Skip to Content


 

Extraescolares

XINCANA MEDIOAMBIENTAL

O alumnado de Mende participou nunha xincana medioambiental organizada polo Concello de Ourense nas instalacións do Parque de Montealegre.

SLEEPY HOLLOW

Os alumnos de 4ºA e 4ºB asistiron a unha representación teatral en inglés no Teatro Principal, en Ourense. SLEEPY HOLLOW foi todo un éxito. Os actores, a posta en escena e a música crearon un ambiente de misterio moi adecuado para a lenda do xinete sen cabeza. Todos o pasaron moi ben practicando inglés.

   

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O día 19 de Abril, os alumnos de 3º da ESO, asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela dentro das actividades do Departamento de Música. Nel interpretáronse as seguintes obras: Concerto para clarinete nº 2, op. 74 de C. M. Weber e o Concertino nº 7, op. 45 para trombón e orquesta de corda de L. E. Larsson.

Por parte do departamento de Plástica, visitamos unha exposición guiada no Centro Galego de Arte Contemporánea constituída pola colección de Helga de Alvear, onde poidemos ver obra de  Morris Louis, Ad Reinhardt, Robert Motherwell, Manuel Rivera, Pablo Palazuelo..., representantes do modernismo clásico; e de Joseph Kosuth, Ed Ruscha, Gordon Matta-Clark, Equipo Crónica… representantes das neovangardas.

   

 

ALLONS AU THÉÂTRE!

O alumnado de francés asistiu á súa segunda obra de teatro este curso. Nesta ocasión tocoulle o turno ao "Cyrano de Bergerac" de Rostand. Unha obra situada no seculo XIX que conta os amores de Roxanne e o seu namorado Christian, levados pola poesia de Cyrano, namorado á súa vez da dona pero demasiado condicionado por un desmesurado nariz pra declararlle o seu amor.

      

XOVES DE COMPADRES

O alumnado do CPI participou no xoves de compadres organizado polo Concello de Ourense.

                      FOTOS

 

 

 

O CENTRO DE TRANSFUSIÓNS DE GALICIA EN MENDE

O alumnado de Mende recibiu unha charla dunha representante do Centro de Transfusións de Galicia na que se lles informou dos procedementos e da importancia da doazón na medicina actual. Podedes ver a nota de prensa no seguinte enlace:

NOTA DE PRENSA

FESTIVAL DO ENTROIDO

O vindeiro Venres 17 de Febreiro celebramos o tradicional Festival do Entroido de Mende, no que, coma sempre, faremos un desfile e un concurso de disfraces. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.

PERCORRIDO CULTURAL POR OURENSE

O alumnado do CPI José García de Mende, de 4º de ESO, co departamento de Plástica, visitou o 18 de xaneiro, a escola de Arte Antón Failde, o Museo Municipal de Ourense e o Centro Cultural da Deputación , para poder ver de primeira man, algúns dos lugares emblemáticoas da cidade onde se fai e se disfruta das artes plásticas.

Na foto guíanos Diana, no Museo Municipal, e acompáñanos para falar da súa arte Leandro, autor da exposición que visitamos.

EXCURSIÓN CULTURAL A NIÑODAGUIA

O alumnado do CPI José García de Mende, co departamento de Plástica, visitou o 11 de xaneiro, Niñodaguia, para facer unha visita aos fornos comunais da aldea, onde se cocían as vasixas, e ao museo que recolle como se traballaba o barro desde a súa estracción na barreira, ata a elaboración definitiva de cada cacharro. Coñeceron a exclusividade do barro amarelo da zona, e as formas particulares das pezas que se fan alí. Para rematar visitamos o taller en activo de Agustín, alfareiro que traballa tanto pezas orixinais da súa man, coma as tradicionais de todas as mans de Niñodaguia.

ALMORZOS SAUDABLES

O mércores 30 de Novembro, no comedor do CPI, o alumnado de 3º de Primaria particiará nun obradoiro organizado polo Concello de Ourense, no que aprenderán a realizar un almorzo saudable. Así mesmo,  coñecerán os seus beneficios e os perigos de non almorzar. 

Distribuir contido


by Dr. Radut