Skip to Content


 

Extraescolares

XOVES DE COMADRES

O alumnado de primaria pasou un día soleado na Praza Maior de Ourense para celebrar o Xoves de Comadres:

               

Hai máis imaxes na galería

Concurso ONCE Primaria

ACTIVIDADES MES DE MARZO

VISITA AO EASD ANTÓN FAILDE E Á EXPOSICIÓN DE GRAVADO NCG

O noso alumnado de 4º ESO visitou a Escola de Arte Antón Failde onde se informaron dalgunhas máis das posibilidades de saídas profesionais, cun atractivo engadido polo ambiente que se respira nas instalacións e os coñecementos que se imparten.

Como segunda parte da saída a outros lugares de interese da cidae, visitamos a Bienal de gravado que convoca Nova Caixa Galicia, co premio internacional Julio Prieto Nespereira. Alí podemos apreciar, tamén guiados por un especialista, obras da arte máis actual e con procedencia por todo o mundo. Serviu este enclave para presentar os outros lugares de divulgación cultural na cidade como son o Centro Cultural da Deputación ou o Museo Municipal, que non poidemos visitar e quedan para unha videira ocasión.

           

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O pasado  10 de Febreiro, o alumnado de 3º de ESO asistiu ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para disfrutar do concerto da Banda de Santiago, e visitaron o CGAC.

A Banda puxo en concerto B.S.O. como A máscara do Zorro de James Horner, Bailando con lobos do recén falecido, John Barry, Jurassic park de John Williams, Piratas do Caribe de Klaus Badelt ou a antiga O que o vento levou de Max Steiner. Esta música estivo acompañada das imaxes máis representativas das películas. Tralo concerto visitamos o CGAC onde o alumnado contemplou a exposición Transtempo de Cristina García Rodero onde se recollen máis de cen fotografías sobre as festas populares, o folclore, as celebración relixiosas e paganas de Galicia dende 1974 ata hoxe.

            

Coñece a Astronomía

O alumnado de 1º de ESO ven de realizar unha actividade na Aula da Natureza titulada Coñece a Astronomía que se trata precisamente dun acercamento ao estudo dos astros e aos seus instrumentos.

                             Acccede á WEB da Asociación Astonómica de Ourense

O CPI PROMOCIONA A INICIATIVA EMPRESARIAL NO ALUMNADO

 

 

O CPI PROMOCIONA A INICIATIVA EMPRESARIAL NO ALUMNADO

 

A profesora Mª Anxeles López Cortiñas, responsable do proxecto "Emprender na miña escola", foi recibida polo Conselleiro de

Economía e Facenda na presentación da Cooperativa coa que o alumnado do Centro fai as prácticas como empresario.

 

                                                                           

DEGUSTACION DE ALMORZOS SAUDABLES

Obradoiro de Alfarería e pintura

 

 

Alfareiría e pintura

na Aula de Plástica
do CPI José García, Mende, Ourense,

O luns 7 de febreiro ás 10:00 h os alumnos e
alumnas de 1º ESO do CPI José García García de Mende, asistiron
a un obradoriro de creación artística a cargo de Agustín Vazquez, e
Xosé Poldras.

Agustín o reputado alfareiro de
Niñodaguia, coñecido pola súa labor de divulgación da alfareiría
tradicional, e pola súa propia linguaxe plástica que desenvolve co
gres e outros barros; Poldras, artista plástico do que destaca a súa
faceta de gravador, con exposicións e obra en España e Europa.

Agustín Vazquez xa ven facendo visitas
a este centro escolar e outros, para que o alumnado poda apreciar o
proceso de realización da cerámica, e tome contacto co barro como
elemento primario e natural. Aportando un coñecemento valiosísimo
no desenvolvemento como persoas que apreciarán na súa medida, o
traballo artesanal e o contacto coa terra.

Desta vez complétase a proposta,
Poldras e Agustín traballaron diante dos rapaces elaborando pezas
rematadas que posteriormente serán o corpus dunha próxima
exposición. O alumnado asistiu tanto ao proceso de realización
coma ao debate creativo entre dous autores que fan unha obra,
apreciando o traballo en equipo e o enriquecemento mútuo, cando se
respectan e complementan as propostas. Creación e complementariedade
entre diferentes personalidades, valores moi importantes de potenciar
nos nosos adultos do futuro.

EN XANEIRO FORON AO TEATRO

Distribuir contido


by Dr. Radut