Skip to Content


 

Extraescolares

O Courel, 2 e 3 de maio

 

NOVAS FOTOS NA GALERIA 

(premer enriba)

Os nosos alumnos/as de 1º A-B pasaron un día inolvidable no maravilloso Courel.

Mañán máis.

COUREL 2-3 DE MAIO 2019

 

COUREL 2-3 DE MAIO DE 2019

O NOSO ALUMNADO DE 1º ESO A-B DISFRUTA DO COUREL ESTOS DÍAS.

AHÍ VAN XA ALGUNHAS FOTOS...

CYRANO DE BERGERAC

 

  TEATRO EN FRANCÉS

 

O alumnado que cursa francés en 3° e 4° da ESO asistiron a representacion de Cyrano de Bergerac.Comedia heroica de capa e espada do teatro popular francés inspirada na vida de Cyrano de Bergerac e escrita por Edmond de Rostand.

Cyrano e un arquetipo literario: poeta, irónico, orgulloso, noble e fanfarrón ao mesmo tempo. Namorado de Roxane. Él ten moitas cualidades pero o seu físico e complexos fan del unha persoa susceptible. Roxane ama a un soldado da sua mesma compañía, Christian, e vaille acusar con magníficas cartas de amor.

 

 

ENCONTROS CO AUTOR

 

ENCONTROS CO AUTOR

 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiron ao Liceo Recreo Ourensano para escoitar a escritora Iria Misa falar do seu libro "Mamá, quero

ser Ziggy Stardust".

27/02/19

 

 

 

 

VERNE E MOLIÈRE

 

“Veinte mil leguas de viaje submarino"  

 

Es una obra narrada en primera persona por el profesor francés Pierre Aronnax, notable biólogo que es hecho prisionero por

el Capitán Nemo y es conducido por los océanos a bordo del submarino Nautilus, en compañía de su criado Consejo y

el arponero canadiense Ned Land.

O alumnado disfrutou das aventuras imaxinadas por Xulio Verne dentro deste xénero de aventuras, ciencia e adelantamento” do que o autor francés é un  referente.

 

  

O enfermo imaxinario"  de Molière

 

Argán é un home vello e rico e sobre todo moi hipocondriaco! Cre que padece todas as enfermedades e

síndromes.Co obxectivo

de ter permanentemente un médico a súa disposición, decide casar a súa filla Angélique cun licenciado en

medicina, o señor 

Thomas Diaforus,.Pero Angélique ama a Cléante en secreto.  

Os namorados, animados por Toinette, a criada da casa, muller particular que lles axudará a vivir o seu amor. 

Boa posta en escea da compañía La Bohème Théâtre que foi do agrado do noso alumnado pola propia temática da

obra e polos

chiscos de humor dos actores que permetiron entender mellor a obra ao mesmo tempo que pasar realmente unha excelente velada teatral.

 

 

  

 

 

 

XADREZ DO NOSO CPI JOSÉ GARCÍA GARCÍA

 

 

OS NOSOS MESTRES DO XADREZ

 

Os alumnos de 2º ESO foron invitados por Radio Ourense Cadena SER a unha entrevista sobre saúde e deporte. Na mesa redonda participaron o grupo de alumnos que teñen a materia de libre configuración xadrez educativo, o doutor Da Rosa (urólogo de prestixio internacional) e Manu Mínguez

(campeón nacional de Kick Boxing). Foron moderados polo xornalista Pepe González. Ao finalizar o programa explicoulles aos rapaces cómo funcionaba a Cadena SER e cómo se facían os programas.

Acompañados do seu profesor, tamén orientador do noso centro José Luis Diéquez Ruibal pasaron a tarde do martes 7 de febreiro nas instalacións da Radio e foron protagonistas da entrevista. Somos o único centro da cidade que impartimos a materia e un dos tres que existen na provincia.

 

 

(para un vídeo da entrevista, premer)

 

VISITA A SOTAVENTO GALICIA S.A. (LUGO)

 

SOTAVENTO GALICIA 

(premer enriba ou ver adxuntos)

LUGO

   Os departamentos de Tecnoloxía, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía organizamos  unha saída ao Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade, cos alumn@s de 3º e 4º de ESO.


   Alí aprendemos moito sobre aforro enerxético e enerxías renovables, e ata entramos nun aeroxerador (non muíño, que non moe nada!).


   Á volta paramos en Lugo e percorremos a súa muralla romana e visitamos o casco histórico.  Como podedes ver o tempo acompañou e pasamos un día moi entretido e proveitoso.

 

VISITA A NIÑODAGUIA

Os alumnos de 1°ESO visitaron as instalacións do museo de olería da Niñodaguia onde ademáis de tomar contacto coa historia viva que significa un cacharro de barro, recibiron unha clase de etnografía.

 

VISITA A MONFORTE

O martes,31 de maio de 2016,o alumnado de 2º ESO e catro profesores  fixemos una visita cultural a Monforte de Lemos  que foi, en época medieval, un singular exemplo de cidade- fortaleza feudal, ao redor dun mosteiro, cun castelo situado sobre un estratéxico montículo (O Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas. Aos pés do monte, o río Cabe, que daba vida ao asentamento.

Tamén vimos NOSA SEÑORA DÁ ANTIGA (COLEXIO DOS  ESCOLAPIOS),coñecido popularmente como o “Escorial de Galicia”, é un edificio de estilo herreriano dos séculos XVI-XVII, con dúas ás perfectamente simétricas e unha igrexa central cunha xenerosa cúpula rematada en lanterna. A súa construción foi iniciada polo cardeal Rodrigo de Castro en 1593. Actualmente é o Colexio dos Pais Escolapios e alberga unha sobresaliente pinacoteca na que as xoias máis prezadas son as obras do GRECO.

Visitamos o Museo do Ferrocarril de Galicia situado nas antigas instalación do depósito de tracción de vapor de Monforte que recolle mostras de grandes locomotoras e trens de outras épocas.Aiquí atópase tamén a “Nave da Rotonda” con 38 vías radiais e ponte transbordadora xiratoria a onde chegamos nunha inesquecible viaxe en tren.

Por último coñecimos o  Mosteiro de San Salvador (As Bernardas de Ferreira de Pantón)e a  súa igrexa  guiados por una monxa que nos  deu a coñecer a historia e a forma de vida que ela elexiu .Díxonos que a  igrexa foi construída a mediados do S. XII, época en que tivo gran esplendor o Císter  e que conserva no seu interior 2 interesantes sartegos de nobres góticos: D. Diego de Lemos, e o seu fillo D. Lope de Lemos.Alí poidemos degustar  a rica repostería feita polas monxas bernardas (de clausura) que o habitan.

Regresamos a Ourense contentos de coñecer in situ  unha época da historia medieval  que estudamos neste curso e de experimentar unha viaxe, real e no tempo, do que foi o ferrocarril en Monforte como impulso social e económico ao abeiro das grandes locomotoras  .

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE CONTOS

Hoxe, día 30 de maio , os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de E. Primaria visitaron á exposición de contos, no museo municipal.

Pazo das Fabas será o nome imaxinario que reciba o edificio do Museo Municipal durante as sesións lúdico - didácticas da presente campaña de Animación á Lectura do Concello de Ourense.
Catro personaxes (actores) recibirán aos pequenos visitantes para guialos ao longo dunha aventura no interior do Pazo: Dente, Quino, Lavanda e Néboa.
Personaxes que mesturan realidade e ficción e cos que aprenderán xogando, creando e observando no Ministerio dos Legumes e no Ministerio das Nubes.

Os espazos.

  •  O Ministerio dos Legumes sitúase na planta baixa e contén unha excéntrica mestura de cociña, horta e biblioteca. As nenas e nenos,xogarán clasificando e recoñecendo os diferentes legumes, creando receitas disparatadas, lendo e escoitando contos e mesmo axudarán a crear unhas máxicas nubes.
  • O Ministerio das Nubes sitúase na planta alta. É un mundo máxico situado entre cirros, cúmulos e estratos e cun espazo central que ten como protagonista á Gran Faba, unha planta leguminosa xigante que brotou grazas á maxia. Os pequenos aprenderán a importancia das nubes e da auga no proceso de crecemento dos legumes, así como os valores da Natureza.

 

Pasarono xenial , mirade as fotos, son espectaculares.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut