Skip to Content


 

Lingua Francesa

Teatro en francés no Auditorio:

 

Les trois mousquetaires de Alexandre Dumas.

 

Luns 3 de febreiro imos ao Auditorio da cidade ao encontro nunha boa compañía francesa:La Bohème Théâtre (unha compañía que coida moito os seus espectáculos e pon especial acento nunha boa dicción). Esta vez tócanos ver unha adaptación dun clásico da Literatura mundial. Porque quen non coñece D'Artagnan e os seus amigos :Aramis o galante, Porthos o borrachiño e Athos o atrevido...?

O novisimo D'Artagnan deixa a súa Gascoña natal para ir a Paris a formar parte da privilexiada garda do Rei: os honorables Mosqueteiros.

Ao lado dos seus amigos o noso heroe descobre as intrigas e confictos dunha monarquía rodeada de enemigos, a saber Milady e o Cardenal Richelieu.

Antes do espectáculo traballamos na clase tanto a obra coma a vida de Dumas, autor doutras coñecedísimas obras como O Conde de Montecristo, ou A raiña Margot. Vimos o concepto de “nègre littéraire” e un bo número de expresions e vocabulario novo: surnois, méchant, ou revisamos outro coma: dangereux, courageux, beau...

Non queremos rematar sen agradecer esta fantástica oferta ao Concello que apoia e reforza á lingua francesa no sistema educativo ouresá.


Roteiro Literario (A Atenas galega)

 

Nunha mañanciña luminosa e invernal saímos de roteiro literario cos alumnos de galego de Primeiro e Cuarto.

 

O noso percorrido empezou nas Burgas, emblema da nosa vila, e subindo cara ao casco vello percorrimos os lugares senreiros onde un día Ourense foi considerada coma a Atenas galega pola cantidade e calidade de autores, homes de letras comprometidos coa súa terra e que lles levou a escribir na lingua dos primeiros trobadores medievais galegos.

  

 

As titorías de Segundo van ao cine

Os alumnos de 2º A e B sairon ao Auditorium para ver a película Katmandú baseada na vida de Victoria Subirana unha mestra catalana que hai xa 25 anos marchou a Nepal a ensinar e co tempo creou unha nova pedagoxía innovadora que ela denomina Pedagoxía Transformadora.

  A peli recolle uns rincóns preciosos deste país asiático e é unha crónica bastante novelada da súa vida.

  Ao final del film, a propia Vicky en persoa veunos ver a animar a ser fortes na vida e a aprender sempre.Pola tarde un grupo de profesores tivemos a sorte de compartir as súas enseñanzas e o seu saber ao mesmo tempo que a súa enerxia e ese sorriso que non se lle vai da boca mesmo ante as dificultades.

O gusto polo teatro clásico.

Ningún alumno debería perderse a forza, a belleza e a capacidade de creación dun xenio como Jean Baptiste Poquelin, o extraordinario e difícilmente insuperable Molière

  O seu Tartuffe mostra como persoeiro universal e epitome de todas as non virtudes: o falso amigo, o falso confidente, o falso devoto…. mostra todo o que non se debe ser, como non se debe un comportar.

   Isto é o que vimos ver cunha deliciosa posta en escea , un vestuario vistoso e un equilibrio entre o francés e cuñas en castelán para seguir ben a obra.Parabéns á compañía!

    

ACTIVIDADES DEPARTAMENTO FRANCÉS

No seguinte enlace tedes un resumo das actividades realizadas polo Departamento de Francés co alumnado de Mende

Actividade Nadal

A titoría de 1º- A adéntrase no mundo Clásico

 

No soplan desgraciadamente muy buenos vientos para el mundo Clásico Greco-Latino.Sin embargo, hay gente volcada en la tarea de que no nos olvidemos de esta riqueza cultural.Y así el pasado martes 14 de mayo fuimos gracias a Moteces, a darnos un chapuzón de Mitología.

En la autorización del alumnado aparecía que veríamos “Las Metamorfosis” de Publio Ovidio Nasón en el teatro de Maristas. Pero por arte de magia aparecimos en Tomis (en el Po cerca del Mar Negro, la actual Constanza) donde vivió su destierro el gran poeta latino.

Ovidio nos trajo a Mercurio, dios del comercio, hijo de Júpiter, quien llevaba los sueños de Morfeo desde el valle de Somnus a los humanos que dormían.

Tras el aparecieron ninfas danzarinas, dioses y diosas. Toda una panoplia de parejas, de “flirts” sentimentales que harían competencia al más chic de los “Hola”

Por contar algo, la encantadora Proserpina diosa de la vida, la muerte y la resurrección, hija de Ceres y Júpiter, es raptada por Plutón para casarse y vivir en el Hades. Ceres, su madre, la buscó y encontró sólo un cinturón (en un lago hecho con lágrimas de las ninfas). Comió las semillas de la granada y la madre consiguió que estuviera seis meses con ella y seis meses con su marido en el inframundo.

Otra historia: Apolo, dios del sol y la música fue maldecido por Eros por burlarse de sus flechas. Eros lanzó una flecha de oro para Apolo de amor y una flecha de hierrro para la ninfa Dafne que lo aborreció. Su padre Peneo quería nietos para ella.Pero ella quería quedarse soltera como su hermana Artemisa. El la buscó por doquier pero ella terminó convirtiéndose en árbol

...Y otra más: Euridice, ninfa de Tracia.Un día Orfeo la conoce y se enamora de ella. Aristeo intenta raptarla, ella se escapa, pisa una víbora, la muerde en un píe y provoca su muerte. Orfeo va al inframundo, le pide a Caronte que le pase la laguna Estigia y lo consigue embelesándolo con su lira.Convence al can Cerbero para que abra las puertas del inframundo. Orfeo pide ver a su amada.Hades accede pero le pide que no mire el rostro de Euridice hasta que hayan salido del infierno.Pero no contiene su impaciencia, la mira y ella se convierte en sombra. El es expulsado y pierde a su amada.

Cúanta pulsión amorosa en poco tiempo.Todo aderezado con música, haciendo guiños a nuestro mundo real, a esos occidentales modernos! Que éramos nosotros y que lo disfrutamos y vivimos con complicidad,entusiasmo, risas.

Este curso hubo pocas salidas para los de primero de ESO, pero ésta fue de lo más granada.


Teatro-Tertulia

 

Venres, 25.I.2013, poñémonos as nosas mellores galas... é só un dicir....para ir ao teatro. Este curso só hai mozas e francamente non precisan de moito arrebol (xa levan unha bagaxe de estudo previa) para estar á altura de ver unha peza de teatro mondialmente coñecida tanto en versión teatral, como cinematográfica: Les Misérables do gran escritor do século XIX Victor Hugo.

Coma sempre fixémos un pequeño cenáculo de preparación comentando, lendo anacos en voz alta,(a lectura persoal dáse por suposta!,é esencial). Falamos do tráxico Jean Valjean, o “prota”, da vida miserable da época,da misérrima Fantine, da tenra Cosette,do rexime carcelario da época e de Javert,adalide do mal frente ao ben, delgada liña na que sucumbe.

Ampliamos un pouquiño o coñecemento deste gran monstruo que é Victor Hugo, e penso que as alumnas casi se o imaxinaban paseando non lonxe da súa casa do Marais parisino, home excelso, gran dibuxante,un prohome da Literatura Universal sen ningunha dúbida.

A peza, de extraordinarias dimensiones, en todos os bós sentidos da palabra, estaba adaptada en extensión.Foi toda enteramente en francés e sinceramente a representación de “La Bohème Théâtre” recibiu os aplausos e felicitacións que merecían.

 

Compartimos, e finalizamos a nosa saída desta volta cunha visita ao Centro de Formación “Antonio Faílde”, organizado polo Departamento de Plástica.

Unha agradable colaboración entre departamentos no que incluímos o de Actividades Extraescolares.Grazas a ambos os dous.


Primeiro A: un grupo solidario

  Á titoría de primeiro A gústalle definirse coma A de “atentos”.Iso esperamos o cadro de profesores que lles damos clase e que se verá na primeira avaliación, xa próxima!.

  Pero eles queren lucir tamen a A de atentos cos demáis, e nese senso participaron comprando un lapiz solidario que irá destinado a rapaces da súa idade en Camerún onde ir á escola é un agasallo e para alumnos con especiais dificultades. Ademais de aprender materias comúns, estes alumnos aprenden francés que é a lingua franca usada entre diferentes comunidades que posúen unha lingua propia.

  Algún alumno máis de francés doutros niveis participou nesta aposta solidaria.

  

O Departemento de Francés sae ao teatro

Nunha mañanciña outonal o alumnado de 3º e 4º de E.S.O. foi á sala de actos de Salesianos a ver a obra de teatro L'Avare do inmortal autor francés do dezaste:Molière (máis coñecido na súa casa como Jean Baptiste Poquelin)!).

  O día empezou xa cun toque francés porque o conductor do autobus que nos levou cara a Ourense era un rapaz nado en Suiza e xa fomos quentando motores na lingua veciña.

  L'Avare ten como subtitulo  A Escola da mentira.En efecto, a avaricia se mestura ca mentira para dar como resultado esta obra chea de equivocos, de situacións cómicas (as veces rocambolescas) pero sempre cun transfondo e unha mirada de gran observador. Molìere é un autor modernísimo e isto que repito nas clases, o confirman os alumnos na representación.De feito, todos estos males da nosa sociedade están xa nas súas obras: a misoxinia, a avaricia (como é o caso que nos ocupa hoxe),a mentira,etc.

  O avaro chámase Harpagón, un home que vive para o por os cartos.Está namorado de Marianne, sen saber que o seu propio fillo,Cleante tamen.Mesmo así o verdadeiro e único amor de Harpagón é o diñeiro.

      

Le français en images

    A base para a aprendizaxe dunha lingua estranxeira é a experiencia directa dos aprendices, a realidade que lles rodea e as diversas situacións onde se ven envoltos cada dia e coas que se deben identificar.

  A aprendizaxe debe ser coma unha viaxe a través da cultura de Francia e os países francófonos onde descubrir aspectos xeográficos,históricos, gastronómicos, da vida cotiá e así coma productos típicos e persoeiros do pasado e do presente.

  A metodoloxía debe ser esencialmente de tipo comunicativo, con unha perspectiva accional e disciplinar descrita no CECRL, deixando lugar a unha presentación exhaustiva e progresiva das dificultades gramaticais e fonéticas a través de diversos tipos de documentos (diálogos,debuxos,textos, fotos,documentos auténticos…).

  Esta exposición quere amosar (con algún que outro erro que decidimos deixar tal cal, e dos que se debe aprender,nunca castigar) a perspectiva persoal e particular dos alumnos ,dándolles así a opción de facer realidade o obxectivo da materia: que saiban expresarse en todas as destrezas  en francés, segunda lingua estranxeira.

Distribuir contido


by Dr. Radut