Skip to Content


 

Lingua Francesa

XORNADAS MICOLÓXICAS

       

 

XORNADAS MICOLÓXICAS

O Departamento organiza cada outono unha exposición micolóxica no centro.

 

 

 

FESTAS

                                                                    La Chandeleur

 

Hoxe en día é a celebración das Candelas dans les igrexias e tanto ou mesmo máis é a festa das crêpes.

A tradición ven de lonxe: da festa dedicadas a Lupercus en Roma, da celebración da deusa Brigit entre os Celtas, e da purificación da Virxe na Idade Media. As crêoes teñen unha forma redonda e dorada que recorda ao sol, dado que os días empezan a medrar e a notarse ostensiblemente nestas datas. É a época na que as semillas empezan a medrar. As crêpes se facían ca fariña excedentaria, o que era un simbolo de prosperidad para o futuro.

É típico dar a volta á crêpe cá man dereita sostendo unha peza de ouro. Se a crêpe aterriza sen novidade significa prosperidade.Ademais a primeira crêpe debe gardarse nun armario ( algúns precisan que no alto) para que as colleitas sexan abondantes.

Esta festa gastronómica celébrase o 2 de Febreiro.

 

 

                                                                            La Saint Valentin

 

   O día 14 de febrero celebramos o día dos namorados ca confección de corazóns e a aprendizaxe de “comptines” e poesías relacionadas co tema do amor. Aproveitamos para repasar temas morfosintácticos coma os adverbios de cantidade, formas, cores, etc…

OUTONO E NADAL

Outono e Nadal no Departamento

 

Paul Verlaine acompañounos neste Outono cas súas poesías que aprendemos e declamamos, ademáis da  confección de follas outonais en cartulina.

 


 

 

 

 

 

VERNE E MOLIÈRE

 

“Veinte mil leguas de viaje submarino"  

 

Es una obra narrada en primera persona por el profesor francés Pierre Aronnax, notable biólogo que es hecho prisionero por

el Capitán Nemo y es conducido por los océanos a bordo del submarino Nautilus, en compañía de su criado Consejo y

el arponero canadiense Ned Land.

O alumnado disfrutou das aventuras imaxinadas por Xulio Verne dentro deste xénero de aventuras, ciencia e adelantamento” do que o autor francés é un  referente.

 

  

O enfermo imaxinario"  de Molière

 

Argán é un home vello e rico e sobre todo moi hipocondriaco! Cre que padece todas as enfermedades e

síndromes.Co obxectivo

de ter permanentemente un médico a súa disposición, decide casar a súa filla Angélique cun licenciado en

medicina, o señor 

Thomas Diaforus,.Pero Angélique ama a Cléante en secreto.  

Os namorados, animados por Toinette, a criada da casa, muller particular que lles axudará a vivir o seu amor. 

Boa posta en escea da compañía La Bohème Théâtre que foi do agrado do noso alumnado pola propia temática da

obra e polos

chiscos de humor dos actores que permetiron entender mellor a obra ao mesmo tempo que pasar realmente unha excelente velada teatral.

 

 

  

 

 

 

MOTECES: Quen?

Dentro do ciclo de teatro amateur programado na Mostra, os grupos de 1º da E.S.O. asistimos a obra :”Quién” de Román Godás Ibáñez, interpretado polo Equipo Xogos Florais 2.0 do Colexio Plurilingue de Franciscanas.

A historia céntrase nos 15 anos da protagonista, Ana, e trata das diversas opcións da vida, todas interesantes pero máis cedo que tarde hai que elexir.  Na súa cabeza ten moitas inquedanzas e ela finalmente decántase pola solidaridade, o voluntariado e a xustiza social

   

MARRON

     

Heloïse: Asistente de conversa

Durante os meses de maio e xuño teremos a presenza de Heloïse nas clases de francés. Empezaremos cos niveis superiores para encontrarse despois con todos os niveles da ESO.

Heloïse é licenciada en Literatura e ilustradora. Constitúe un elemento motivante nas clases de francés e foi moi ben recibida dende a primeira clase onde nos contou a Lenda medieval de Abelardo e Heloïse de onde ven o seu nome.

 

A Bella e A Besta

  BHM Producciones representou no Auditorio de Ourense para todo o alumnado de francés a obra de teatro A Bella e A Besta.  Conto de tradición oral centroeuropea e asiática –onde se coñece coma A Serpe Fada-- recollido por Gabrielle-Suzanne de Villeneuve no século XVIII (máis tarde grazas a Jeanne-Marie Leprince de Beaumont obtivo un éxito importante que continúa hoxe en día).

  A posta en escea desta volta recolle a historia orixinal do XVIII (despoxada das influencias posteriores e actuáis lixeiramente alonxadas da orixinal) .

  G-S de Villeneuve decidiu ofrecer ao mundo unha bonita herdanza, unha lección de conduta: distinguir entre a fealdade física e a fealdade moral e defender por enriba de todo a intelixencia, a bondade de corazón e de alma  escondidos, as veces baixo un tímido corpo ingrato.

 

O burgúes xentilhome de Molière

O alumnado de 3º e 4 da E.S.O. que cursan francés como LE-2  asistiron no Teatro Principal da nosa cidade a posta en escea dunha das pezas máis coñecidas e representativas do teatro francés do XVIII: O Burgués Xentilhome pola compañía teatral “La Petite comédie française”.

Trátase dunha comedia que conta as aventuras de Monsieur Jourdain, un burgués obsesionado pola idea de parecerse a un noble aristócrata. Para conseguilo rodease de costureiros e maestros especializados nas diferentes disciplinas:filosofía, música, esgrima,etc…

As críticas que presenta Molière baixo unha cuerta de mofa son moi actuáis. Que conta máis Être ou Paraître!!! (ser ou aparentar!)

   

Día da Francofonía

O 20 de marzo de cada ano, celébrase o día da Francofonia. O concepto de Francofonía foi acuñado por O. Reclus no XlX e retomado polo escritor e estadista senegalés, premio Nobel de  Literatura Léopold Senghor.

O Departamento de francés festexouno coa confeción dunhas carpetiñas ou petiños feitos a partir de tetrabricks (aportados polo alumnado e polo profesorado todo quen colaborou nesta iniciativa). Estas carpetiñas conterán unha mensaxe, traballo ou estudo etimolóxico feito polo alumnado segundo o seu nivel ( de 1º a 4º da E.S.O.)

Queremos metelos nunha cápsula do tempo que se abrirá en……….!!! E que ten as seguintes coordenadas: Latitude: 42.348251 e lonxitude: -7.839206.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut