Skip to Content


 

Lingua Francesa

A Bella e A Besta

  BHM Producciones representou no Auditorio de Ourense para todo o alumnado de francés a obra de teatro A Bella e A Besta.  Conto de tradición oral centroeuropea e asiática –onde se coñece coma A Serpe Fada-- recollido por Gabrielle-Suzanne de Villeneuve no século XVIII (máis tarde grazas a Jeanne-Marie Leprince de Beaumont obtivo un éxito importante que continúa hoxe en día).

  A posta en escea desta volta recolle a historia orixinal do XVIII (despoxada das influencias posteriores e actuáis lixeiramente alonxadas da orixinal) .

  G-S de Villeneuve decidiu ofrecer ao mundo unha bonita herdanza, unha lección de conduta: distinguir entre a fealdade física e a fealdade moral e defender por enriba de todo a intelixencia, a bondade de corazón e de alma  escondidos, as veces baixo un tímido corpo ingrato.

       

A volta do mundo en 80 días. De Jules Verne

Jules Verne, escritor francés, visionario, considerado o fundador da moderna Literatura de ciencia-ficción, escribiu dende a súa acomodada casa da baía de Nantes a meirande parte da súa producción.

A obra que nos ocupa conta as aventuras do gentleman inglés Phileas Fogg e o seu fiel criado Passepartout quen fai unha aposta arriscada: dar a volta alrededor do mundo soamente en 80 días tendo en conta os medios de transportes da época.(século XIX)

A súa fe no progreso vai da mán nos seus héroes có valor, a intelixencia, a bondades empre triunfantes sobre a ignorancia e a estrechez de miras.

 

Os Cogomelos teñen "marcha"

Este ano queremos rendir homenaxe a catro destacados micólogos internacionais que actualizaron as tradicionais clasificacións micolóxicas e nos permitiron identificar fungos dende unhas claves sinxelas que nos levan a un coñecemento científico. Estes grandes coñecedores son os grandes mestres: Mariano García-Rollán. Marisa Castro,Marcel Bon e o seu discípulo (que en moitos aspectos superou ao seu mestre:Régis Courtecuisse). A todos eles( e moitos máis...) o noso recoñecemento!!!

Un “sabio” ven a vernos

Dentro das actividades da materia de Oratoria o pasado xoves tivemos a primeira visita de honra de un gran sabio : don Antonio Saco que desplegou as súas dotes de orador diante da clase de 1º A e B deleitando a todos ca súa sapiencia a a súa capacidade de ben falar e convencer

Inmersión Lingüística 2017

 
Este curso por primeira vez o Departamento de Francés organizou unha estadia lingüística na localidade de Deva (Asturias) durante catro días e dezaoito alumnos que cursan francés LE-2.
Houbo xa unha reunión cos pais case a finais do curso anterior. Durante o curso 2016/17 as familias foron abonando o custe da estadía. E para o prezo do bus os alumnos axudáronse vendendo papeletas para unha rifa (idea da Dirección do centro).
A viaxe resultou realmente enriquecedor para o alumnado a todos os niveis e sobre todo lingüístico que era o obxectivo fundamental do Departamento.
Agradecemos a participación e apoio das familias, o alumnado e a comunidade educativa de Mende.

 

Suspendéuse a función MOTECES 5/5/17

Dentro da XIV ª Mostra de Teatro Escolar que organiza o Concello cada ano por estas datas, hoxe día 5 comeza as 12.OOh a primeira das obras programadas como é habitual na Escola de Artes Escénicas da cidade.

Os dous grupos de Primeiro da ESO asistiron a representación Suspendéuse a función da man do grupo “Vedruna” do CPR Sta Teresa de Jesús. A defensa do Teatro e do seu teatro fronte as dificultades que o asexan , a boa posta en escea e traballo actoral centraron o interés do noso alumnado

 

O Enfermo Imaxinario de Molière

O Departamento de Francés levou ao alumnado de 3º e 4º E.S.O. ao Teatro Principal ver a obra do comediógrafo francés: Jean Baptiste Poquelin, coñecido como Molière.

Argan é un home vello e rico, convencido que ten todas as enfermidades do mundo. Vive rodeado de médicos sen escrúpulos. Ocúrreselle casar a súa filla Angélique cun médico, mais o corazón desta última pertence a Cleante,… coñecéronse e xurdiu o frechazo!

 

Le Petit Prince (O Principiño)

   Un aviador fica perdido no medio do deserto despois dun accidente do seu aparello… de súpeto aparece un neno que di ser un Principiño… fala dunha flor, de debuxar un ano,de persoas que atopou ao longo dos diferentes mundos que visitou:o rei absoluto, o vanidoso, o bébedo, o faroleiro, o home de negocios… todo un periplo de historias, de persoas e persoeiros sempre na busca dun do máis fermosos dos sentimentos…. A  amizade.!!!

A compañía “Voilà” versionou esta novela de Saint Exupéry para poñela en escea no decimonónico teatro da nosa cidade.

   

A zapateira prodixiosa en MOTECES

O alumnado de 1º A e B ESO asistiron a esta obra de García Lorca interpretada polo alumnado do IES “Blanco Amor” dirixidos por Marga Varela.

Desta volta a obra foi representada en castelán con bastante acierto dos actores. Unha boa moza de 18 anos casa cun home de oficio zapateiro e xa na cinquentena. A diferencia de idade e outros componentes farán que a parella provisionalmente se separe….

 

Queres facer máis creativa a túa Vida?

  O ourensán Rubén Ríos (actor e realizador) visitounos no centro no mes de marzo. Engaiolou aos rapaces explicándolles a curta e o documental que realizou ao longo de dous anos e medio de preparación previa.

   Quedamos tan sensibilizados coa visita de Rubén e os dous actores principais que aceptamos a invitación para ir ao Centro Marcos Varcálcel (Deputación) para visualizar tanto a curta como o documental

“Vida” ( a curta) conta ca participación de actores amateurs con algunha discapacidade e actores profesionais coma Estíbaliz Veiga, Cristina Castaño,Mariana Carballal e Javier Gutiérrez.”Vida” é una historia mistura de arte, entretemento e comunicación llea de sensibilidade.

“Máis ca Vida” é o documental que recolle as tetemuñas reais do dia a dia e anécdotas antes da rodaxe, as súas alegrías, dificultades, sentimentos, toda a súa bagaxe persoal.

Rubén invitounos a resumirlo en unha palabra,apareceron algunhas coma: gratitude, empatía, amizade. Reflexionou sobre a posibilidade de quitar partido das nosas dificultades e handicaps para facer algo “grande”.

A experiencia conseguiu impactarnos positivamente ás dúas clases de 1ª A e B.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut