Skip to Content


 

Extraescolares

AQUOLOXÍA

Os nosos alumnos/as de 3º e 4º visitaron a ETAP o dóa 11 de abril como actividade complementaria á charla que tiveron no colexio sobre aquoloxía.

A actividade céntrase na visita guiada á Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) na cidade de Ourense, onde se lles dará aos escolares unha explicación previa, a través dun soporte didáctico, do proceso que van ver: a Potabilización.

 Despois os operarios da planta porán a funcionar un filtro para que os escolares vexan en directo a limpeza desta, ademáis de estaren sempre dispoñibles para resolver as dúbidas que puidesen xurdir.

As fotos son o fiel reflexo do ben que o pasaron.

 

A GUERRA DE TROYA

O alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO, asistiu á representación da obra teatral "Guerra de Troya", dentro do programa da asignatura de Lengua Española.

 

OUFF

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria asistiu á proxección da película MAIMIÑO. Film de animación infantil galego-cubano, dentro do programa do OUFF

MUSICAL

Os nosos alumnos de 3° ESO visitaron o musical do quinteto de metal Hércules. Organizado polo Concello

ENERXÍAS RENOVABLES

O alumnado de 2º ESO asistiu a actividade de enerxías renovables na alameda. Ademais de aprender moito pasarono moi ben

O alumnado de 4º ESO da materia de plástica visitou a exposición ARTE E CIENCIA no Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

Nesta exposición, promovida pola Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, prima a compoñente didáctica e divulgativa.

 

A Institución Galega de Ciencia é unha asociación que ten entre os seus fins concienciar sobre a importancia da I+D+i no desenvolvemento de Galicia; achegar á sociedade a investigación; promover o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicas, e tamén participar en actividades divulgativas que transcurran no eido científico.

 

O aspecto é a presentación animada e un conxunto de paneis que mostran, paso a paso, o método compositivo do artista Juan Gris. Na mostra preséntanse múltiples aspectos xeométricos que rexen a construción das obras de arte, pero tamén se fai explícita a influenza de diversas investigacións científicas como o contraste de cores ou a análise de símbolos en galego.

O noso cole na Televisión

 

 

 

 

GRAVACIÓN DUN PROGRAMA PARA TELEMIÑO

Os alumnos/as de 4º de Primaria van a participar nun programa televisio en Telemiño que se emitirá o vindeiro día 29 de abril a partires das 19: 50 nesta canle. Ademáis adxuntamos fotos da gravación que tivo lugar no colexio o pasado xoves día 9 de abril.

Non o esquezades!

 

VISITA Á HORTA INTERXENERACIONAL

Esta mañá, os nenos de 1º e 2º de EP, puidemos disfrutar dunha visita ao horto interxeneracional, alí disfrutamos  ao aire libre con diferentes actividades, dende ulir herbas aromáticas, recoñecer e coñecer novas legumes,  ata plantar a nosa propia planta.

   

ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE

O día 24 de febreiro os alumnos/as de 2º , 3º e 4º de E. Primaria disfrutaron dunha actividade no colexio : actividade física e saúde.

Este programa consiste na aproximación da actividade física e a saúde ao alumnado ourensán. O obxectivo é facilitarlles aos escolares valores educativos-deportivos e animalos a practicar algún deporte


OBXECTIVOS XERAIS


• Promover a actividade física e a alimentación equilibrada.
• Educar aos nenos e nenas en formas saudables de ocupar o tempo de lecer.
• Tranmitir e pontenciar a educación en valores.
• Mellorar nos escolares relacións sociais e a integración escolar

 

Distribuir contido


by Dr. Radut