Skip to Content


 

Extraescolares

RESUMO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS NA SEMANA DO 27 AO 31 DE MARZO DE 2023

Nesta última semana de trimestre o alumnado do centro estivo a realizar varias actividades relacionadas, coa liña temática do Centro "Explorar e coñecer a contorna" empregando os equipos, cos que o centro foi dotado dende o programa Polos Creativos; actuación de baile moderno (a cargo da profesora de baile nas actividades extraescolares de martes e xoves); excursión a Coruña, organizada dende o Departamento de Plástica e Arts para visitar tres exposicións (Imaxinaria, Proxecto Polaroid e Meissel); Charlas sobre Nutrición (ofertadas dende o Centro de Saúde en colaboración co Concello para alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria), Charlas (organizadas dende o Departamento de Orientación) sobre Hablidades Sociais con Félix  e Talleres sobre Educación Afectivo Sexual con persoal da Cruz Vermella, para 6º E. Primaria e a ESO.

GRAZAS A TODOS POLA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN.

BOAS VACACIÓNS!! VOLVEMOS O MARTES, DÍA 11 DE ABRIL.

RESUMO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS SEMANA 27-31 MARZO de Entre estrellas que iluminan

ENCONTROS CO AUTOR NO LICEO

Encontros co autor de Entre estrellas que iluminan

ACTUACIÓN GRUPO DE BAILE MODERNO- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA NO CENTRO

Actuación Grupo de Baile moderno de Entre estrellas que iluminan

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MARTES E XOVES

ÚLTIMAS SAÍDAS DO ALUMNADO DE E. PRIMARIA NO CURSO 2021-2022

O alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria visitou a aldea de Lodoselo o pasado 15 de xuño, como remate de curso, onde aprenderon a facer pan, papel reciclado, alimentaron os animais, plantaron unha árbore nos cartóns de leite que decoraron na aula, para logo plantar no monte e coidar, logo deron un paseo en burro pola aldea e remataron cun tempode lecer no parque. Foi un gran día de aprendizaxes e lecer que queda reflectido no seguinte vídeo:

Alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria foron de excursión á aldea de lodoselo 15-xuño-2022 de Entre estrellas que iluminan

E por último o alumnado de 5º de E. Primaria decidiu rematar o curso cunha viaxe no tempo pola vila de Ribadavia, onde visitaron o castelo, o barrio xudeo e o museo, rematando con merenda e tempo de lecer na Alameda. Foi un gran día de novos coñecementos e tempo de diversión. A continuación o correspondente resumo:

SAÍDA A RIBADAVIA de Entre estrellas que iluminan

SAÍDAS DIDÁCTICAS

Hoxe foi un día de actividades fóra do Centro para o alumnado de 6º de E. Primaria, 1º e 2º da ESO.

Mentres os de 1º da ESO visitaron o Castro de San Cibrán de Las para aprender sobre a cultura castrexa dende o seu museo e a través do Obradoiro "Nun chisco un misto", no que aprenderon a facer lume coma na Prehistoria.

A continuación unha mostra:

VISITA AO CASTRO DE SAN CIBRÁN DE LAS POLO ALUMNADO DE 1º DA ESO de Entre estrellas que iluminan

O alumnado de 6º de E.Primaria e 2º da ESO participaron na actividade, ofertada polo Concello dende o seu Programa Educativo, Bautismo Naútico en Castrelo de Miño coa fin de  fomentar actividades lúdico-didácticas na natureza, ao aire libre, aproveitando os recursos da nosa provincia, así como inculcar o respecto aos demais, o traballo en equipo, valorar o noso patrimonio etnográfico, cultural e natural e a necesidade de conservar o medio ambiente.

A continuación unha mostra desta actividade:

 

BAUTISMO NAÚTICO EN CASTRELO DE MIÑO PARA ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA E 2º DA ESO de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE E PRIMAVERA: RUTA POLO RÍO LOÑA

O xoves día 24 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria, e o venres 25 o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria do Centro celebrou o comezo da Primavera e Día da Árbore cunha saída pola beira do Río Loña ata o Campus Universitario, onde merendaron e logo coa aplicación Lens das súas tabletas de aula identificaron algunhas das árbores e arbustos da zona, para logo facer a ficha e debuxo ilustrativo para posterior edición dun libro que deixarán na Biblioteca na sección "As nosas creacións".

A continuación, coma sempre, a correspondente reportaxe, realizada polo Equipo Tic do Centro:

RUTA RÍO LOÑA de Entre estrellas que iluminan

TALLER DE APICULTURA CON APÍPOLIS

O pasado luns, día 14 de marzo, o alumnado de E. Primaria, distribuídos en dous grupos, un de 1º a 3º e outro de 4º a 6º, e en dúas sesións, os primeiros de 9:00 a 11:00 e os segundos de 11:30 a 13:20; realizaron un taller de apicultura ofertado polo Centro e impartido por Nico do Centro Apípolis.

Apípolis é un Centro para a Comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamientos para a Educación Ambiental. Apípolis pretende facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que os visitantes poidan vincular as súas vivencias cotidianas a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.

A continuación coma sempre un resumo desta actividade:

TALLER DE APICULTURA CON APÍPOLIS de Entre estrellas que iluminan

CONTACONTOS E MÚSICA

A semana pasada foi unha semana de moita actividade no Centro, para o noso alumnado máis novo (E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria), o luns día 7 tiveron unha sesión de contacontos a cargo da compañía Trinke Trinke coa obra "O ratiño presumido", dentro da oferta de actividades do Concello.

E o venres día 11, un conto musicado "A voar" da Orquestra Cé Pantasma, a pesares da choiva gozarono moito no patio cuberto, bailando e cantando.

A continuación un pequeno resumo destas actividades:

O RATIÑO PRESUMIDO de Entre estrellas que iluminan

A VOAR-ORQUESTRA CÉ PANTASMA de Entre estrellas que iluminan

SAÍDA Á AULA DA NATUREZA DO CONCELLO

Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria realizou unha saída á Aula da Natureza do Río Miño do Concello, a unha actividade de aprendizaxe sobre a elaboración de compostaxe, que se solicitou como remate da unidade 3 de Ciencias Naturais sobre as plantas. Así da man de Ignacio A. Nanín e coa organización de Luis Herminio, o alumnado aprendeu como se aproveitan todos os restos, de limpeza e poda das árbores e xardíns dos parques da cidade, para a elaboración de compost e como se realiza este proceso na planta. No remate ademais de agasallarnos cun saco de abono para a nosa horta do cole tamén nos contou como fabricar un composteiro de xeito sinxelo.

Produción de compostaxe de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut