Skip to Content


 

Extraescolares

AOS REIS MAGOS NON LLES GUSTAN OS CARAMELOS DE MENTA

A Covid 19, coma outras pandemias ou males sociais, tamén trouxo cousas boas, e unha, relacionada coa educación, foi o pulo que acadaron as tecnoloxías, froito disto chega hoxe esta obra de teatro, nun formato ben distinto ao de costume, nun principio só pensada para emitir en formato audio no espazo Radio Mende, onde xa foi publicada como a 6ª emisión, e escoitada na última semana do trimestre nas aulas. 

Porén este traballo por parte dun grupo do alumnado e as súas familias, das que partiu a iniciativa como aporte coas actividades de Nadal, nas que sempre colaboraron, ben con contacontos ou participando no festival, merecía un recoñecemento especial, dado que dende a elección da obra ata a lectura dramatizada por videoconferencia e posterior montaxe foi creada por: Xoel Losada Álvarez e Valeria López Fernandez de 3º de Primaria, Mario Rodríguez Valencia de 5º de Primaria e Breogán Losada Álvarez de 6º de Primaria, xunto coas súas familias.

MOITAS GRAZAS POR ESTA INICIATIVA E COLABORACIÓN. PARABÉNS!!

Así que a gozar desta obra esta noite, para estar ben preparados agardando os Reis.

E traian o que traian, que sexa para ser un chisquiño máis felices.

QUE SE CUMPRAN TODOS OS DESEXOS E PODER GOZALOS CON SAÚDE!!

 

AOS REIS MAGOS NON LLES GUSTAN OS CARAMELOS DE MENTA - Kizoa Movie Maker

VIAXE FIN DE CURSO DOS NOSOS PRÓXIMOS GRADUADOS 4º ESO

 

VIAXE A ASTURIAS DE 4º ESO

O alumnado de 4º ESO despídídese en breve do seu paso polo CPI José García. Agora están de viaxe a Asturias.

FOTOS CORRELINGUA 2019

 

 

CORRELINGUA 2019

Gañadores do 2º premio nunha parcarta, o alumnado do CPI disfrutou da festa das Letras Galegas.

 

VISITA A ALPACAS AS BOLBORETAS

ALPACAS AS BOLBORETAS

O alumnado das nosas dúas aulas específicas xunto con profesorado do departamento de Orientación fixeron unha saída para visitar a Granxa Alpacas As Bolboretas.

Coñeceron os produtos elaborados coas fibras das alpacas de maneira artesasá.

 

MUSEO ARQUEOLÓXICO DE OURENSE

MUSEO ARQUEOLÓXICO DE OURENSE

 

 O día 2 de maio o alumnado de Cultura Clásica visitou o Museo Arqueolóxico de Ourense, onde poidemos disfrutar da nosa historia, nomeadamente o tempo que rodeou a estadía do imperio romano nestas latitudes. 

 

CORRELINGUA 2019, 15 DE MAIO

 

Correlingua 2019 

Alumnado e profesorado participarán no Correlingua. Farán a pé o camiño o voltarán tralos actos. 

 

Lugar: auditorio municipal

1ª QUENDA (participantes de secundaria):

9.45 h: Recepción no Auditorio

Actuacións e actividades: presentación Anxo Manoel, lectura manifesto 2019, proxección vídeos gañadores, actuacións alumnado, actuación Cantalingua: Cuarta Xusta

11.40 h: andaina cara á Praza Maior. Itinerario: saída do Auditorio, rúas da Canle, Emilia Pardo Bazán, San Francisco, praza do Correxedor, praza dos Suaves, rúa dos Fornos, rúa Viriato, praza do Ferro, rúas Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e chegada á Praza Maior

12.30-13.30 h: concurso de pancartas na Praza Maior e actividades organizadas polo TAFAD do CIFP A Farixa de Ourense

2ª QUENDA (participantes de infantil e primaria):

10.15-11.30 h: recepción na Praza Maior, concurso de pancartas e actividades organizadas polo TAFAD do CIFP A Farixa de Ourense

11.30 h: andaina cara o Auditorio Municipal. Itinerario: saída da Praza Maior, rúas Lamas Carvajal, do Paseo, Cardenal Quiroga, Santo Domingo, praza do Ferro, rúas Fornos, da Lúa, Emilia Pardo Bazán e chegada ao Auditorio

12.00 h:recepción no Auditorio

Actuacións e actividades:  presentación Anxo Manoel, lectura manifesto 2019, proxección vídeos gañadores, actuacións alumnado, actuación Cantalingua: Cuarta Xusta.

 

 

MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA....

MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA (premer no título)

Celebrando o día da nai, o alumnado participou no taller realizado polo Departamento de Galego.

Sobre pequenas lousas de pizarra adicaron as nais bonitas verbas.

 

 

ROTEIRO CICLOTURISTA 4º ESO

Roteiro cicloturista 4º ESO

Os Departamentos de Educación Física e de Bioloxía e Xeoloxía organizaron esta saída en bici desde o colexio ata Outariz, con parada didáctica no Tinteiro e baño nas pozas de Outariz incluído. A mañá resultou moi entretenida e proveitosa.

VISITA AO CONXUNTO ARQUEOLÓXICO SAN TOMÉ

VISITA AO CONXUNTO ARQUEOLÓXICO SAN TOMÉ 


 

O Departamento de Educación Física, coa colaboración de Bioloxía  e Xeoloxía e o alumnado de 3º A-B, organizou unha visita a pé subindo pola antiga calzada romana desde a teaeira do colexio ao castro de San Tomé. Alí recibiron sendas charlas sobre o seu valor ambiental e patrimonial e a continuación voltaron ao colexio rodeando por Castadón. Deste xeito puxeron en valor o pequeno tesouro que temos ás nosas costas.

 

 

ÚLTIMO DÍA NO COUREL

 

E VOLTARON CONTENTOS

(premer enriba para máis fotos)

Hoxe 3 de maio terminouse unha bonita aventura no Courel.

O Comité Executivo da UNESCO recoñeceu o pasado xoves 11 de abril, o proxecto Montañas do Courel como o primeiro Xeoparque Mundial de Galicia.

Ata a data contaban con este recoñecemento 140 espazos de todo o mundo, 12 en España, 16 na Península Ibérica.
O alumnado d e 1º da ESO a-B do noso CPI Plurilingüe José García García xunto con catro profesores do centro disfrutaron cun tempo estupendo a beleza destas terras.

Unha mostra do último día...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut