Skip to Content


 

Extraescolares

CARREIRA SAN MARTIÑO

Coma tódolos anos, o CPI participa na XXXV Carreira Pedestre do San Martiño que se celebrará en Ourense o vindeiro Domingo 6 de Novembro.

Se te queres apuntar, só tes que falar coa túa profesora de Educación Física.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Xa están en marcha as seguintes actividades extraescolares organizadas pola ANPA do CPI José García:

Balonmán: Primaria, Martes e Xoves.

Voleibol:Primaria, Martes e Xoves

Psicomotricidade: Infantil e primeiro ciclo de primaria. Martes e Xoves

Patinaxe: Primaria. Martes.

Baile: Primaria. Xoves.

A maiores, hai oferta de actividades deportivas fóra do centro:

Bádminton: Martes e Venres ás 18:00 no Polideportivo do IES As Lagoas. Primaria e ESO. CLUB ATHLOS

Rugby: Martes e Xoves ás 19:00 no campo da Universidade. ESO. RUGBY CLUB OURENSE

Natación: Luns, Mércores e Venres ás 17:15 na piscina da Universidade. Primaria e ESO

Emprendedores de Mende

O alumnado do Obradoiro de iniciativas emprendedoras de Mende participou na Alameda no mercadillo organizado polo Concello de Ourense para os Centros adscritos ao programa.

O stand do noso CPI foi un rotundo éxito, posto que, a parte da positiva experiencia do alumnado, acadouse un pleno de ventas dos productos ofertados.

    

O alumnado de Mende viaxa en tren

CAMPIÓNS PROVINCIAIS

O equipo alevín de Voleibol do CPI José García García quedou clasificado na primeira posición no Campionato Provincial.

Noraboa a todos

Horta educativa interxeneracional

"MOVIÉNDONOS POR EL RÍO"

Hoxe mércores 27 de Abril, o alumnado de 6º de primaria tivo unha actividade de sensibilización da conservación dos ríos, que consistiu nunha charla e unha saída ao río Lonia na que fixeron prácticas de análise de augas, de identificación de flora e fauna e de detección de puntos negros na conservación do medio ambiente.

Todo esto se fixo gracias á colaboración da Cruz Vermella, ao Ministerio de Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.

A experiencia foi moi interesante para o alumnado.

Excursión 4º eso á Costa Brava

O alumnado de 4º de ESO está de excursión de fin de curso na Costa Brava, con visita a Port Aventura, Barcelona e saída en barco ao Parque Natural das Islas Medes.

A actividade se desenvolve entre o domingo 10 e o venres 15 de abril.

Xa están de volta despois dunha semana chea de actividade. Se prevé a súa chegada ao CPI ás 23:45 horas, lembramos ás familias que deben estar presentes para recoller ao alumnado.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS MES DE ABRIL

Distribuir contido


by Dr. Radut