Skip to Content


 

Lingua Francesa

ALLONS AU THÉÂTRE!

O alumnado de francés asistiu á súa segunda obra de teatro este curso. Nesta ocasión tocoulle o turno ao "Cyrano de Bergerac" de Rostand. Unha obra situada no seculo XIX que conta os amores de Roxanne e o seu namorado Christian, levados pola poesia de Cyrano, namorado á súa vez da dona pero demasiado condicionado por un desmesurado nariz pra declararlle o seu amor.

      

taichi

  “Outras” actividades en titoría (1º B da E.S.O.)

 

  Ao longo do curso todos os titores tratamos de facer actividades cara a coordinar, dirixir, detectar situacións académicas e de relacións no grupo, axudar a distribuir o tempo de estudos, crear hábitos de responsabilidades....en fin, unha morea de pequenos grandes detalles. 

 Quizáis as veces esquecemos que a vella consigna de “mens sana in corpore sano” non perdeu vixencia nos nosos tempos. 

 Co obxectivo de seguir na tónica de estar sempre con e por os alumnos, invitamos a uns profesores de artes marciais para axudar a encarar co ejercicio físico e mental do taichi,wu-shu, e algo de kunfú, este fin de curso sempre tinxido de stress. 

 Os alumnos practicaron con interés, entusiasmo e desigual resultados os ejercicios marcados polos profesores, a quen agradecemos a súa desinteresada visita e a súa clase magistral.  

 

   

 

 

  Os alumnos de cuarto de francés laureados! 

 Para unificar títulos e diplomas na área dos idiomas dentro do cadro europeo de linguas estranxeiras, creouse un portfolio cos diferentes grados de aprendizaxe aplicada a calquera lingua e en todo o territorio europeo. Así evítanse problemas de convalidacións e dificultades de avaliación dun nivel de lingua. 

 Na asignatura de lingua francesa, hai xa anos que puxemos en práctica estes grados. E como acto simbólico, damos unha titulación en forma de diploma absolutamente sen valor académico, pero que ten a finalidade que os alumnos saiban o seu nivel despois de catro anos de francés no noso centro. 

 Despedimolos, sempre con certa tristeza mesmo que con esperanza xa que os alumnos que marchan teñen todo o seu futuro por diante e cremos que marchan ben preparados para encaralo.   “à mes fidèles, bonne chance et bonne route!”.

 

 

 

Actividades 2010/2011

No mes de setembro, recén estreado o curso e en colaboración co Departamento de Galego, os alumnos de 3º e 4º ESO asistiron no Auditorio de Ourense á representación de O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca  de Álvaro Cunqueiro a cargo do grupo de Teatro Sarabela quen nunha posta en escea chea de golpes escénicos, luces, sombras, ventos, vestuario atractivo e unha maestria da que fan gala en cada actuación, deixounos impactados ca vida deste triste,coitado, desafortunado,malfadado e desgraciado Hamlet.

 

       Abril: actividades mil:    Le fantôme de l’opéra”, 

          Animación do “Zorro”, Excursión a Vigo:

 

Dentro das actividades do Departamento para o segundo trimestre, a primeira semana de abril está enchida delas.

- O luns 4 imos ao teatro no salón de actos dos Salesianos para asistir á representación da célebre “Pantasma da ópera” de Gaston Leroux, a cargo de la Bohème Théâtre que se desenrolou enteramente en francés. A sinopse da obra sería brevemente a seguinte: Unha serie de estranos sucesos acaecen na Ópera de Paris: un traballador aparece aforcado, unha araña de luces desprendese durante unha representación e empezan a correr rumores que todo é obra dunha fantasma que habita nos misteriosos sotos do edificio. Mentras tanto, a xoven cantante Christine Daaé desaparece sen deixar pega.

O desenrolo da obra foi enteramente en francés con unha posta en escea, efectos especiais e tramoia verdaderamente atractiva para o alumnado de 3º e 4º E.S.O.

 

 - O mércores 6, na Aula de Francés deste centro, un actor amateur véunos representar con moita efusividade, expresividade e simpatía a obra “Zorro” de Johnston McCulley, lectura obligatoria en 3º ESO polo que asistiron os alumnos de 3º e 4º ESO.O noso ” Zorro” máscara na man , fixonos revivir as aventuras deste cabaleiro cabaleiroso, xeneroso,xusticieiro e atlético que escondía ao nobre e romántico Don Diego, e os seus amores coa bella e doce Lolita na soleada California.

Esta actividade foi financiada pola Editorial Vicens-Vives.

 

 - O xoves 7 o alumnado de 2º A e B de ESO, nunha actividade co-financiada e co-organizada polos Departamentos de CCSS e de Francés.

Nas nosas aulas fixemos un folleto en francés, cas partes do museo “premier étage, sous-sol” , as ordes e consellos “montez, sortez,allez, tournez” (imperativos que pertencen moi concretamente  a segundo)“ à gauche, à droite”,e vocabulario do mar (la mer, les poissons, les coquillages, les bateaux,etc…). Isto foi apoiado por explicacións do tema na asignatura de CCSS. Unha colaboración extraordinaria e desexable para cursos vindeiros.

 

Tinteniac+courriels

Proxectos europeos :

UN CAMIÑO A SEGUIR. 

No  curso 2009-2010 o Departamento de Francés pediu no mes de setembro un proxecto Europeo  (BOE xullo 2009) que lle veu preconcedido en xaneiro 2010 e despois de presentar un proyecto con programacion, lle veu concedido en maio como foi anunciado en claustro. A finais de maio-xuño a profesora de francés pasou 15 días en Tinténiac (Bretaña) aprendendo, observando e aportando na medida do posibel.   Tratase dunha viaxe a un centro francés (ou varios, se e posible) para coñecer como se traballa alá para que o resto do profesorado e alumnado se acerque mais a realidade educativa alen dos Pirineos .  Costalles aos profesores franceses comprender que hai gardas de recreo aseguradas por profesores , eles tenen estudantes universitarios que o fan e asi ganan bolsas para pagar os seus estudos. Das faltas ocupanse nunha seccion chamada « vida escolar » onde controlan aos alumnos que faltan, aos que chegan tarde e porque, eque comunican aos pais calquera anormalidade .O profesorado traballa 18 lectivas (poden facer mais pero son reembolsadas), ensinan, preparan as suas aulas, corrixen, ….nada mais (e nada menos).En todos os centros hai unha documentalista que axuda ao alumnado a buscar informacion nos fondos da biblioteca do centro ou en calquera outro . En Francia chamanse CDI (centros de documentacion e informacion) .Os profesores de Educacion Física disponen normalmente dun ximnasio amplo e polideportivo para xogar partidos de diferentes deportes folgadamente. En linguas estranxeiras hai o ultimo en material de punta nas clases.   Estas son unha pocas pinceladas do visto ate de agora. Isto non quere dicer que non haxa problemas e reivindicacións constantes por parte dos sindicatos.De feito foron convocadas varias folgas xa(O profesorado francés é altamente reivindicativo « des têtes de mule » como simpaticamente se denominan a se mesmos. Neste caso coma noutros a última palabra a ten Monsieur le President,(o presidente francés quen ten moitísmas atribucións no seu país e que é coñecido popularmente como Sarko .(curso 2009-2010)

Courriels (correos electrónicos)

Como continuacion deste proxecto europeo, os nosos alumnos de 3º da ESO envian e reciben correos electrónicos dende o mes de setembro, actividade na que seguiremos durante todo o curso 2010-2011.

E satisfactorio comprobar como os alumnos moléstanse en preparar as cartas, correxir erros, buscar que e como expresar as súas ideas, plantexar preguntas, etc .Todo guiado pola profesora de francés quen coordina a actividade. A profesora francesa tamén se mostra satisfeita co « échange ».

Allons au théâtre

                 

 

 

 

Sinopsis:

Clitandre y Henriette son dos jóvenes enamorados que, para casarse, deben contar con la aprobación de la familia de la joven. Su madre y hermana quieren dar su mano a Trissotin, un farsantebajo un disfraz de erudición y sabiduría. Una ingeniosa treta permite desenmascararle y que los enamorados tengan vía libre para su amor.

Fresca y ágil versión de la obra de Molière, en lengua francesa, con algunos pasajes en nuestro idioma, para facilitar su comprensión.

.

Os alumnos de 3º e 4º asistiron  o día 18 de xaneiro á representación de “Les femmes savantes” de Molière. Os alumnos seguiron moi ben o desenrolo da historia porque antes, de despois tiñan toda unha unidade didáctica que traballamos nas aulas e varias escoitas. Sondeado a súa visión das cousas, chamóulles a atención a pedantería levada ás súas últimás consecuencias mesmo na fala porque en lugar de dicer sinxelamente “bonjour” o pedante expresabase da seguinte maneira: ”Bien le bonjour, que la place est heureuse et qu’il est agréable de vous y rencontrer”, iso en cuanto ao temaEn cuanto á posta en escea, quedaron marabillados porque tres actores facían tres papeís á vez e cambiaban con moita rapidez de vestuario. Fixáronse que insistían no “bon français” en falar sempre ben. Os obxectivos de escoita, achega á literatura, inmersión na cultura francófona quedaron plenamente justificados!!!On attend la prochaine!

Confección crêpes

PRIMEIRO B ESO

Enlaces de interese

 

Coa finalidade de axudar na tarefa educativa dos nosos alumnos de Departamento, propoñemos seguidamente unha serie de enderezos Internet para ser consultados cando o alumnado senta a necesidade de completar, consultar ou ampliar calquera coñecemento que lles interese dentro do dominio da Francofonía.

(Non todas serán útiles, depende moito da idade e/os intereses)

 

 

Enlaces de interese

GRAMÁTICA

A máis recomendable sería a seguinte:

- www.educalandia.net despois a dereita elexir “francés” hai campos semánticos interesantes e outras actividades diversas.

http://www.leconjuguer.com/ para conxugar verbos

http://www.capeutservir.com/verbes/ para conxugar verbos

http://www.orthogram.com

http://grammaire.reverso.net

http://www.home.ican.net/-galandor/grammair.htm

http://www2.lamc.utexas.edu/frgr/index.t

http://www.synapse-fr.com/grammaire/GTM_0htm

http://www.synapse-fr.com/tests_jeux_exemples/jeu_de_vocabulaire.htm

http://www.capeutservir.com/verbes/

VOCABULARIO

http://artsci.wustl.edu/-cfwilson/Chapitre2.html

http://www.bonjourdefrance.com/index/indexvocab.htlm

http://lexiquefle.free.fr/vocab.swf

http://usinaquiz.free.fr

http://usinaquiz.free.fr/jeux/relier2/essai.htm

http://usinaquiz.frre.fr/oie/oief.htlm

http://lexiquefle.free.fr/numero.swf

http://cc.oulu.fi/-hweinach/pointfle/pages/vocabulaire.htm#vocville

http://www.quia.com/dir/French

FONÉTICA.SONS

http://www.bbc.co.uk/schools/gcsebitesize/french/

http://phonetique.free.fr

http:// phonetique.free.fr/phonvoy/nasals/nasales1b.htm

 

CURSOS INTERACTIVOS FRANCÉS

http://lamc.utexas.edu/fi/html/toc/01.htlm

http://artsci.wustl.edu/-cfwilson/Ressources.htlm

http://www.formacionsuperior.com/CursoFrances/CursoFrances.htlm de aulafacil.com

http://Clicknlearn.net/frances/inicio.htlm

http://www.mailxmail.com/curso/idiomas/frances/capitulo2.htm

DICIONARIOS

http://www.granddicionnaire.com/btml/fra/r_motclef/index1024_l.asp

http://www.momes.net/dictionnaire/

http://atilf.inalf.fr/dendien/scripts/tlfiv4/showps.exe?p=combi.htm;java=no;

http://globegate.utm.edu/French/globe_mirror/sigle.htlm

http://webs.uvigo.es/sli/virtual/frances.htm

OUTROS RECURSOS/XOGOS

http://ww.bonjourdefrance.com

http://globegate.utm.edu/French/globegate_mirror/famille.htlm

http://jeudeloie.free.fr/intermediaire/prorel/oie.html

http://www.maisondusoleil.free.fr/

http://www.chez-merlin.com

http://www.momes.net/

http://www.didierbravo.com/htlm/jeux/index.htlm

LA PRENSA FRANCESA

http://www.lemonde.fr/

http://www.liberation.com

http://www.monde-diplomatique.fr/

http://www.lefigaro.fr/

http://www.meteo.fr/accueil.htlm

 

RADIO

http://www.radiofrancophones.org/index.php

http://www.nrj.fr

http://www.rfi.fr

http://www.nostalgie.fr

http://wwwradiofrance.fr/

http://www.radiofrance.fr/home-culture.htm

http://www.rfi.fr/ (Radio France International)

MÚSICA

http://www.musiqueclassique.fr

http://www.paroles.net

http://www.georges-brassens.com

http://www.natasha-stpier.com

DEPORTES

http://www.jeunesse.sports.gouv.fr

http://absoluteff.free.fr

http://www.basketfrance.com

http://www.fft.fr/rolandgarros/fr/

 

PORTAL

http://idiomas.deeuropa.net/net

TV

http://www.tv5.org/TV5Site/programmes/accueil_continent.php

http://www.france2.fr/

http://www.france3.fr/

PAIS

http://www.cyberpay.com/

http://www.doctissimo.fr/html/psychologie/psychologie.htm

http://siteenfant.free.fr/

http://www.sufemminin.com__bebe__10html

XOGOS

http://exercices.free.fr/

http://idiomas.deeuropa.net/

http://cyberpuzzles.free.fr

 

 

Outono micolóxico

O Departamento de Francés, o alumnado de francés e a titoría de 1º B, organizaron, un ano máis,  unha exposición micolóxica  con unha variedade de 20 tipos de cogomelos, todos eles catalogados co seu nome.A exposición tivo lugar os días 22,23 e 24 de novembro no hall de entrada do Edificio Administrativo para deleite de toda a comunidade educativa do noso centro. Este espazo é máis propicio para ser visitado polo alumnado de todas as idades e grupos dado a amplitude deste recuncho do centro.Ademais dos cogumelos, a exposición enriqueceuse con fotos feitas este outuno, e debuxos realizados pola titoría de 1º B que se prestou con entusiasmo a esta actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut