Skip to Content


 

Extraescolares

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O MES DE XUÑO 2016

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O MES DE MARZO

AULA DA NATUREZA

O pasado xoves oito de febreiro o alumnado de 2º da ESO do CPI Jose García García acudiu á Aula da natureza do Miño. Alí forono recibidos por un especialista en castaños que transmitiu nunha interesante charla a importancia desta árbore en Galicia, as súas características biolóxicas, os seus requerimentos e os seus usos e aplicacións.
Ademáis, para rematar, cada alumno tivo a oportunidade de iniciarse na tradicional arte da cestería facendo con cañas e mimbres un pequenos peixes decorativos.
O fin da visita foi moi doce, agasaiáronnos cunha delicatessen autóctona, unha sabrosa castaña glaseada e tamén cunha pequena árbore para que cada rapaz poida plantala contribuíndo así a mellora-lo seu entorno natural.

EXCURSIÓN AO MUSEO DE ALFARERÍA DE NIÑODAGUIA

 

Os alumnos de 1º de ESO visitaron o Museo de alfareiría de Niñodaguia e a obradoiro de Agustín Vázquez Ferreiro onde puideron ver as diferentes posibilidades da cerámica, coñeceron o percorrido histórico desta disciplina, e valoraron o traballo artesanal e relacionado co tratamentoque lle dá ao volume o currrículum.

O alumnado de 4º ESO fixo unha visita pola cidade de Ourense, percorrendo as salas de exposición principais, para promocionar a cultura visual e o seu disfrute da arte: Centro Cultural Marcos Valcárcel, Museo Municipal e Sala de exposicón de NovagaliciaB. Como colofón visitaron a Escola de Artes Antón Failde onde coñeceron os procesos de rezalización e planificación do produto artístico.

  

ENCONTRO CO AUTOR. RAMÓN CARIDE

O 1 de febrero o alumnado de 6º de E. Primaria asistiu, no Colexio Salesianos, a una charla co escritor Ramón Caride. Previamente leran o seu libro “Exogamia 3.0” libro de relatos ondetenta, e consigue,  aunar ciencia e literatura. Seguidamente expuxeron algunas cuestión sobre o seu libro e a súa obra e por último asinoulles o libro a cada un.

  

A SEMANA DO MEL

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu o día 29 de xaneiro á Aula da Natureza para realizar una actividademoi golosa: A semana do mel.

Consistiununha charla levada por un apicultor ondeexplicou a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición.

Por último elaboraron una candea con cera virxe e degustaron un pouco mel.

   

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O MES DE XANEIRO

Aquí tedes o programa provisional de actividades extraescolares e complementarias do mes de Xaneiro

ACTIVIDADES

EDUCACIÓN FÍSICA EN VALORES

Este luns tivemos no centro unha actividade organizada polo Concello de Ourense sobre a Educación en Valores para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.

A actividade estivo centrada nos beneficios da actividade física no organismo, así como a súa potencialidade como medio de relación social, de respeto ás normas e aos compañeiros.

   

ESCUELAS VIAJERAS

O alumnado de Mende está disfrutando durante esta semana dunha viaxe cultural, compartida con outros centros de toda España, por terras do Pais Vasco. Durante esta viaxe acumularán experiencias e coñecementos das costumes, tradicións e  institucións desta Comunidade.

Ao longo da semana iremos poñendo fotos e información desta viaxe.

      

Facendo os deberes                                                                                        De Portugalete a Bilbo, no Euskakerria                                                          ¿Qué famoso museo teñen detrás?

  

    

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Os MARTES e XOVES entre as 15:00 e as 16:00 horas, o alumnado de infantil e primaria terá as seguintes actividades extraescolares:

 

Falar Inglés xogando        Xoves   8€/mes

Psicomotricidade               Martes    8€/mes

Baile Moderno                  Martes   8€/mes

Iniciación á cociña             Xoves   8€/mes

Voleibol                         Martes e Xoves   gratis

Balonmán                      Martes e Xoves  gratis

 

Para apuntarse hai que cubrir o formulario que se repartiu ao alumnado durante esta semana

Distribuir contido


by Dr. Radut