariado de lectura-A (primaria)

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a acción integrada no programa  "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2018/2019: Voluntariado de lectura-A (primaria). Participaron un total de 82 centros, dos que se seleccionaron 10 pola calidade e   variedade nas actividades neste ámbito:

 

  • CEIP Canosa-Rus, de Coristanco (A Coruña)
  • CEIP Raquel Camacho, de A Coruña (A Coruña) 
  • CEIP Ramón de Artaza, de Muros (A Coruña)
  • CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso, de Noia (A Coruña)
  • CEIP de A Pobra de Brollón, de A Pobra de Brollón (Lugo)
  • CEIP P. Virxe do Carme, de Sober (Lugo)
  • CEIP P. Manuel Bermúdez Couso, de A Pobra de Trives (Ourense)
  • CEIP P. A Pedra, de Bueu (Pontevedra)
  • CEIP Ramón de Valenzuela, de Silleda (Pontevedra)
  • CEIP P. Sobreira-Valadares, de Vigo (Pontevedra)

 

TEXTO DA RESOLUCIÓN

 

 

 

 

Bibliotecas Escolares Solidarias. Centros inscritos nos programas de voluntariado (primaria e secundaria)

 

 

Publicáronse no Portal Educativo as relacións dos centros que se adhiren a dúas das iniciativas incluídas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, segundo a convocatoria deste programa do pasado 30 de novembro de 2018. Segue aumentando o número de centros inscritos en cada un dos grupos:

Estas iniciativas son froito da colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (D.X. de Centros e Recursos Humanos) e a Consellería de Política Social (D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado). 

 

PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Centros seleccionados de Voluntariado de lectura-A (primaria) e Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2018

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 29 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven dúas das accións integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2017/2018: Voluntariado de lectura-A (primaria) e o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria". 

 

 

Participaron un total de 70 centros. Selecciónanse 10 centros, pola calidade e variedade das súas actividades neste ámbito:

  • CEIP P. Ricardo Tobío, de Muros (A Coruña)
  • CEIP P. O Grupo, de Ribeira (A coruña)
  • CPI de Fonte-Díaz, de Touro (A Coruña)
  • CEIP de Foz, nº 1, de Foz (Lugo)
  • CEIP P. Curros Enríquez, de Celanova (Ourense)
  • CEIP Carlos Casares, de Xinzo da Limia (Ourense)
  • CEIP de Foxo, de A Estrada (Pontevedra)
  • CEIP P. Manuel Sieiro, de Crecente (Pontevedra)  
  • CEIP Chano Piñeiro, de Gondomar (Pontevedra)
  • CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal (Pontevedra)
  1. Centros que renovan a súa candidatura:
  •     CEIP de Leirado, de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
  •     CEIP Seis do Nadal, de Vigo (Pontevedra)
  •     CEIP Montemogos, de Bueu (Pontevedra)

2. Centros de nova candidatura:

  •     CEIP P. O Ramo, de Fene (A Coruña)
  •     CEIP P. Virxe do Carme, de Sober (Lugo)

TEXTO DA RESOLUCIÓN

Relación de centros inscritos en "Voluntariado na biblioteca escolar" e "Voluntariado de lectura-A"

 

O Portal Educativo publica as listaxes de centros inscritos en dúas accións integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2017/2018:

  • Voluntariado de lectura-A (alumnado de 5º e 6º de primaria)
  • Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria)

Este programa foi convocado segundo Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do pasado 27 de novembro de 2017, froito da colaboración entre a CCEOU e a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Aumenta o número de centros adheridos a estes programas que xa acolleron un bo número de participantes no curso anterior. En Voluntariado de lectura-A (primaria) participaron no curso 2016/2017 un total de 1.919 alumnos e alumnas; no mesmo curso, realizaron actividades de voluntariado na súa biblioteca escolar un total de 803 alumnnos e alumnas de centros de ensino secundario. 

 

Centros seleccionados en Voluntariado de lectura-A: disfrutando dos premios

Na convocatoria da acción VOLUNTARIADO DE LECTURA-a para o curso 2016/2017 resultaron seleccionados 8 centros que foron agasallados con obradoiros de distinto tipo, a elixir; fomento da lectura e xogos tradicionais, obradoiro de lectura expresiva e de narración oral e obradoiro audiovisual. Vannos chegando noticia da celebración das sesións acordadas nos centros, coa participación do alumnado que realizou durante todo o ano labores de colaboración coa biblioteca escolar ou que participaron directamente na xestión de actividades de lectura compartida dentro ou fóra do centro. Ben o merecen!
Velaquí o exemplo do acontecido nos centros:

  • CEIP DE LEIRADO (Salvaterra de Miño, Pontevedra) 
  • CEIP A SANGRIÑA (A Guarda, Pontevedra)
  • Máis informacións nos blogue da biblioteca

  • CEP ALTAMIRA (Salceda de Caselas, Pontevedra)
  • (ver entrada no blogue do centro)

    Resolución "Voluntariado de lectura-A" e Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"

    O Portal Educativo publica hoxe, 22 de maio, a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias en dúas das súas accións: Voluntariado de lectura-A (Primaria) e o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" 

    1. Voluntariado de lectura-A: Seleccionaráronse 8 centros, vistas as memorias de actividades presentadas por 52 dos 56 centros inscritos nesta iniciativa.
    • CEIP Francisco Vales Villamarín, de Betanzos (A Coruña)
    • CEIP Nicolás del Río, de Cedeira (A Coruña)
    • CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei (Lugo)
    • CEIP P. Virxe do Carme, de Sober (Lugo)
    • CEIP P. Manuel Bermúdez Couso, de Pobra de Trives (Ourense)
    • CEIP A Sangriña, de A Guarda (Pontevedra)
    • CEP Altamira, de Salceda de Caselas (Pontevedra)
    • CEIP Leirado, de Salvaterra do Miño (Pontevedra)

    2. Selo "Biblioteca Escolar Solidaria": Concédese o Selo ao CRA MESTRA CLARA TORRES, de Tui (Pontevedra).

    Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura-A 2016

    Entre o 24 e 27 de maio celebráronse no CRD da Coruña (Culleredo) as Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura-A deste curso 2015/2016, coa participación de 50 nenas e nenos, xunto co profesorado que os acompañaba, procedentes de catro centros de distintos lugares de Galicia que participaran nesta iniciativa integrada no programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Un programa intenso de actividades pensado para que a experiencia fose educativa e enriquecedora: obradoiros de xogos cooperativos e tradicionais, lectura expresiva, narración oral, danzas do mundo, teatro, cantos e danzas tradicionais, formación de usuarios e elaboración dun booktrailer co teléfono móbil completáronse coa visita á Biblioteca Ágora e ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, ambos en A Coruña.

    Este vídeo, elaborado por Aurora Ramilo, do CEIP de Leirado, ilustra moi ben o ambiente vivido nestes catro días de convivencia e aprendizaxe por nenas e nenos que colaboran durante todo o ano na biblioteca escolar do seu centro,  unha actividade que lles axuda a medrar como persoas autónomas, con habilidades para a toma de decisións e o traballo colaborativo, ao tempo que reforzan as súas destrezas en materia de lectura e de escritura.  

    - Información sobre a visita á Biblioteca Pública Municipal Ágora en SUMA ÁGORA

    Voluntariado de lectura-A, 2015/2016. Centros seleccionados para as Xornadas de convivencia

    O Portal Educativo publicou recentemente a Resolución da D.X. de Centros e Recursos Humanos, de 6 de maio de 2016, pola que se resolve a convocatoria de Voluntariado de lectura-A correspondente ao curso 2015/2016, unha iniciativa integrada no programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Recibidas as memorias de actividades do alumnado voluntario na biblioteca escolar durante o presente curso, a comisión de valoración prevista na convocatoria acordou seleccionar catro centros de entre os inscritos nesta iniciativa, co fin de que unha representación do seu alumnado voluntario participe nas Xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura, a celebrar do 24 ao 27 de maio no Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo). Ao renunciar o único centro inscrito da provincia de Ourense, acordouse escoller un centro máis da provincia con maior porcentaxe de participación:

    Un grupo de 50 alumnas e alumnos (acompañados dun/ha profesor/a) procedentes destes centros participará durante catro días dun intenso programa de actividades todas elas relacionadas con actividades colaborativas, xogos tradicionais, lectura expresiva, xogo dramatizado, danzas do mundo, narración oral ou música e danza tradicionais. O programa complétase cunha visita á Biblioteca Pública Ágora e ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, de A Coruña. Cada grupo de alumnos e alumnas voluntarios da lectura terá oportunidade para amosar aos seus compañeiros e compañeiras as actividades que ao longo do curso realizaron como axudantes da biblioteca escolar na xestión da biblioteca pero tamén na organización de actividades de lectura destinadas a outros alumnos e alumnas do centro, as chamadas activdades de lectura compartida dentro ou fóra do centro.

    Centros adscritos a accións de voluntariado na biblioteca escolar. Bibliotecas Escolares Solidarias 2015/2016

    O Portal Educativo publicaba o venres 29 de xaneiro a listaxe de centros adscritos a dúas das accións contempladas na convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2015/2016:

    Este programa é o resultado dunha colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de Cultura, Educación e O.U.) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social).

    Xornadas de Voluntariado de Lectura-A en Culleredo 2015

       Do 26 ao 29 de maio, o CRD da Coruña (Culleredo) acolleu ao alumnado de Voluntariado de Lectura-A de catro centros galegos que foran seleccionados entre os 42 que presentaron memoria de actividade, ao abeiro deste programa iniciado no curso 13/14 e que actualmente se integra no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias".  Un total de 49 nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria dos centros gañadores participaron nas XORNADAS DE CONVIVENCIA DO VOLUNTARIADO DE LECTURA cun programa intenso de actividades relacionados coa lectura o traballo cooperativo e a educación en valores de voluntariado e solidariedade.
     

    A rapazada asistente a estas xornadas de convivencia procedían dos seguintes centros: 

    • CEIP Vales Villamarín, de Betanzos (A Coruña)
    • CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei (Lugo)
    • CEIP Carlos Casares, de Xinzo da Limia (Ourense)
    • CEP Altamira, de Salceda de Caselas (Pontevedra) 
    O alumnado estivo acompañado en todo momento por unha profesora de cada centro e polos membros do equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Esta actividade está organizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e conta coa colaboración do Centro Residencial Docente de A Coruña.

    Voluntariado de Lectura - A: centros seleccionados para as xornadas de convivencia 2015

     

    Publicada no Portal Educativo a resolución de 13 de maio de 2015 pola que se comunica a selección de centros que, finalmente, participarán nas xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura-A (5º e sexto de primaria), que terán lugar no CRD da Coruña (Culleredo) entre o 26 e o 29 de maio. Un grupo de 50 nenas e nenos, en representación dos voluntarios e voluntarias da biblioteca escolar do seu centro, asistirá a estas xornadas nas que participarán en obradoiros e actividades diversas relacionadas coa lectura expresiva, a narración oral, os xogos cooperativos e tradicionais, o traballo colaborativo, a robótica, o teatro, as danzas do mundo ou bailes tradicionais. Visitarán, así mesmo a Biblioteca "Ágora" e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnología (MUNCYT) na Coruña. Dos 45 centros inscritos neste curso presentaron memorias das súas actividades un total de 42 centros, con experiencia nas distintas modalidades (colaboración na biblioteca escolar, lecturas compartidas dentro do centro, lecturas compartidas fóra do centro). Estes"voluntarios de lectura" procederán dos seguintes centros:

    • CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña)
    • CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo)
    • CEIP Carlos Casares (Xinzo da Limia, Ourense)
    • CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra)


    Listaxe de centros inscritos na acción Voluntariado de lectura-A

     
    O pasado 24 de novembro publicábase no Portal Educativo a Resolución da Dirección Xeral de Centros e RRHH pola que se impulsa, por segundo ano, o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado dos centros de ensino non universitario, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da iniciativa denominada Voluntariado de lectura - A, para o curso 2014/2015. Esta iniciativa queda acollida ao programa Bibliotecas Escolares solidarias, segundo resolución da D. X. de Centros e RRHH de 5 de decembro de 2014. 
    Rematado o prazo de inscrición, publícase agora a relación de centros inscritos nesta iniciativa, que desenvolverán as súas actividades durante o presente curso 2014/2015 e que antes do 25 de abril deberán remitir a memoria correspondente para a súa valoración. 
    Entre as memorias presentadas, elixiranse catro centros dos que un total de 50 alumnos e alumnas participarán nunhas xornadas de convivencia que terán lugar no CRD da Coruña, a finais de maio/comezos de xuño de 2015. 
    O total de centros inscritos é de  45, coa seguinte distribución:
    • A CORUÑA: 15 centros
    • LUGO: 6 centros
    • OURENSE: 3 centros
    • PONTEVEDRA: 21 centros

    Voluntariado de lectura-A. Curso 2014/2015

    O Portal Educativo publica hoxe a Resolución do 24 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se pretende impulsar o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria, dos centros de titulariade da Consellería de Cultura, Educación e O.U., a través da iniciativa denominada "Voluntariado de Lectura-A", integrada no programa Hora de Ler, para o fomento da lectura nos centros de ensino, e para o curso 2014/2015.

    Os centros interesados poden presentar solicitudes desde hoxe e ata o 15 de decembro, mediante o impreso e o procedemento recollido na resolución. 

    As memorias de actividades desenvolvidas ao longo do curso presentaranse, posterioremente, con data límite do 25 de abril de 2015. 

    As accións recollidas por esta convocatoria están relacionadas co labor de voluntariado cultural que desempeña o alumnado colaborador da biblioteca escolar, ben na xestión e dinamización da biblioteca, ben no deseño e desenvolvemento de actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro. 

    O alumnado dos centros finalmente seleccionados participarán, coma no curso anterior, nunhas xornadas de convivencia que se desenvolverán no CRD de A Coruña, a finais de maio/comezos de xuño. 

    Esta iniciativa é froito da colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e RRHH (Consellería de Cultura, Educación e O.U), e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar), integrándose como programa de voluntariado.